Os
resultados das pasadas eleccións ao Parlamento Galego foron case idénticos aos
resultados de fai 20 anos, a extrema dereita ganha ante a dereita antiobreira
do PSOE e a nova burguesía populista nacionalista. Esta vitoria do PP, e
consecuencia da inxusta Lei Electoral, compadreo da prensa, medios audivisuais e formadores do pensamento.
A
cidadanía non perdoa as xuntanzas antinatura PSOE+BNG ou PSOE+ PP polo tanto a
política antiobreira do PSOE e BNG quedan relegadas a segundo plano. O que
pasará ninguén o sabe, o BNG e o partido que peor o ten xa que queda sen espazo
político, non pode ocupar o espazo do PSOE, e tampouco pode ocupar o de Beiras, súa alternativa pasa pola
xuntanza con Beiras e de paso aniquilar a Esquerda Unida que xa ten a fosa
aberta e pronto asistiremos a seu enterro.A cidadanía Galega sigue tendo medo, sobre todo no rural e o caciquismo, convertido en redes clientelares é a orde do día en tódolos concellos, o exemplo o temos en Ourense un presidente corrupto é aplaudido pola rede clientelar, una vergonha.
O
PSOE quedou desnortado e non sabe diferenciar o note magnético do norte
verdadeiro, ou o norte de agulla. O exemplo que pomos e do BRIBÓN que tamén ve brotes verdes,…. olla unha Espanha chea de choróns, todo son penas e
tería que engadir: que esta chea de
ladróns como o xenro…..etc, todo un esperpento, a deriva.
¿Quen
atenderá as inquietudes sociais que non cree en partidos políticos que son
aproximadamente un 30%?¿Existe política alternativa diferente a marcada polo Parlamento Europeo?
¿Canta
culpa tenhen os medios audivisuais, prensa radio da vitoria da Barbarie?
¿Cómo
van parar o aumento do emprego mergullado?
¿Cómo
se paraliza o aumento do paro en persoas de mais de 45 anos?
¿Qué
controla os mercados?
¿Cómo
será o modelo territorial? Dez anos falando do mesmo e todo sen solución.
O
único partido de esquerdas que se presentou nas pasadas elección foi no país
Vasco (EH-BILDU) e foron os únicos en defender una política diferenciada dos
demais e dixeron estar en contra do AVE,....etc, en Galicia ninguén se opuxo ao
AVE nin a eliminación de dous aeroportos que dan perdas como o de Redondela
(Vigo) e o de Corunha (Alvedro ).
Estes
resultados demostran que: ¿A Cidadanía galega é inculta política?.
DAORDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario