So imputan a catro persoas polo desastre do Prestige. O grave é que a cidadanía non confía na Xustiza e pregúntase como non se imputan personaxes como Rajoy , Álvarez Cascos....etc.
Moito falta por saber o que realmente aconteceu, sobre todo o día antes do afundimento do barco. ¿O barco partiu ou partírono? Cando a marinha Portuguesa chegou a xunto o barco e dixo que non pasaría do límite das súas augas, as marinha Espanhola e Portuguesa, ordenaron retirar aos “intrusos”. ¿Sería para que ninguén supese o que aconteceu?.
Os políticos, bandullos agradecidos e clientelismo venden que fixeron moita oposición e os verdadeiros heroes foron os marinheiros, primeiro en darse conta da traxedia é voluntarios.Os políticos quixeron recoller votos e o tiro saíulles pola culata.
¿Segue almacenado material (Botas, fundas, lugas..etc ) en nave no Val Minhor?
Moitos fixeron o agosto a conta do barco e moitos desexan que pase outra vez.
Din que porán un monumento de recordo na Guarda e neste concello non chegou nin unha gota de fuel.
¿Cal é a razón de colocalo na Guarda?
DAORDE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario