4 de noviembre de 2026

EXPOSICIÓN heART OF GAZA - PALESTINE CINEMA DAYS

 


 

 A exposición heART of Gaza e os Palestine Cinema Days chegan ao Espazo Isaura Gómez de Tomiño con cinema e debuxos de nenas e nenos de Gaza Baixo Miño, 2 de novembro de 2026


O Concello de Tomiño acollerá dende hoxe, 2 de novembro, eata o 20 deste mes a exposición itinerante heART of Gaza, unha mostra internacional que reúne preto de medio cento de debuxos realizados por nenas e nenos de entre 3 e 17 anos que viven na Franxa de Gaza, creados durante os últimos anos do xenocidio.

 A exposición poderá visitarse no Espazo Isaura Gómez, con entrada libre, no seu horario habitual. Dende o colectivo Baixo Miño con Palestin convidamos a veciñanza a achegarse á mostra e a coñecer, a través da mirada das crianzas, unha realidade que apela á conciencia colectiva e á solidariedade internacional.


HeART of Gaza naceu en xuño de 2024 por iniciativa de Mohammed Timraz e Féile Butler, co obxectivo de ofrecer unha plataforma de expresión artística aos menores que viven unha das realidades máis duras do mundo actual. A iniciativa impulsa obradoiros artísticos nos que as nenas e os nenos gazatís poden expresar emocións, medos e esperanzas, á vez que comparten espazos de convivencia e xogo. Deste proxecto xurdiu en Deir al Balah a chamada Artists’ Tent,un espazo creativo seguro onde se desenvolven actividades artísticas lideradas por mulleres e abertas á diversidade, coa participación tamén de persoas da comunidade xorda. O resultado son obras directas, conmovedoras e cargadas de simbolismo, que transmiten sen filtros a realidade e os sentimentos das crianzas que participan.


Primeira actividade da semana: proxección de Con Hasan en Gaza
Durante a primeira semana da exposición, este mércores 4 de novembro ás 19:00 h o Espazo Isaura Gómez acollerá a proxección do documental Con Hasan en Gaza (Ma’ Hasan Fi Ghazza), en versión orixinal subtitulada en español (VOSE), dentro da iniciativa Palestine
Cinema Days. Este é un festival de cine palestino organizado por Filmlab Palestine, con sede en Ramallah, que se celebra anualmente desde 2014 conmemorando o aniversario da fatídica Declaración Balfour.

Naceu coa convicción de que o cine e a cultura son ferramentas esenciais para construír unha sociedade mellor, e converteuse nun dos piares da escena cinematográfica palestina. Ante as dificultades para celebralo en Palestina, o festival ampliou o seu alcance coa iniciativa Around the World, que leva o cine palestino a pantallas de todo o mundo de forma simultánea, como xesto de solidariedade e de resposta á censura e ao silenciamento das voces palestinas.

Na edición de 2025 reuniu máis de 500 proxeccións en cerca de 700 espazos de 94
países. Tras a participación de Baixo Miño con Palestina na edición pasada co documental A State of Passion, continuamos colaborando con esta iniciativa internacional.

Sinopse: Fai pouco reapareceron tres cintas MiniDV con imaxes da vida en Gaza gravadas en 2001. O que comezou como a procura dun antigo compañeiro de cárcere de 1989 converteuse nunha viaxe inesperada de norte a sur da Franxa xunto a Hasan, un guía local cuxo destino segue sendo descoñecido.

A cámara percorre rúas e paisaxes e rexistra instantes fuxidíos da vida cotiá, fragmentos dunha realidade alterada de maneira irreversible. O filme transforma este material esquecido nunha reflexión cinematográfica sobre a memoria, a perda e o paso do tempo, e retrata unha Gaza do pasado e unhas vidas que quizais nunca poidan volver ser atopadas.

Unha homenaxe a Gaza e á súa xente, a todo o que foi borrado e que volveu a nós neste momento urxente da existencia, ou inexistencia, palestina. Un filme sobre a catástrofe e sobre a poesía que resiste.
Datos da actividade Exposición: heART of Gaza, do 2 ao 20 de novembro


Lugar: Espazo Isaura Gómez, Tomiño


Horario: o habitual do espazo, con entrada libre


Proxección: Con Hasan en Gaza (VOSE), mércores 4 de novembro, 19:00 h


Dende o río ata o mar, Palestina vencerá!

 


 

 

 

30 de septiembre de 2026

DE ORMUZ A PALESTINA

 

Xira do militante palestino Fayez Badawi polo Baixo Miño.O colectivo Baixo Miño con Palestina, en colaboración co comité galego de solidariedade internacionalista Mar de Lumes, presenta unha serie de palestras co histórico militante palestino Fayez Badawi. De Ormuz a Palestina, os tentáculos do imperialismo yanki-sionista é o título desta serie de actos.

Nacido nun campo de refuxiados palestinos no Líbano, o ex-portavoz da Fronte Popular de Liberación de Palestina en Europa achégase novamente á nosa terra para tratar a situación dopobo palestino ante o xenocidio.

Na nosa comarca, os actos terán lugar o mércores 30 de setembro no Centro Cultural de Oia ás 19:30, na Guarda o venres 2 de outubro na cervexaría Celtic ás 20 horas e finalmente pechará xira o sábado 3 de outubro na taberna Val de Tebra ás 12 da mañá.

Convidamos a toda a sociedade a acodir, escoitar a voz deste militante histórico e respaldar manifestación nacional por Palestina do domingo día 4 de outubro, en Santiago de Compostela.



21 de septiembre de 2026

O XENOCIDIO CONTINUA - A GUARDAQ CON PALESTINA


Desde o colectivo Baixo Miño con Palestina unha vez mais contra o xenocidio que está a practicar o estado sionista e criminoso de Israel conta o pobo Palestino.

Como cidadáns europeos debemos esixir o fin inmediato das relacións e do comercio da Unión Europea con Israel.

Nin un mort@ mais coa nosa complicidade.











11 de septiembre de 2026

MEDIO AMBIENTE GUARDÉS

TODO UN PARIPÉ, FOTOGRAFIANDO A GUARDA

Morre a miñoca, cangrexos, etc....


11 de agosto de 2026

COMUNIDADE DE MONTES A GUARDA

 




Se aos anteriores mandatarios da comunidade de monte de A Guarda eran uns delincuentes, estes son uns parásitos. Da vergoña ver unha zona de descanso abandonada no camiño do Atlántico.

A EXTERAM DEREITA A DERIVA

 



O GOBERNO DA EXTREMA DEREITA NON SE ENTEIRA. PARA FOLCLORADAS ANDAN FINOS.

Teñen moita xeta, non se enteran que en Kamposankos o Ferry non funciona


29 de junio de 2026

MEMORIAL DOS CALCETÍNS

 


VANDALIZAN  A EXPOSICIÓN

DO “MEMORIAL DOS CALCETÍNS” NA GUARDA

 

Rouban dúas bandeiras palestinas e noutras pintan con pintura vermella as palabras Hamas e Hezbolah

            O pasado luns 29 de xuño desapareceron na baixada ao porto da Guarda varias bandeiras palestinas que o colectivo Baixo Miño con Palestina colgara no día anterior como parte da exposición itinerante “Memorial dos calcetíns”. Ademais, outras dúas bandeiras apareceron escritas en cor vermella coas palabras “Hamás” e “Hezbolah”.

              Desta maneira, un acto en lembranza dos nenos e nenas asasinados por Israel en Palestina, queda marcado pola pegada da intolerancia e da máis absoluta falta de respecto polos dereitos humanos. Este acto de vandalismo sionista demostra a necesidade de continuar a dar visibilidade ao xenocidio ao que está sendo sometido o pobo palestino e á política infanticida do estado de Israel.

            O “Memorial dos calcetíns”, no que se utiliza esta prenda colgada con pinzas en cordas a modo de tendal, pretende representar as infancias roubadas por Israel. Esta iniciativa xurdiu en Ourense da man de Radio Liverdade e está percorrendo diferentes concellos galegos. Na Guarda estará dende o 28 de xuño ata o sábado 4 de xullo e calquera persoa pode participar pendurando calcetíns e textos explicativos.



 

 O MEMORIAL DOS CALCETÍNS HOMENAXEA NA GUARDA AS INFANCIAS PERDIDAS EN PALESTINA

A plataforma Baixo-Miño por Palestina puxo en marcha onte no entorno da Rúa Concepción Arenal co Convento O memorial dos calcetíns, unha exposición en memoria das nenas e nenos palestinos asasinados por Israel.

 A exposición que xa pasou polos concellos do Rosal e Tui e continúa por outros concellos de Galiza pretende ser un acto interactivo no que a xente que se acerque pode colgar tamén calcetíns, implicándose deste xeito contra a acción xenocida de Israel.

Segundo datos de UNICEF, nos últimos dous anos e medio hai máis de 64.000 nenas e nenos asasinados e mutilados, entre eles máis de 1.000 bebés. Non hai datos de cantos  máis morreron por enfermidades preveníbeis, nen tampouco cantos seguen enterrados baixo os entullos. O que si sabemos é que Israel continúa na súa acción de exterminio do pobo palestino.

O goberno e o exército de Israel mataron “deliberadamente” a nenas e nenos palestinos desde 2023, cometendo un delito de xenocidio e crimes de guerra en Gaza e Cisxordania segundo unha investigación independente de Nacións Unidas publicada o pasado 18 de xuño de 2026.

Galiza e o mundo enteiro non pode esquecer Palestina e debemos alzar a voz contra o xenocidio en Gaza e no resto dos territorios ocupados, que inclúen hoxe tamén o Sur do Líbano. Israel atenta contra o dereito internacional e continúa cos seus crimes grazas ao apoio de occidente. Non hai declaracións válidas se non se aplican sancións severas, denuncian desde o colectivo Baixo Miño por Palestina.

 

31 de mayo de 2026

PREPOTENCIA DO GOBERNO GUARDÉS

 


Sen vergoña, é con toda prepotencia o gobernó de extrema dereita aproba a compra da casa indiana de Eloy Dguez. Veiga, unha compra que non deixa ningún veneficio para as empresas guardesas. Según Anxo o presidente do concello tiña agachado un informe de algúnha parte dos gastos que ascenden a mais de 1.500.000 euros so para arranranxar parte do xardín, debido ao estado da vexetación que impidiu ver o restante, nin as infraestruturas, custo da rehabilitación da casa.

O presidente do goberno alardeou de facer uns investimentos de 7.000.000 de euros, o que non dixo é que foron traballo das anteriores corporacións.


Anxo acláralle ao presidente do goberno a falta de transparencia, de non ten informes económico avalado polos técnicos municipais, así como un plan de usos, non aclara os intereses (Da extrema dereita) e as presas para mercar dita casa, podía esperar ata os próximos comicios.

A Guarda sen: pavillón municipal, auditorio, circunvalación a Guarda. Circunvalación do monte Trega, entrada e saída do porto, abandono de Camposancos,….etc

Anxo dí abandone as ocorrencias e voten a favor da proposta do BNG para adicar os fondos que pretende malgastar na casa en investimentos necesarios e urxentes para a sociedade guardesa”.

A pesar da contundencia dos argumentos expresados por Anxo Baz o grupo do PP do alcalde e Celso Juan impediron que a proposta nacionalista fora a  adiante, cunha compra millonaria sen dispor de ningún informe económico-financeiro nin dun plan de usos para o espazo.

Ciudadana pondo o goberno contra as cordas.



23 de mayo de 2026

REVOLUCIÓN GALEGA 1846

 

 EN A GUARDA 


PRESENTACION


Estrea do documentario 1846 – Revolución Galega

A Fundación Galiza Sempre estrea o martes 26 de maio, no Centro Cultural da Guarda o documentario 1846 – Revolución Galega, dirixido por César Caramês.
O filme documental sobre a Revolución Galega de 1846 estrearase na Guarda este martes 26 nunha sesión especial ás 20:00 no Centro Cultural grazas á colaboración do concello co gallo do 180 aniversario da revolución. Alén da proxección do audiovisual, contará cun coloquio co director e estudoso da revolución, César Caramês. 1846 – Revolución Galega, é o resultado de anos de traballo de investigación do profesor de lingua e literatura galega de Moraña, César Caramês, para recuperar do ostracismo un dos episodios máis importantes da historia contemporánea de Galiza. A Fundación Galiza Sempre xa ten traballado nos últimos anos co obxectivo de desterrar do esquecemento esta parte tan importante da nosa historia.
Fixoo en 2021, coa publicación do primeiro monográfico dentro da colección Efemérides da Galiza, co gallo do 175 aniversario dos Mártires de Carral, autoría do finado Xusto Beramendi. Un ano despois, editou a segunda co gallo do 200 aniversario da morte de Antolín Faraldo da man de Henrique del Río. E agora, aproveitando o 180 aniversario, publicou unha dedicada específicamente á Revolución Galega, da autoría de Caramês.
Desde a Fundación Galiza Sempre consideramos que todo o traballo que se faga nesta dirección sempre será pouco. Por iso, ademais deste documentario e da publicación da colección de Efemérides da Galiza, impulsamos, xunto á editora Tempo Galiza, unha edición facsimilar completa do xornal El Porvenir, publicado por primeira vez na súa integridade.
O feito de que este documental vira a luz, responde a que somos conscientes de que a Revolución Galega é practicamente descoñecida para a maioría do noso pobo. Ocultala como un pronunciamento liberal español máis, con certa dose folclórica galeguista, impide a comprensión da propia realidade presente. Calquera achegamento á literatura galega do século XIX ou á historiografía de Galiza vírase forzosamente incompleto sen abranguer un evento tan transcendental para a xeración que o protagonizou. Rosalía, Murguía ou Pondal preséntanse inexplicábeis se descoñecemos o substrato do que abrollan. Porén, a narrativa oficial, alicerzada nunha obra de 1977 con pretensión ‘desmitificadora’, agocha ou mingua a combatividade e a anticipación daquel movemento. Mesmo murcha as súas repercusións e conexións populares e internacionais. Redúceo
a unha anécdota rexional no discurso nacional español sen dubidar en silenciar as mesmas fontes históricas.
A dixitalización das fontes, a súa democratización, permite cuestionar ese relato histórico e completar eses retallos da nosa historia para entender que a aparición de Galiza como suxeito nacional moderno desde a acción político-militar, racha coa concepción colonial, sentimentalista, do nacemento como fenómeno literario. Non existiría idea de Galiza como nación, mesmo galeguismo ou autogoberno presente sen aquel soberanismo revolucionario inicial. A revisión da Revolución
Galega convértese así en fulcral para o entendemento da nosa historia recente e de nós mesmas como colectividade actuante sobre o noso destino a partir de precedentes claros.
O documentario conta con un amplo elenco de 17 especialistas para contrastar a interpretación dos feitos e contexto desde diferentes puntos de vista: economía, literatura, antropoloxía, política, xénero, socioloxía, relixión e, por suposto historia contemporánea. Así, podemos atopar a Carlos
Callón, Ascensión Cambrón, Camilo J. Cortizo, Uxío Breogán Diéguez- Cequiel, Isidro Dubert, Eliseo Fernández, Manuel Gago, Xurxo Martínez, Francisco Prieto, Juan Renales, Henrique del Río, Francisco Rodríguez, Antom Santos, Goretti Sanmartín, Iria Taibo, Marga do Val e a X. Ramón Veiga.

Contacto:
fgs@galizasempre.gal
Lucía Veciño: 652995415 

Presidente da Fundación Galiza Sempre.

 

20 de mayo de 2026

OCORRENCIAS DO ALCALDE ALBERTO CARRERO

 A GUARDA 20260520


O Bloque Nacionalista Galego da Guarda fixo un chamamento á cidadanía para a sesión plenaria extraordinaria co tema exclusivo no intento de compra do inmoble coñecido como Casa de Don Eloy.

O BNG solicitou a sesión extraordinaria debido á negativa do alcalde a ofrecer explicacións nin aos veciños nin a oposición do concello. Anxo Baz, portavoz municipal do BNG, afirmou que Roberto Carrero  ten que dar as explicacións a oposición e cidadanía.

 

Anxo Baz dí, que non e prioritario para a Guarda este despropósito e que porá en perigo o futuro das finanzas da vila debido ao seu investimento de mais de 700.000 €. Lembra que o goberno é incapaz de manter os bens patrimoniais deteriorados no municipio, como o Monte Trega, a Fortaleza de Santa Cruz e o Centro Cultural, que requiren investimento prioritario antes de calquera nova adquisición.

Anxo Baz lémbralle ao alcalde que os fondos destinados á compra proceden dos orzamentos de investimentos municipais, servizos básicos, conservación dos espazos públicos. Os cartos non son un agasallo da Deputación son cartos que pertencen A Guarda.

Anxo preguntou o porque desta urxencia, ocorrencia, como se realizará o pago sen prexudicar o funcionamento do concello, como se conservará, como se rehabilitara, sen persoal municipal.

Dí a Carrero que traballe, que os prazo do arranxo da piscina está rematando e posiblemente perda a subvención. 

Carrero quedou acurralado e non tivo respostas coherentes, nin aclarou as preguntas feitas pola oposición. Afirmou que a Deputación dará o visto bo a este dislate da extrema dereita guardesa sin os estudos pertinentes dos técnicos municipais. Foi incapaz de xustificar esta compra, defendeuse con demagoxía de que xardín, parque infantil,...que se acolle ao plan do PP+.