XEROME

TODA VIDA EN LUTA

PARTICIPACIÓN DO CLUBE DEPORTIVO SAN XEROME NA EN COÍMBRA.

05/03/2016.  O pasado xoves día 3 de marzo os remeiros do Club San Xerome Emiliani Robaleira acudiron a cidade portuguesa de Coimbra, nas instalacións do Montemor-o-Velho, invitados pola federación portuguesa de deportes para persoas discapacitadas ANDDI. Alí disputaron a "V Taça Nacional de Remo Indoor". 


Unha vez máis os nosos remeiros amosaron o bo nivel competitivo que posúen, nesta ocasión o máis destacado no podium foi Domingos Albadalejo Rendo medalla de ouro na categoría de Veteranos, nesta mesma categoría en féminas, obtivo a medalla de prata María Fernanda García Orduna, nesta mesma categoría Lourdes Fernández Núñez, acadou a 10ª posición. Na Categoría Absoluta Senior Jaime Álvarez Pereira, obtivo tamén a medalla de prata. Pola súa banda Miguel Ángel Bello Brito, tamén en senior rematou a proba no posto 28. Pechou a competición Fabián Santos Carrillo na Categoría Junior cun meritorio 5º posto.
 

Norabora a todos os remerios, a quen fai posible esta realidade competitiva, e ao Club de Remo Robaleiro, pola súa estimable colaboración.







O SAN XEROME CAMPION  DA LIGA GALEGA DE BALONCESTO FEMININO 2012
Despois dun ano de  traballo, esforzo e sacrificio cumprindo un duro plan de adestramentos, a tempada non  poido acabar mellor  para o equipo feminino de baloncesto da máxima categoría  de competición  (Fegaddi-Feddi).
Nos últimos dias dábamos conta do  éxito do equipo  no Campionato de España de baloncesto celebrado en Alicante, onde acadaron o terceiro posto.
Informamos hoxe dun novo éxito: o primeiro posto na Liga galega de baloncesto, organizada  pola Fegaddi (Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual).
A última xornada da Liga  tivo lugar no Pavillón do Porriño,  onde unha vez máis fíxose patente a igualdade entre o noso equipo e o segundo clasificado: as Esclavas de Mos. Un só punto de diferencia fixo que nesta ocasión a balanza se  inclinara cara o noso lado.
O remate da xornada,  o Alcalde do Porriño, Nelson Santos xunto con varios concelleiros e representantes da Fegaddi fixeron entrega dos trofeos correspondentes: María F. recolleu o trofeo da máxima categoría feminina. O equipo masculino do Racing de Chapela foron os  vencedores na categoría  masculina.
Noraboa a Amparo, Maite Santos, Maite Barros, María F., Rosalía, Jeny, Nuria, Rosa María, Vanesa e Lucía; así como ó  equipo de adestradores  David, Tere , Belén e Robert.


2012/09/22 BOIMORTO
FESTIVAL DA LUZ

AMPARO FERREIRA CUMPLIU O SEU SOÑO 



Amparo disfrutando da actuación da súa ídolo Luz Casal 

Tosar e Rosa

Tosar,Reixa,Rosa,Amparo,Maria,Fabio e Luis

Amparo con Luz Casal

Luis,Fabio,Rosa,Maria,Amparo,Luz Casal e Lúa


Esta Fin de semana tivo lugar en Boimorto (A Coruña), pobo natal de Luz Casal o “Festival de la Luz”,  a beneficio da Asociación galega de loita contra o  cancro.
No cartel, primeiras figuras da música: Iván Ferreiro, Luar na Lubre, Di Elas (Luis Tosar), Vega e a anfitriona Luz … ademáis de celebrarse simultaneamente o “Mercado da colleita”, promocionando así  a defensa do rural galego.
A este festival asistiron (con acampada incluida), un grupo de rapac@s do Centro, que poideron disfrutar dos concertos e do espectacular ambiente.
Para Amparo foi algo máis especial, xa que por fin  tivo a oportunidade  de coñecer a  súa ídolo: Luz Casal. Durante case media hora departiu con ela e o resto de compañeiros no camerino ,  entregoulle un debuxo conmemorativo do Festival e duas camisolas con debuxos seus.
O grupo  tivo tamén a oportunidade de saudar a un vello coñecido do San Xerome: Luis Tosar.
Fotos do Xerome.



TERCEIRA XORNADA DE PESCA NA MESALINA

Vidal, Miguel, Pepe e Amparo

2012/09/06 a terceira xornada de pesca no río Miño foi aproximadamente de tres da tarde ata as 19:30 horas, embarcan Miguel Angel, Amparo e Pepe os peixes non picaban e nos desplazamos a tres sitios diferentes. A media tarde incorporase Vidal, que demostra  moito intusiasmo pola pesca, denda A Guarda baixou camiñando ata Camposancos. Nesta xuntanza tamén colleu a robaliza mais grande.
Estrenouse Miguel Angel e colleu dous sargos.
O día foi xenial, posiblemente excesivo calor e falta de vento suave.


SEGUNDA XORNADA DE PESCA NA MESALINA

Vidal ca robaliza mais grande


2012 08 23, día de pesca en Camposancos no río Minho, os participantes foron: Vidal – Pablo – Pepe e Francisco.
Unha vez feito o embarque as 16:30 h, fondeamos a Mesalina e nos puxemos a pescar, o día nublado non foi o mais axeitado pero foi xeneroso e collemos 5 robalizas, unha solla e dous "panchos".

Pepe, Pablo e Vidal con parte da pesca


ASAMBLEA MULTITUDINARIA DE FAMILIAS NO SAN XEROME

Coa presenza masiva de familias dos usuarios do Centro, convocados pola Xunta Directiva, tivo lugar o pasado sábado nas instalacións do Centro unha Asamblea extraordinaria de familias.
A convocatoria tiña como obxectivo analizar a situación do Centro provocada polos retrasos nos pagos por parte da Xunta de Galicia.
A Xunta Directiva informou en primeiro lugar das xestións realizadas nas últimas semanas e dos ingresos recibidos. As familias escoitaron con satisfacción as novidades:
A Consellería de Educación abonou os meses de maio e xuño correspondentes o mantemento do Centro educativo (3-22 anos). A Consellería de traballo fixo efectiva a cuantía pendente do mes de xuño do Centro de Dia e Centro Ocupacional (Servizo de adultos). A mesma Consellería abonou o Coste salarial do ano 2011, e o pendente do ano 2012, do Centro especial de emprego de xardinería (Empresa constituida no ano 1998, que da traballo a 17 persoas con discapacidade).
Diante desta nova situación, acordouse por unanimidade desconvocar a movilización de protesta prevista para o sábado 25 de agosto na Guarda, e seguir en alerta con respecto a evolución dos pagos para que non se produzan novas demoras.
Fíxose tamén un chamamento a unidade de acción, con outras entidades de Fademga coa mesma problemática, e a participación activa de tódalas familias nos actos que se convoquen.
Por último Xosé Carlos González Blanco, Director do Centro, fixo unha breve reseña do próximo Curso, e informou a tódolos presentes a sua decisión de deixar a Dirección a partir do mes de setembro, desenrolando a partir desa data exlusivamente as tarefas como Psicólogo. Decisión xa aprobada pola Xunta Directiva e informada ós traballadores do Centro.
Baseuse para a toma desta decisión, en cuestións persoais, xunto coa falla de confianza amosada por algúns traballadores e familias, o cansancio de 32 anos de intenso traballo (nos últimos 12 anos compartindo a tarefa directiva co Xerente Feliciano Valcarcel), e a necesidade do relevo para que persoas con forzas para continuar a loita en contra da marxinación das persoas con discapacidade poñan en práctica o Plan estratéxico, proxecto de futuro do San Xerome, elaborado durante o último ano polos sectores implicados no funcionamento do Centro.
A Guarda, 20 de agosto de 2012

A XUNTA ABONA AS CANTIDADES PENDENTES O SAN XEROME

O longo destes dias a Xunta de Galicia ingresou as cantidades pendentes por diferentes conceptos o Centro San Xerome. A Consellería de Educación abonou os meses de maio e xuño correspondentes o mantemento do Centro educativo (3-22 anos). A Consellería de traballo fixo efectiva a cuantía pendente do mes de xuño do Centro de Dia e Centro Ocupacional (Servizo de adultos). A mesma Consellería abonou o Coste salarial do ano 2011, e o pendente do ano 2012, do Centro especial de emprego de xardinería (Empresa constituida no ano 1998, que da traballo a 17 persoas con discapacidade).
Ainda que as graves dificultades polas que atravesaban os diferentes Servizos do Centro estan temporalmente resoltas, a Xunta Directiva do Centro mantén a convocatoria dunha reunión extraordinaria coas familias dos usuarios para mañán sábado dia 18 de agosto as 19 h. nas instalacións do Centro, na que se abordarán os seguintes temas:

1. Situación económica actual dos diferentes Servizos do Centro.
2. Perspectivas e medidas a adoptar no caso de novas demoras.
3. Curso 2012-2013

A Guarda, 17 de agosto de 2012


ACTIVIDADE DE PESCA NA MESALINA
2012 08 07, día de pesca en Camposancos no río Minho, os participantes foron: Amparo – Borja – Pepe e Francisco.
Unha vez feito o embarque as 15:30 h, por retraso de Fran, fomos a recoller unha pouca de minhoca na que participaron Pepe e Fran.
Escollemos un paso robaliceiro e no interval de dúas horas pescamos 8 robalizas e unha solla.
Fixemos un pequeno paseo de unha hora polo marxe de Portugal, rematamos a xornada as 19:30 horas aproximadamente.
Borja non quixo participar na pesca pero de falar non parou, creo que o pasaron ben, espero que disfruten da cea ou do xantar.
Glez Morais.
Amparo con unha robaliza, pasouas canutas para sacala da auga, a emoción foi moi grande.
Pepe con unha robaliza.
Fran con unha robaliza mais cativa, o pescador mais técnico, demostrou experiencia, os novatos tiveron mais sorte nas capturas.
O Grupo de pescadores non profesionais do río Minho.

RESPOSTA DA XUNTA DIRECTIVA DO CENTRO SAN XEROME A FÁTIMA IGLESIAS


Diante das declaracións realizadas pola deputada parlamentaria e concelleira do PP na Guarda Fátima Iglesias, a Xunta Directiva da Asociación San Xerome Emiliani manifesta o seguinte:

1. Ratificarse nos datos económicos ofrecidos nos últimos meses pola Asociación sobre os pagos pendentes da Xunta.
2. A Xunta de Galicia recoñeceu onte dia 1 de agosto a representantes da Federación de asociacións a favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia (FADEMGA - FEAPS GALICIA), a débeda a 37 Asociacións que xestionan Centros concertados de atención a persoas con discapacidade (entre os que se atopa o Centro San Xerome Emiliani).
3. A Xunta de Galicia comprometeuse diante dos representantes de FADEMGA a subsanar a débeda nos próximos días.
4. A Xunta Directiva do Centro San Xerome, considera un bo momento para que a Deputada Fátima Iglesias se poña realmente a traballar a prol do Centro San Xerome e as 36 entidades en risco, aunando esforzos e non poñendo en dúbida a credibilidade dos datos ofrecidos polas entidades e corroborados pola propia Xunta de Galicia.

A Guarda, 2 de agosto de 2012



O 31 de xullo 2012, en Vilanova de cerveira a partir das 09:30 h, rematan as actividades e os participantes ( directamente dende a casa, sen pasar polo centro)  realizarán  actividades tan diversas como: balsa con motor, tiro ó arco, kayak, minigolf, chorros de auga... comeremos de pícnic ( os voluntarios están invitados) e remataremos as 15:00.


As actividades do servicio de adultos pechan en Agosto, excepto horta, viveiro e a secretaría do centro, voltando xunto con  educativas en setembro, para afrontar o curso 2012/13.

SÁBADO 28/07/2012
ÁS 11:00 DA MAÑÁ.

MARCHA CONCENTRACIÓN DENDE S. XEROME Á ALAMEDA DA GUARDA, PARA EVITAR O PECHE DO SAN XEROME, POLO IMPAGO DA XUNTA.


NECESITAMOS O MÁXIMO APOIO.
 APOIAR A CAUSA.
ESTA PENDENTE:
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN 29.250 €
CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR 48.500 €
CONSELLERÍA DE TRABALLO 52.500 €

130.250 € QUE AFOGAN O DÍA A DÍA DE 120 PERSOAS CON DISCAPACIDADE.


COMENTARIO
Durante a marcha é reclamación xusta por parte do Presidente do colexio José Mtz. Tato, poidemos escoirar frases moi duras de algúns ciudadanos que pasaban polas beirarruas e que nos doeron como:
O Xerome te moitas subvencións, ¿De que se queixan? !Se foran traballar¡ algún oportunista, e presente na manifestación me dixo xa fai tempo ¿Colaboras co Xerome? contestei que sí., resposta: o Xerome é a cova de Alibaba...etc, non me sentou ben e rematei dicindo que tenho a minha mente limpa, o que pasa internamente no Colexio e axeno a min, só me preocupa o traballo de colaboura que asumín ante unha persoa que respecto e admiro, asumín un traballo sen interferencias para desenrolar un deporte que me gusta e que tería que practicar toda cidadanía no seu tempo libre.
Para tódolos navegantes corruptos: Cando a Dirección do Colexio estime convinte que minha aportación non é necesaria me marcharei ca testa alta, co agradecemento das persoas que confiaron na minha persoa, dos alumnos, marcharei ledo por haberme permitido traballar no meu tempo libre dun xeito diferente, por un colectivo que necesita moita axuda e carinho diario. Inteno aportar conhecementos para a vida diaria é deportiva que moita sociedade rexeita, pensamos que a calidade de vida é posible, creemos na integración, con tódo respeto manifesto que ningún ser humán esta libre de enfermidades, accidentes,..... etc, loitaremos contra a BARBARIE e XENTE TÓXICA.

José Antonio González Morais.

Última Formación voluntariado 2011-2012


Este Sábado día 7/07/2012, levouse a cabo unha nova formación para vountarios. A temática foi "Xestión de ocio e deporte en Diversidade Funcional". Este monográfico xunto cos dous anteriores "HHSS e Comunicación en Diversidade Funcional" e "Horticultura Ecolóxica" completan o plan formativo de voluntariado para este curso 2011-12.
Patricia impartindo o último curso Xestión de ocio e deporte.

Voluntarios que asistiron ao último curso, dirixido por Patricia coa colaboura de Eva e Roberto.
MES DE XUÑO
 VENTO EN POPA, A TODA VELA
O mes de Xuño, caracterízase habitualmente no noso Centro, como un mes de actividade vertixinosa. Xuño 2012, non podía ser menos!
Tivemos nos últimos días: Sendeirismo polo Monte Aloia e Piragüismo no Tamuxe co IES A Sangriña, o Festival do Servizo de adultos no Auditorio de Goián coa presenza masiva das familias, reunión dos grupos de participación para a elaboración do Plan estratéxico do Centro (2012-2014), Campamentos das Unidades educativas e do Servizo de adultos na Colonia de vacacións “Arbore” de Vila do Conde (Portugal)
Nestes momentos os seleccionados do noso Club deportivo, compiten no Campionato de España de seleccións autonómicas, e esta mesma semana tivemos a oportunidade de experimentar novas sensacións gracias a colaboración do Monte Real Club de Yates de Baiona. Por primeira vez, Jona, Kike, Miguel … tiveron a oportunidade de navegar nun barco de vela, xunto cos reponsables do Club de iates e os compañeiros do Centro Juan María de Nigrán. Experiencia inesquecible, e que agardamos poder repetir.
O que queda por diante non é menos emocionante: Viaxe a Francia para valorar a marcha do Proxecto Comenius Regio, Cea Baile no Restaurante Glasgow organizada pola ANPA , novos campamentos do Servizo de adultos en Vila do Conde, reunión definitiva na elaboración do Plan estratéxico, Mercado Solidario en Baiona, etc, etc …

Nas fotografías: a selección galega de baloncesto (5 xogadoras do San Xerome!), en San Fernando (Cádiz) antes de debutar no Campionato de España de seleccións autonómicas; nas outras duas fotografías os nosos regatistas en Baiona no barco do Club Monte Real, e por último Carmelo e David (selección galega de fútbol sala, en atletismo compite Borja Cadilla en 5000 e 10000 ml, durante a competición de seleccións autonómicas en Cádiz…





Como en anos anteriores, e gracias a colaboración dos profes voluntarios do IES A Sangriña, o martes 5 de xuño celebrouse unha xornada lúdico-deportiva no rio Tamuxe, con diferentes actividades (piragüismo, …) para celebrar os éxitos da tempada deportiva.

GRACIÑAS! A todos os que colaboraron dunha ou outra maneira para manter vivo o noso Club deportivo, nos delicadísimos momentos económicos que estamos a vivir.
Durante a xornada apareceu choiva intermitente que desluciu o paseo polo rio.

Tódolos participantes recibindo as normas básicas para realizar a travesía.

Amalio organizador da actividade entrando no rio

Primeiros palistas que sairon para o rio
Os principiantes non collen a pala polo lugar axeitado



O  responsable da expedición remolca a última embarcación

Amparo Ferreira e Vanesa Martínez



Luis a proa e Pepe a popa








Amalio cerrando o grupo
4º PEDESTRISMO POPULAR DE AMORÍN

Atletas do Xerome comprobando a lista e circuitos
Antes da saída
Francisco durante a proba
Amparo e Maite
Carmen Verde
Francisco entrando en meta
Amparo entrando en meta
Maite Santos entrando en meta
Descansando despois da carreira

Roberto entrenador do Xerome
Sandra,  Alcaldesa entregando un premio
José Carlos entregando trofeos

Os atletas do Xerome deron o mellor que levan dentro, sufriron como atletas de raza, Amparo e Maite emocionadas na entrega de trofeos.

11 MEDALLAS NO GALEGO DE ATLETISMO PARA OS DEPORTISTAS DO SAN XEROME

Medallistas de 800 ml

As probas disputaronse o mércores 30 de maio nas Pistas de Atletismo Fontecarmoa en Vilagarcía de Arousa; a organización correu a cargo da Federación galega de deportes para discapacitados intelectuais (FEGADDI). Participaron un total de 14 Clubes da xeografía galega, nas tres posibles modalidades de participación: Competición, categoría adaptada e xogo.

Na máxima categoría, ou sexa Competición , os nosos medallistas foron:

• Borja Cadilla (1º en 800 m. e 2º en 3000 m.)

• Luis Sández (2º en 800 m.)

• Amparo Ferreira (1ª en 3000 m.)

• Maite Santos (1ª en 1500 m.)

• María F. García (3ª en lanzamento de peso)

Na segunda categoría (Adaptada):

• Maite Barros (1ª en 150 m. e 1ª en 400 m.)

• Carmen Verde (1ª en 60 m. e 2ª en 150 m.)

Na terceira categoría (Xogo):

• Rosa María Alvarez (1ª en 60 m.)

Non conseguiron medalla nesta ocasión: Diogo Cordeiro (Competición) , Paco Varela ( Adaptada) e Raquel Rodríguez (Xogo).

A actividade deportiva remata este ano coa participación de 8 deportistas do noso Club, representando a Galicia no Campionato de España de seleccións autonómicas (San Fernando – Cádiz). Borja Cadilla (Atletismo), Carmelo Cadilla e David Barbosa (Fútbol sala), Maite Barros, María F. García, Amparo Ferreira, Rosalía González e Maite Santos (Baloncesto). Formará parte da expedición galega como adestradora de baloncesto a nosa compañeira Tere Piñeiro.

Como en anos anteriores, e grazas a colaboración dos profes voluntarios do IES A Sangriña, o martes 5 de xuño teremos unha xornada lúdico-deportiva no rio Tamuxe, con diferentes actividades (piragüismo, …) para celebrar os éxitos da tempada deportiva.

GRACIÑAS! A todos os que colaboraron dunha ou outra maneira para manter vivo o noso Club deportivo, nos delicadísimos momentos económicos que estamos a vivir.

Saída de 800 ml
José Carlos

CLAUSURADA A EXPOSICIÓN MEDIOAMBIENTAL
DO TALLER DE FOTOGRAFÍA
DO PROXECTO COMENIUS REGIO
A exposición estivo aberta ó público na Tenda do Centro San Xerome, dende o pasado 14 de maio.
Estas son as impresións de Inés Montenegro, profesional da fotografía e responsable do Taller.

“Duas persoas miran ó exterior a través dos mesmos barrotes: unha mira o fango e a outra as estrelas”. Frederick Langbridge (1849–1922)

Nada hai máis sorprendente e enriquecedor que cinco, dez, quince persoas mirando a mesma paisaxe a través de distintos ollos, o mesmo obxecto a través
de distintas perspectivas, a mesma luz a través de distintas cámaras.
O longo de 7 meses temos aprendido que a diversidade é boa, pero que no fondo non somos tan diversos como creemos. O principio achegamonos uns os outros con ideas preconcebidas, con prexuizos , pero pouco a pouco a realidade os vai tumbando para deixarnos mirar a ilusión e as gañas de comunicar e de aprender o que hai en cada un de nos. Ó final, o bosque permitiunos mirar as árbores e apreciar raíces, copas e troncos sen máis filtro que o do traballo ben feito.

Durante o Taller temos aprendido a combinar as cores, a buscar puntos de vista, a fixarnos no pequeno e no grande, a experimentar, a retratar persoas, a inventarnos fotos que non existían, a non darnos por satisfeitos cunha toma. Tamén temos ollado fotos, moitas fotos, de artistas  contemporáneos e clásicos, e trasladamos o Taller a rua , a praia e o monte c ando fixo falta . O resultado é unha nova forma de mirar o mundo , que agardamos que siga con nos moito tempo para poder amosar a sua beleza pero tamén as suas vergoñas,
As fotografías son obra de Inés Montenegro, durante a realización do Taller de fotografía ,
incluido nas actividades de integración do Proxecto europeo Comenius Regio coa participación de alumnos
do CPI e IES A Sangriña, e do San Xerome.

José Carlos

ULTIMA XORNADA DO TORNEO INTEGRACIÓN DO PROXECTO COMENIUS REGIO

Onte martes dia 30 de maio 2012, tivo lugar nas instalacións deportivas do Centro San Xerome a última xornada do “Torneo integración” de fútbol, incluido no Proxecto europeo Comenius Regio.

Nesta ocasión foi o turno dos rapaces da ESO, do IES A Sangriña, do Colexio PP Somascos e dos deportistas do San Xerome e Avelaiña.

Os equipos estaban formados por xogadores da Sangriña e Somascos xunto cos do San Xerome e Avelaiña.

Xornada deportiva de amizade e integración, cun magnífico ambiente, que rematou co triunfo do equipo de Somascos B con xogadores deste Centro xunto con Carmelo, Pepe, María e Amparo (San Xerome), e Julio (Avelaiña). No segundo lugar clasificouse o equipo do IES A Sangriña B.

A organización do Torneo, quere agradecer públicamente o exemplar comportamento de tódolos deportistas participantes e o esforzo solidario realizado polos seus adestradores para poder estar presentes nas 3 xornadas do Torneo. Graciñas tamén os voluntarios colaboradores: Ana Lozano fotógrafa, Rubén árbitro, etc, etc …


C.P. Sinde 

C.P.Sangriña

José Carlos


CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO

Atletas do San Xerome que formarán equipo para competir nas categorías de Competición, Adaptados e Xogos.
MULLERES:
Amparo Ferreira Álvarez: 800 ml-3000 ml-Peso
Maite Santos Fernández: 400 ml-1500 ml-Peso
Teresa Barros: 150 ml-Lonxitude
Raquel: 60 ml
Rosa:60 ml-Peso
HOMES:
Borja Cadilla Lomba: 800 ml-3000ml
Luis Antonio Sánchez García: 800 ml-1500 ml
Francisco Martínez Varela: 800 ml
Diogo: Peso
A lista non é completa ata última hora.

  

TORNEO INTEGRACIÓN DO PROXECTO
COMENIUS REGIO

CARMELITAS E SOMASCOS GAÑADORES DA PRIMEIRA FASE DO T0RNEO 

Carmen Verde

 Jon




O torneo celebrouse no terreo de xogo do Centro San Xerome.

A pasada semana despois da disputa dos partidos cos equipos da Sangriña, Somascos, Sinde e Carmelitas de 1º,2º e 3º de primaria, resultou vencedor o equipo das Carmelitas.

Esta semana, cos mesmos contendentes , pero de 4º,5º,6º de primaria os vencedores foron os compoñentes do equipo dos Somascos.

A próxima semana será o turno dos maiores, coa participación do IES A Sangriña, Somascos, Carmelitas, San Xerome e Avelaiña.

O torneo deportivo enmarcase dentro das actividades do Proxecto europeo “Comenius Regio”, no que estan involucrados o IES A Sangriña, CPI A Sangriña, San Xerome e Avelaiña, xunto con entidades do norte de Francia.

Nas fotografías os equipos participantes nas duas xornadas: co número 1 (Sinde 1, Carmelitas 1 …) os equipos da primeira xornada (1º 2º 3º primaria), co número 2 (Sinde 2 …) os equipos da segunda xornada (4º 5º 6º primaria).


José Carlos


EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA MEDIOAMBIENTAL NO COLEXIO SAN XEROME

DO 14 AO 31 DE MAIO

COMENIUS REGIO
Obradoiro de fotografía


VENRES 11/05/2012

Unha hora de música do grupo XEROK de A Guarda en O Rosal no local J&J.


Taller de percusión no marco do proxecto europeo Os Programas Europeos como motor de inclusión social de discapacitados intelectuais e enfermos mentais (Comenius Regio).


Este sábado 5 de maio 2012, dentro da programación do proxecto europeo Comenius Regio -no que participan as Asociacións Avelaíña e San Xerome, o Colexio A Sangriña e o IES A Sangriña, xunto coas Asociacións Collège Boris Vian e Institut Vancauwenbergue de Zuydcoote (Francia)- terá lugar un novo taller de percusión para usuarios das entidades participantes.

A actividade celebrarase nas instalacións do Centro San Xerome, e está coordinada por Victor Fuggetto, traballador do propio Centro.

Será de características similares á celebrada no pasado mes de novembro, programada en colaboración con Estudios Baixo Miño para compoñer unha peza musical e grabala posteriormente nos estudios de San Xoan de Tabagón, en O Rosal.
O resultado aparecerá no seguinte enlace: http://www.bmestudios.com/
Mais info: tlf. 659347525 (Victor Fuggetto)


Un saúdo
José Carlos González Blanco


UNHA MULLER POLIFACÉTICA

Amparo Ferreira no taller do colexio preparandose para tecer.

Amparo tecendo unha bufanda.


Con paciencia cruzando os distintos cores, antiga arte de tecer din que era utilizado na civilización da China, en América se tece no rural, cidadanía que conserva as tradicións populares.


Os fíos lonxitudinais chámanse urdimblre e os fíos transversais chámanse trama.

Parabéns a profesora por inculcar un traballo artesán.
Fotos: Gmorais.



ASAMBLEA ANUAL DE SOCIOS
DA ASOCIACIÓN SAN XEROME


Bernardino Estévez Martínez, deixa a Xunta Directiva despois de 30 anos de colaboración solidaria

Entrou a formar parte da Xunta Directiva, presidida por Raúl González Puebla o 18 decembro 1982 , ainda existía o Banco de Bilbao . Daquela as solicitudes e os balances pasábanse coa máquina de escribir, e os asentos bancarios na libreta de aforros facianse a mán.

Cantidade de reunións! Nos primeiros anos a Xunta Directiva reuníase semanalmente coa Dirección; facendo un cálculo aproximado estamos a falar de máis de 1500 horas adicadas ó Cole nestes 30 anos. Si isto o traducimos ó horario laboral: sería case un ano de traballo extra sen contrato nin sueldo!

Nesta cantidade de horas temos mirado o Bernardino, calado e serio, tamén disgustado e cabreado coas inxustizas, o Bernardino de broma coa sua retranca característica … pero sobre todo quedamonos co Bernardino solidario e currante, co Bernardino nun segundo plano, que nunca quixo ser Presidente, nin Director, nin Alcalde …

Quizás a única crítica que lle podíamos facer o seu intachable traballo, foi o de que non conseguira facer milagres coas contas da Asociación ou do Club deportivo.

Temos moito que agradecerlle polo seu traballo, e o facemos con moito cariño de toda a “familia Xerome” e cun agasallo simbólico pero de gran valor : no Libro de Actas o seu nome é o nome que aparece máis veces, o nome que máis se repite ó longo da historia da nosa Asociación, traducida en máis de 30 Actas.

O mellor de todo, é que este tipo de agradecemento soe facerse a título póstumo cando o homenaxeado xa non está entre nos, e neste caso Bernardino está vivo, moi vivo, e con moita enerxía; polo que temos a sorte de poder desexarlle moita saúde para disfrutar do seu tempo libre.
Graciñas!
A Guarda, 24 de marzo de 2012


NOTA: A fotografía adxunta, na que aparece Bernardino Estévez Martínez corresponde a Asamblea anual do ano 1991 (Décimo aniversario do Centro)
José Carlos.

VI MOSTRA DA CAMELIA DO BAIXO MIÑO
Diseño carteis: Ana Cividanes - Fotografías: Víctor Fuggetto

Diseño carteis: Ana Cividanes - Fotografías: Víctor Fuggetto

Diseño carteis: Ana Cividanes - Fotografías: Víctor Fuggetto


Diseño carteis: Ana Cividanes - Fotografías: Víctor Fuggetto

Novidades e sorpresas na edición deste ano.

A actividade terá lugar na Quinta das Mercedes (A Gándara), o sábado 10 e o domingo 11 de marzo, estará organizada polo Centro San Xerome e conta coa colaboración , un ano máis, dos Concellos de Tomiño, O Rosal, a Guarda. Tui e a Deputación provincial de Pontevedra.

A inauguración do evento, que acada a sua 6ª edición terá lugar o sábado dia 10 de marzo as 12 h. e contará coa representación das entidades colaboradoras, e a actuación especial do grupo de pandereteiras TAMBALUCA.

Os horarios de exposición e venta, tanto de camelios como de planta, será o sábado de 12 da mañán a 8 da tarde, e o domingo de 10 da mañán a 8 da tarde.

Nesta edición como novidade haberá xogos e actividades para nenos organizado por un grupo de voluntari@s , o sábado e domingo de 17 a 19 h.

Outra das novidades é que os asistentes poderán visitar e coñecer o novo proxecto de agricultura ecolóxica “XERHORTA”, iniciativa do Servizo de adultos no que un grupo de traballador@s desenrolan as diversas actividades relacionadas co mundo da horticultura.

NA QUINTA





DISCURSO INAUGURAL


BOS DÍAS, EN PRIMEIRO LUGAR, O NOSO MÁIS SENTIDO AGRADECEMENTO A TODOS POR ESTAR AQUÍ UN ANO MÁIS.

PORQUE COMO XA SABEDES, HOXE CELEBRAMOS A 6ª EDICIÓN DA MOSTRA DA CAMELIA.

UN ACONTECEMENTO QUE NOS ENCHE DE ORGULLO, TRAS LARGAS SEMANAS DE DURO TRABALLO.

ESTE ANO, GUSTARÍANOS COMPARTIR CON VÓS O QUE SENTIMOS,

NON SOAMENTE NOLOS DOUS, SENÓN TAMÉN O RESTO DOS COMPAÑEIROS, Ó PODER FORMAR PARTE DE SAN XEROME.

PORQUE SEN DÚBIDA, É INEVITABLE QUE DIARIAMENTE EXPERIMENTEMOS MULTITUDE DE EMOCIÓNS QUE NOS ENCHEN, E QUE NOS EMPUXAN A SEGUIR ADIANTE SEN PERDER A ILUSIÓN.

DESTE MODO, QUEREMOS IR CONSTRUINDO CON TODOS VÓS A NOSA PARTICULAR VISIÓN DO QUE SIGNIFICA PERTENCER A SAN XEROME.

E PARA ISO É NECESARIO DA VOSA COLABORACIÓN.

ENTRE OS AQUÍ PRESENTES ATÓPANSE SEIS SOBRES, QUE EN REALIDADE SON AS PEZAS PARA FORMAR UN PUZZLE.

NESAS PEZAS ESTÁN RECOLLIDOS AQUELES VALORES COMPARTIDOS POLA MAIORÍA DOS QUE FORMAMOS SAN XEROME

DURANTE DÍAS ESTIVEMOS TRABALLANDO EN DIFERENTES ACTIVIDADES NA PROCURA DESES VALORES MÁIS REPRESENTATIVOS.

ESTES FORON COIDADOSAMENTE SELECCIONADOS, E OS QUE AQUÍ VAMOS A MOSTRAR, SON OS QUE CONSIDERAMOS MÁIS IMPORTANTES, OS QUE CREMOS QUE DAN O MAIOR IMPULSO Ó NOSO DESENVOLVEMENTO COMO PERSOAS.

O NOSO MIMO JHONI SERÁ O ENCARGADO DE IR RECOLLENDO AS PEZAS EN ORDEN, E DE UNHA EN UNHA.

POLO QUE NECESITAREMOS QUE ESTEDES MOI ATENTOS E NON PERDADES NIN UN DETALLE DO QUE AQUÍ SUCEDE.

COMEZAMOS, VEÑA MIMO, CONECTA O RADAR E A POLO PRIMEIRO SOBRE. ¿ALGUÉN SABE ONDE ESTÁ? TEN QUE POR O NÚMERO 1.

NO SOBRE NÚMERO 1 TEMOS:

• ALEGRIA:

EN SAN XEROME CASE SEMPRE HAI MOTIVOS PARA RIR, POR ISO DUBIDO Ó PENSAR QUE PODE HABER OUTRO CENTRO COMA ESTE.

AQUÍ TEMOS A OPORTUNIDADE DE FESTEXAR TODOS OS LOGROS CONSEGUIDOS, ATA OS MÁIS PEQUENOS E APARENTEMENTE INSIGNIFICANTES.

PORQUE A DIVERSIÓN ESTÁ AGOCHADA EN CADA RECOBECO DO SAN XEROME.

A VER ¿QUEN TEN O SOBRE NÚMERO 2? MIMO A POR EL.



NO SOBRE NÚMERO 2 ESTÁ:

• RESPETO/APOIO:

É FÁCIL DEBUXAR UN SORRISO NA CARA, SE TES A ALQUÉN QUE TE RESPETA E TE APOIA O TEU LADO.

AQUÍ ISTO É O DE SEMPRE, SABÉMOLO, E QUEREMOS QUE SIGA ASÍ.

TODOS OS DÍAS SE TRABALLA PARA QUE NOS VALOREMOS, Ó MESMO TEMPO QUE VALORAN O QUE QUEREMOS.

MIMO A POLO SEGUINTE SOBRE. AGORA TOCA O NÚMERO 3. ¿QUEN O TEN?


NO TERCEIRO SOBRE TEMOS:

• SUPERACIÓN:

VOTANDO UN OLLO ATRÁS, É FÁCIL DECATARSE DE TODO O PERCORRIDO QUE CADA UN DE NÓS TEN NAS COSTAS, PERO NON PENSEDES QUE PESA. NON, NON, NON…

PORQUE O QUE LEVAMOS SON MULTITUDE DE RECURSOS E ESTRATEXIAS QUE NOS PERMITEN SER CONSCIENTES DOS NOSOS LOGROS, Ó TEMPO QUE NOS FACILITAN SEGUIR CRECENDO.

CONTINUAMOS, VEÑA MIMO, A POLO SOBRE NÚMERO 4. QUE LEVANTE A MAN QUEN O TEN.

NO CUARTO SOBRE, TEMOS:

• APRENDIZAXE:

NO SAN XEROME PODEMOS ATOPAR AS MELLORES OPORTUNIDADES, PORQUE SE ADAPTAN A NÓS.

TEMOS SORTE DE QUE NOS ENSINEN MOITAS COUSAS, AÍNDA QUE A VERDADE É QUE APRENDEMOS NÓS MESMOS.

APRENDEMOS A APRENDER, E O FACEMOS EN MULTITUDE DE ESPACIOS, EXPERIMENTANDO SENSACIÓNS DE TODO TIPO.

ESTA É UNHA BOA MANEIRA DE AVANZAR E DESARROLLARNOS, ¿NON O CREDES?

VEÑAA, QUE XA FALTA POUCO, MIMO BUSCA ONDE ESTÁ O SOBRE NÚMERO 5. ¿QUEN O TEN?

NO QUINTO SOBRE TEMOS:

• TRABALLO EN EQUIPO:

SE HOXE ESTAMOS AQUÍ, É PORQUE VALORAMOS O QUE FACEMOS TODOS XUNTOS, ISTO SABÉMOLO BEN PORQUE O APLICAMOS TODOS OS DÍAS.

TRABALLAR EN COMPAÑÍA POR UN MESMO OBXETIVO, PERMÍTENOS SENTIRNOS FORTES E CONTENTOS.

DESTE MODO, COMPRENDEMOS QUE OS RETOS MÁIS COMPLICADOS PODEN CONVERTIRSE EN REALIDADE.

E XA POR ÚLTIMO, O SEXTO SOBRE. ¿QUEN O TEN? MIMO A POR EL E TRANQUILO QUE XA TERMINAMOS.

E FINALMENTE O ÚLTIMO SOBRE:

• AMOR, CARIÑO E AMIZADE:

AQUÍ TEMOS A POSIBILIDADE DE COÑECER PERSOAS MOI ESPECIAIS, CON QUEN PODEMOS SER NÓS MESMOS.

A MOITOS PODÉMOSLLE CHAMAR AMIGOS.

NO SAN XEROME ATOPAMOS A CONFIANZA NECESARIA PARA SENTIRNOS A GUSTO QUERIDOS.








CAMPIONATO DE CAMPO A TRAVES CASTRELOS - VIGO


Maite 2ª  e  Amparo 3ª

3 medallas para o San Xerome.



Coa participación de 12 Clubes deportivos de toda Galicia, tivo lugar hoxe mércores 29 de febreiro no Parque de Castrelos de Vigo o Campionato Galego de campo a través, organizado pola Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual (FEGADDI).

Iniciouse o Campionato coas probas adaptadas, nas que Rosa María obtivo o cuarto posto da Categoría de xogo feminina.

Equipo adestradores e Borja 3º medallista

A representación do San Xerome na Categoría de competición, foi sobresaínte: Borja Cadilla foi terceiro na categoría masculina (Fran Carrera, do Club San Rafael é o novo Campión galego); Maite Santos e Amparo Ferreira, segundas e terceiras respectivamente na categoría feminina, na que Sonia García do Club Racing de Chapela conseguiu o primeiro posto.. Javi Vieira, lesionado, acadou un meritorio octavo posto.

Noraboa os integrantes (deportistas e adestradores) da sección de atletismo do Club San Xerome.






O percorrido é moderado a duro, este ano compiten na media marathón: Borja Cadilla Lomba e Luis Antonio Sánchez García.
Esperase unha boa actuación de Borja que este ano encontrase en plena forma, creemos que realizará súa mellor marca persoal.
O resto da expedición participa na caminhada de 4 Km.
Perfil dos 21.097 metros da proba.
 Moita luta e sorte cas lesións. 



Borja Cadilla e Luis Sández, na 14  “Meia Marathona Manuela Machado” de Viana do Castelo.

Nun día espléndido e cun ambiente deportivo extraordinario, disputouse onte a edición número 14  da Meia Maratona Manuela Machado, perfectamente organizada pola entidade deportiva Ciclones Sanitop co apoio da Cámara Municipal de Viana.

         Borja Cadilla  mellorou a sua  mellor marca persoal nesta especialidade (1h. 35 m.) adaptandose  o plan previsto inicialmente polos adestradores. Luis Sández, tivo pequenos problemas fisicos que lle impediron  rendir o seu nivel.
O resto da expedición do Club deportivo San Xerome, un total de 15 deportistas e voluntarios  participaron simultáneamente  na Caminhada  “Todos a andar”  polas ruas da cidade de Viana.
Rematamos esta boa xornada deportiva e de ocio, cunha comida   conxunta no “Estaçao Viana”. 




4 DÍAS DE PRÓRROGA DA VIAXE A FRANCIA DOS ALUMNOS DO IES A SANGRIÑA E DO SAN XEROME, DEBIDO A FOLGA DOS CONTROLADORES AEREOS FRANCESES.


PARTICIPARON EN FRANCIA NUN INTERCAMBIO EUROPEO.


A actividade forma parte do Programa europeo Comenius Regio xunto con duas institucións da rexión norte de Francia (Dunkerque).

Nesta ocasión permaneceron en Francia do 11 ó 22 de xaneiro, 5 alumnos e duas profes do San Xerome xunto con alumnos e profes do IES A Sangriña. Nestes dias desenrolaron un amplo programa con duas institucións francesas (College Boris Vian e Instituto de Dunkerque).

A chegada estaba prevista para o mércores dia 18, pero debido a folga dos controladores aéreos franceses pospúxose ata o domingo 22. As autoridades francesas, facilitaron a estancia destes 4 días “extras”.

O programa incluíu obradoiros, actividades institucionais e visitas guiadas: París (Museo do Louvre, Torre Eiffel…), Nachtegal, Brujas (Bélxica), Dunkerque …

Esta actividade é un claro exemplo de integración, enmarcada dentro dos obxectivos previstos fai anos por un grupo de profesores do IES A Sangriña que compaxinan a sua labor pedagóxica no IES co voluntariado no San Xerome.

A Guarda, 22 de Xaneiro de 2012



CURSO 2011/2012


PARTICIPACIÓN NO  2º TORNEO FUNDACIÓN
 MICHEL SALGADO

O pasado sábado  10 de decembro  participamos na segunda edición do  Torneo Fundación Michel Salgado no pavillón do Berbés en Vigo, xunto cos equipos: Juan XXIII, San Rafael e Praia de Samil.
O noso  equipo ganou o primeiro partido ó Club Juan XXIII de Pontevedra, pero perdemos co Club San Rafael de Vigo e non poidemos acceder a final.  O vencedor absoluto  do Torneo foi finalmente o equipo  San Rafael de Vigo.
Amparo (porteira)  e Borja (goleador),  gañaron  trofeos pola sua destacada  actuación.
Foi un dia intenso xa que ademais da disputa do Torneo, houbo xogos, sorteos, aeróbic, e  un partido de exhibición do Celta Indoor  (ex xogadores do Celta).
Agradecemos a  Fundación Michel Salgado  e a Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual (Fegaddi) a invitación, e os agasallos (sudadeiras e balóns para o Club.

Na fotografía aparecen os veteráns do Celta Indoor.

A seguinte cita  para os deportistas do Club será na  50 edición da Carreira do Pavo en Vigo, na que participarán os nosos  atletas: Borja, Fran, Maite, Amparo, Luis Antonio e Javi. Será o domingo  18 de decembro polas ruas de Vigo.

Un saúdo
Carlos





EXPOSICIÓN  DO OBRADOIRO DE  FOTOGRAFÍA  DO PROXECTO COMENIUS REGIO


O obradoiro iniciouse  o pasado mes de outubro, e  nel participan un total de 15 alumnos  dos  diferentes Centros do Baixo Miño  participantes no Proxecto europeo Comenius Regio.
1.    “Asociación Avelaíña” (axuda a persoas con problemas de saúde mental)  
2.    “Asociación San Xerome Emiliani” (atención a persoas con discapacidade intelectual)
3.    “CEIP A Sangriña” (Colexio de primaria)
4.    “IES A Sangriña” (Instituto de Secundaria, Bacharelato e Ciclos formativos)

O longo das 12 sesións que durou o Obradoiro,  a especialista Inés Montenegro traballou  aspectos como:    explicacións teróricas, visionado de imaxes, técnicas fotográficas ,  de cara a  sacar o maior proveito posible a cámara,  ter en conta a  luz e a cor, a contar unha historia a través da fotografía, a reflexionar antes  de premer o disparador …
A exposición “Capacidade/Discapacidade” , resultado deste obradoiro, poderá visitarse na Casa dos Alonso  (Praza do Reló de A Guarda), a partir do sábado  dia 3, ata o  10 de decembro,  no seguinte horario:  mañás de 11,30 a 13 h. Tardes de 17,30 a 20 h.  O sábado e os dias 6 e 8 de decembro  (festivos), horario só de mañá: 11,30 – 13 h.
Colabora o Concello de A Guarda.
Inés Montenegro  é fotógrafa oficial da ONG “Imagen en acción”. Ten impartido obradoiros de fotografía e formación fotográfica en varios centros educativos. As suas fotografías poden verse na sua web: http://www.inesmontenegro.com/



O EQUIPO FEMININO DE BALONCESTO, CAMPIÓN GALEGO DA CATEGORÍA ADAPTADA.

A "Liga galega de baloncesto femenino" celebrouse  en O Porriño, organizado pola Federación galega de deporte para persoas con discapacidade intelectual (Fegadi).

Despois da celebración o longo do ano 2011  das 3 xornadas deportivas, onte mércores dia 23 de novembro o equipo feminino da  categoría adaptada  proclamouse campión galego.

Nesta terceira xornada, disputada no Pavillón de O Porriño , o  club do Baixo Miño derrotou con claridade  os equipos Aspanaex  e Méndez Núñez de Vigo.

O remate da xornada, o  alcalde do Porriño Nelson Santos, fixo entrega as flamantes campionas do trofeo e as medallas  individuais correspondentes.

Noraboa as deportistas, Paula, Jenifer, Amparo, Rosalía, María, Maite e  Nuria; e graciñas o grupo de  adestradores voluntarios  polo seu incansable traballo dos martes e sábado.

A próxima cita do Club  será para os deportistas de fútbol sala o  sábado 10 de decembro no Pavillón do Berbés de Vigo, no Torneo  organizado pola Fundación Michel Salgado




As fotografias, do equipo de baloncesto  femenino do San Xerome,  corresponden  a xornada de onte celebrada no Pavillón Municipal do Porriño.


Un saúdo
Carlos





XEROCK E THE RUNAWAYS, NO IES A SANGRIÑA COMO  DESPEDIDA DO PROXECTO EUROPEO “DEMOCRACIA PARTICIPATIVA”

O vindeiro venres 25 de novembro o centro San Xerome Emiliani en colaboración co Instituto da Sangriña vai celebrar o derradeiro acto do proxecto de democracia participativa que comenzou o pasado 1 de decembro do 2010.
Este acto consiste en un concerto do grupo XEROCK do centro San Xerome Emiliani e o grupo Runaways composto por xóvenes de A Guarda.  Con este concerto pretendemos celebrar un encontro da xuventude guardesa na que se coñeza cal foi o itinerario pola democracia levado por un grupo de oito xóvenes do Centro San Xerome Emiliani e Avelaiña e por outros oito xóvenes de Vilafranca de Xira en Portugal. Pretendemos dar a coñecer tamén que Europa non é so unha entidade política económica senón que dende programas como o de Juventud en Acción tamén apoia iniciativas de xóvenes en aras da súa participación, formación e achegamento  hacia a democracia. A música sempre está unida á xuventude e con este concerto e a golpe de Rock  pretendemos achegar á Unión Europea ós xóvenes de A Guarda.
O concerto terá lugar ás 12:30 no Salón de Actos do Instituto de A Sangriña.
Durante a actividade imos  proxectar algúns dos momentos que protagonizaron o grupo de Democracia Participativa no seu itinerario pola democracia, dende a visita ó Concello da Guarda, á Xunta de Galicia, ó Ministerio de Sanidad Política Social e de Igualdade hasta chegar á Comisión Europea en Bruselas, pasando polos Parlamentos, autonómico, nacional e o europeo. Toda esta viaxe remata compartindo eses momentos cos nosos compañeiros e compañeiras coa  banda sonora de fondo dos músicos de Xerock e The Runaways.





Foto: Victor Fuggetto.

TALLER DE MUSICOTERAPIA: A INCLUSIÓN SOCIAL TEN RITMO
 


Actividades 19/11/2011  no San Xerome, dentro do Programa europeo Juventud en acción – Democracia participativa (San Xerome A Guarda – Cercipóvoa Lisboa)

Decir que onte mesmo remataba outra  actividade “europea”, pero neste caso no marco do Proxecto “Comenius Regio” : A Guarda (IES A Sangriña – Ceip A Sangriña- Avelaiña – San Xerome) Dunquerque – Francia : (College  Boris Vian – Institut  Vancauwenbergue)

A fotografía corresponde   a  recente visita a Comisión europea en Bruxelas do grupo galego portugués dentro do  primeiro dos programas (Juventud en acción – Democracia participativa).

Un saúdo
Xosé Carlos G. Blanco



PROXECTO EUROPEO COMENIUS REGIO

O próximo venres 18 de novembro, terá lugar nas instalacións do Centro San Xerome Emiliani de A Guarda, un taller de musicoterapia no que participarán usuarios das Asociacións Avelaíña e San Xerome Emiliani, e alumnos dos Centros de ensino público CEIP A Sangriña e IESP A Sangriña, dentro do marco do programa europeo comenius-regio.


O taller será impartido por Víctor Fuggetto, musicoterapeuta do Centro San Xerome Emiliani, e consistirá na composición dun tema musical, para ser grabado posteriormente nun estudio de grabación profesional, neste caso nos Estudios Baixo Miño de Eiras, en O Rosal, gracias á colaboración de Miguel De La Peña.

O comenius regio é un programa europeo que se leva a cabo entre diferentes socios de dúas rexións europeas. Neste caso: Baixo Miño e a Région Nord Pas-de-Calais (Francia).

O proxecto denomínase:

Os Programas Europeos como motor de inclusión social de discapacitados intelectuais e enfermos mentais.

Dentro de cada rexión traballan conxuntamente varias asociacións que son supervisadas e xestionadas por unha entidade municipal ou educativa.

Nesta rexión o proxecto está xestionados por la Delegación Provincial de Educación de Pontevedra e formamos parte da asociación:

1. “Asociación Avelaíña” (axuda a persoas con problemas de saúde mental)

2. “Asociación San Xerome Emiliani” (atención a persoas con discapacidade intelectual)

3. “CEIP A Sangriña” (Colexio de primaria)

4. “IES A Sangriña” (Instituto de Secundaria, Bacharelato e Ciclos formativos)

Os socios franceses están supervisados polo Concello de Zuydcoote (Dunquerque) e traballan dúas asociacións:

1. “Collège Boris Vian”

2. “Institut Vancauwenbergue” (centro composto por: Centro de Rehabilitación Física; Casa de Acollida Especializada e Sevizo de Educación e de Asistencia Médica Especializada a Domicilio).

O proxecto ten unha duración total de 2 anos, ó longo dos cuais débense traballar de forma paralela unha serie de actividades, que organizaran as asociacións indistintamente, e nas que deben participar tódo-los socios de cada rexión : excursións (senderismo, rafting, carreiras de orientación, rapel, piragüísmo...); talleres de fotografía; talleres de música (musicocretividad, musicoterapia, percusión...); de cerámica; celebracións populares (Samaín, Magosto...); actividades relacionadas co medio ambiente, etc.

Ó cabo do primeiro ano farase balance de resultado entre as dúas rexións e en función déstes se programarán as actividades do segundo ano.

Foto: Víctor  Fuggetto.

Educación e de Asistencia Médica Especializada a Domicilio).


O proxecto ten unha duración total de 2 anos, ó longo dos cuais débense traballar de forma paralela unha serie de actividades, que organizaran as asociacións indistintamente, e nas que deben participar tódo-los socios de cada rexión: excursións (senderismo, rafting, carreiras de orientación, rapel, piragüísmo...); talleres de fotografía; talleres de música (musicocretividad, musicoterapia, percusión...); de cerámica; celebracións populares (Samaín, Magosto...); actividades relacionadas co medio ambiente, etc.


Ó cabo do primeiro ano farase balance de resultado entre as dúas rexións e en función déstes se programarán as actividades do segundo ano.


Un saúdo
Xosé Carlos G. Blanco.



FESTIVAL DANZA E TEATRO



O 19 de novembro 2011, ás 19:30 h. no Teatro Municipal de Tui, sito na Área Panorámica terá lugar un Festival no que participarán alumnas/os da Escola de Danza Paula Cobián, que representarán ás obras "Alicia no País das Maravillas" e "Bach"; e a Compañía de Teatro "Xeratrium", do Centro San Xerome, que porá en escea á obra "Saturday Nigth".

O prezo das entradas é de tan soio 1 euro, e poderán mercarse na entrada do Teatro, a partires das 18:00 h.

O evento - de carácter benéfico - está orgaizado pola ANPA Joaquina Otero, do Centro San Xerome Emiliani

Un saúdo
Xosé Carlos G. Blanco


CURSO 2010/2011

Unha hora de música do grupo XEROK de A Guarda en O Rosal no local J&J.


















ACTIVIDADES DE VERAN 2011

6 – 29 de xullo: participación nas actividades de voluntariado do Concello da Guarda


8 – 10 xullo: primeiro turno de campamento do CEDI no albergue O Aguncheiro (Mougás)

8 de xullo: Concerto de Xerock no Pub JJ do Rosal

12-13-14-15-16-17 de xullo : Mercado Solidario en Baiona

23 de xullo: VIII Andaina Tudense a beneficio do San Xerome, coa participación da ANPA

24 de xullo: Concerto de Xerock e posto informativo do San Xerome, nas actividades do Dia da Mocidade na Guarda

29 xullo – 12 agosto: Mercado Solidario no Porto de A Guarda

Xullo: reforma e reestructuración da Tenda de ventas Atalaia

Xullo/Agosto: obras de reforma no tellado das aulas das Unidades educativas, co donativo de D. Rafael Sobrino Vicente legado no seu testamento.




Debuxo da camiseta, venta na tenda do colexio

Un saúdo

Carlos González Blanco


UN PERCORRIDO POLAS INSTITUCIÓNS DEMOCRATICAS. PRÓXIMA ESTACIÓN: BRUXELAS.

 Grupo do San Xerome no  Congreso dos deputados, Madrid.
Un grupo de dezaseis xóvenes (8 deles do Centro San Xerome), de Galicia e Portugal iniciaron no mes de xaneiro un percorrido polas distintas institucións democráticas que os levaron dende o seu municipio, pasando polas institucións autonómica, nacionais e cun destino final: Bruxelas. O vindeiro luns dia 20 de xuño o grupo ten unha reunión ó mais alto nivel con representantes da Comisión Europea que atenden os asuntos específicos da discapacidade. A saída será o domingo 19, e o regreso o martes 21 de xuño.
Este proxecto está subvencionado pola Unión Europea dentro do programa Juventud en Acción. Gracias a este financiamento o grupo de xóvenes pode coñecer persoalmente as institucións que nos representan e que se encargan das cuestións directamente relacionadas coas súas necesidades.
Estes encontros teñen a forma de reunión de traballo cos representantes das entidades. No concello da Guarda tiveron unha reunión co Alcalde, a Concelleira de Benestar Social, os compañeiros de Portugal tiveron a mesma reunión na súa cámara municipal. En Santiago de Compostela tivemos un encontro de traballo na dirección Xeral de Discapacidade. En Madrid a nosa derradeira visita ata o de agora continuou coa tónica de atoparnos persoalmente cos representantes da institución neste caso con D. Jacobo Martín Fernández Subdirector General de Coordinación y Ordenación da Dirección General de Coordinacion de Políticas sectoriales sobre la discapacidad. De forma paralela os compañeiros de Portugal establecen os mesmos encontros cos representantes das entidades do seu país.
A próxima reunión en Bruxelas é moi importante para o grupo porque é a primeira e única na que estaremos todos xuntos xa que a Unión Europea é o órgano de goberno que nos unifica a todos. Esta reunión na Comisión Europea ten un programa moi completo, por un lado seremos informados do funcionamento da Comisión Europea e nunha segunda parte recibiranos Dna. Inma PLACENCIA da Unidad "Derechos de las personas con discapacidad" Direccion General de Justicia de la Comisión Europea.
Nesta actividade consideramos que estamos recibindo unha aprendizaxe sobre as nosas institucións pero tamén que as institucións se quedan con algo noso, xa que non é habitual ter esta interlocución directa dos funcionarios ou representantes políticos coas persoas para as que traballan. Esto non o decimos nós senon que nolo transmiten as persoas coas que nos reunimos unha vez rematado o encontro. Para os participantes no proxecto estas viaxes e estas reunións lle permite ter un encontro sin intermediarios nin representantes, son eles mesmos os que fan as preguntas e a eles a quen se lle responde. O crecemento persoal neste sentido está a ser moi valorado por todos e todas.
O percorrido continúa cunha segunda rolda de encontros nos mesmos estamentos onde despois de coñecer o seu funcionamento pasaremos a plantexar as nosas propias propostas.
Para mais información poden consultar o blog do grupo http://democracia.sanxerome.com/, ou 699732986 (Débora Baz).

Un saúdo
Carlos González Blanco


MURCIA 2011. Destacada actuación da Selección galega.

Ouro en Atletismo e prata en Baloncesto, con presencia de deportistas do San Xerome
Este fin de semana tivo lugar en Murcia o Campionato de España de seleccións autonómicas , a expedición galega estivo composta por 40 deportistas e 15 técnicos da Federación, nas especialidades de: atletismo masculino e feminino, fútbol sala masculino, baloncesto masculino e feminino, e natación masculina e feminina. O San Xerome estivo representado por 1 técnico e 10 deportistas (fútbol sala, atletismo masculino e baloncesto feminino)
A competición estivo organizada pola FEDDI (Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual)
O equipo masculino de atletismo onde a destacada actuación de Borja Cadilla nas probas de fondo, e as puntuación obtidas polo resto de compañeiros (3 do Club San Rafael, 1 do R. Chapela, 1 de Juan XXIII, e 1 de Aspanaex) fixeron posible acadar o primeiro posto.
O equipo de baloncesto feminino, formado por 1 técnico (David Parada), e 5 deportistas do noso Club (Amparo, Rosalía, Vanesa, Maite Barros e Maite Santos), Ana Belén de Aspanaex e Begoña do R. de Chapela, fixeron unha espectacular competición, acadando o segundo posto. Perderon tan so a final contra a Selección de Castela a Mancha.
Remata así con este boa noticia a tempada deportiva, que se reiniciará no mes de setembro.
Noraboa a deportistas e adestradores VOLUNTARIOS pola excelente campaña.
Carlos González Blanco


INFORMACIÓN SAN XEROME

DEPORTE.
Este fin de semana(10,11 e 12 de xuño), 10 deportistas do noso Club: Borja (Atletismo), Dani, David e Pablo (Fútbol sala), Vanesa, Maite Barros, Maite Santos, Amparo e Rosalía (Baloncesto) xunto co adestrador David Parada, defenderán a Selección galega no Campionato de España de seleccións autonómicas.

Esta será a última actividade deportiva desta tempada, despois da participación o pasado domingo dia 5 de xuño , na III Carreira popular de Amorín (Carreira pola integración), na que participaron 7 atletas do noso Club, e na que Amparo foi segunda na sua categoría; e na celebración o mércores dia 8 de xuño, do fin de tempada coa habitual actividade de piragüismo no Tamuxe xunto con voluntarios do IES A Sangriña e do noso Centro e na que participaron non só deportistas senon tamén usuarios dos 3 sectores do Centro. A actividade foi gratuita gracias a xestión dos profes do IES A Sangriña, Amalio, Alberto, Bea … Graciñas!

Carreira de Amorín donde aparecen os nosos deportistas no podium coa Alcaldesa de Tomiño (fotografía facilitada pola organización da carreira)



ELABORACIÓN DO PLAN ESTRATÉXICO DO CENTRO SAN XEROME

PLAN ESTRATÉXICO DA ASOCIACIÓN SAN XEROME EMILIANI (2012-2015)



(David Pereiro – Algalia)

Qué e un plan estratéxico?

O plan estratéxico é “un mapa” onde San Xerome vai a describir como está agora, como quere estar dentro de catro anos, e sobre todo, como vai facer para chegar alí.

Para iso vai pensar con calma a resposta a algunhas preguntas: que é o que teño que facer como organización? Que me esta axudando o dificultando facer o que teño que facer? Xa que non podo facer todo á vez, que é o que vou facer nestes catro anos? Como teño que facer para conseguilo?

Quen o está a facer?

O noso mapa o estamos facendo entre todas as persoas de San Xerome: familias, usuarios, profesionais, colaboradores, voluntarios... Depende de todas que cheguemos a ser o que queiramos ser no futuro.

Hai un pequeno grupo de 14 persoas que se chama Comisión, que se reune case cada mes e que vai xuntarse 7 veces, que é o encargado de recoller e realizar propostas.

Tamén hai máis grupos de traballo, os que se chaman Grupos de participación. Estes van contrastar o que fagan os da Comisión. Hai un Grupo de participación por Centro: Colexio, Centro de día, Área laboral.

Como se está a facer?

As persoas que están a traballar no “mapa” teñen que pensar, falar entre sí, acordar, ter imaxinación, pensar en todas as persoas de San Xerome e nas que non pode atender... Todas as contribucións constructivas son útiles.

Para facilitar este traballo, San Xerome conta coa axuda dunha persoa de fóra con experiencia nestes procesos. É unha persoa de Algalia.

Para cando vai a estar?

Empezamos en marzo de 2011, presentando o que íamos facer aos profesionais de San Xerome e preguntándolle aos usuarios que é o que queren para o seu futuro.

Agora estamos traballando intensamente. Pararemos no verán e seguiremos en setembro. Para febreiro de 2012 todo ten que estar rematado e a Asamblea de San Xerome poderá aprobar o Plan estratéxico.

Como podo participar?

Preguntando que se está facer, facendo suxestións... e sobre todo, participando nos Grupos de participación cando se convoquen.

Para que nos vai servir?

Queremos que o plan sexa unha ferramenta que axude aos que dirixen a organización (asemblea e xunta directiva) a orientar o futuro de San Xerome e que poidamos seguir, por moitos anos, axudando a que a vida das persoas con discapacidade intelectual e as súa famlias sexa mellor.

Debuxo ilustrativo da actividade
 de Amparo Ferreira.

A Guarda a 09/06/2011
José Carlos González Blanco



ACTIVIDADE NO RÍO TAMUXE 2011/06/07

Subindo o Tamuxe
Quique, Borja, Maite e Francisco

Arribada dos kayaks

Dentro das actividades anuais do San Xerome e organizado por o colexio, IES A Sangriña polos profes:Alberto, Bea Amalio, coa colaboración da empresa verde azul, uns trinta alumnos e monitores do San Xerome deron un paseo en kayaks.

O día foi fermoso con voa temperatura e vento algo fodón, os alumnos puideron sentir a auga, vento que vinha fresco do mar e a tranquilidade das augas do Minho e Tamuxe así como as fermosas paisaxes, areais, peixes etc.
No inicio da marcha a marea estaba baixa e deron un paseo atravesando a ponte do Tamuxe cara o río Minho, unha vez comenzou a subir a marea tomaron rumbo para as Acenhas axudados levemente ca forza da subida da marea.
No remate da travesía os participantes comentaban os inconvintes que tiveron durante a travesía, estando un poco cansos polo paleo, incomodidade dentro do kayaks etc., pero todos estaban moi ledos de pasar a tarde disfrutando do río.
José Antonio González Morais,



La visita se enmarca dentro del proyecto Tecnologías Especiales para Personas Especiales, cofinanciado por la FECYT (Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología)


Al final del proyecto, GRADIANT habrá visitado centros de educación especial en todas las provincias gallegas
Esta mañana, treinta alumnos del centro de educación especial San Xerome Emiliani y sus profesores y cuidadores recibieron la visita de 10 técnicos de GRADIANT, incluyendo a Fernando Pérez, director general y Luis A. Álvarez Sestelo, gerente.
Esta visita se enmarca dentro del proyecto, confinanciado por la FECYT, Tecnologías Especiales para Personas Especiales, que trata de acercar las nuevas tecnologías AAL a los centros de educación especial. Estas tecnologías se les presentan a profesores y alumnos a través de diferentes y sencillos juegos, de forma que los alumnos se atreven a probar tecnologías que nunca antes habían usado.
Es el colectivo de personas con necesidades especiales el que mayor partido puede sacar de estas innovaciones: videoconsolas sin mando, que obedecen a los gestos, un ratón que se maneja con sólo una mirada, juegos que se manejan con la mente... son sólo algunos ejemplos de las tecnologías que pueden ayudar a estos alumnos a entrar en contacto con diferentes interfaces que pueden facilitar sus procesos de aprendizaje, su vida diaria y su ocio.
Durante estas visitas, no sólo los alumnos aprenden, si no que los ingenieros investigadores pueden observar las barreras, en muchos casos físicas, con las que se encuentran estas personas en su día a día y cuando intentan acceder tecnologías, que, precisamente a ellos, podrían mejorar su calidad de vida.


GRADIANT volvió a contar con la colaboración de iQUBE y InfoJC.


La próxima semana, GRADIANT visitará el centro de educación especial de Vilagarcía de Arousa, cerrando así este ciclo de visitas tan enriquecedor todos los implicados.


A Guarda 03/06/2011



MARIA F. GARCIA ORDUNA, DO CLUB SAN XEROME, CAMPIONA DE ESPAÑA DE LANZAMENTO DE DISCO E XAVALINA
Mª Fernanda
O campionato tivo lugar este fin de semana nas Pistas do Complexo deportivo Bahía Sur de San Fernando (Cádiz), organizado pola Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual (FEDDI).

Participaron un total de 51 Clubes e 291 atletas de todo o estado español. San Rafael, Chapela e Aspanaex (Vigo), e o San Xerome (A Guarda) foron os Clubes que representaron a Galicia.

O atletas do Baixo Miño, tiveron unha destacada actuación tanto na categoría de competición (Luis, Borja, Javi, Amparo e María ), como na categoría adaptada (Maite e Francisco).

Importantísimas as duas medallas de ouro acadadas pola atleta residente en San Miguel de Tabagón (O Rosal), María F. García Orduna, nas especialidades de lanzamento de disco e xavalina. Completando a sua boa actuación cun meritorio 5º posto en lanzamento de peso.

Excelentes os resultados e impresionante o traballo desenrolado polos adestradores voluntarios ó longo desta tempada; nun ano no que o noso Club, ó igual que moitos outros, sufriu as consecuencias da críses con importantes recortes nas subvención oficiais. De feito, a viaxe a Cádiz foi costeada integramente polos deportistas e as suas familias.
MªFernanda e Maite

A Guarda a 31 de maio 2011
José Carlos Glez. Blanco



GRADIANT VISITARÁ O XOVES O CENTRO SAN XEROME EMILIANI (A GUARDA)



A actividade está enmarcada no proxecto “Tecnologías Especiales para Personas Especiales”, que cofinancia a FECYT (Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía).

Con estas visitas, GRADIANT trata de acerca-las novas tecnoloxías AAL a un dos colectivos que máis partido pode sacarlles e que ó mesmo tempo estivo tradicionalmente alexado das innovaciones técnicas. Neste caso, as tecnoloxías presentanse ós alumnos e ós docentes a través de sencillos e divertidos xogos (mover unha pelota coa mente, xogar co ordenador manexando o rato cos ollos ou a nariz…).

A visita terá lugar o próximo xoves día 2 de xuño a partir das 10.00 h da mañá e ata as 13.00 h.

Se están interesados en acompañarnos á visita ou quere máis información, por favor, póñase en contacto con nós a través do correo electrónico lparcero@gradiant.org ou do Tfno. 618 649 289 (Leonor Parcero).

Para máis información e imáxenes de outras visitas, consulte

 http://divulgacion.gradiant.org/

A Guarda 31 de maio 2011
José Carlos Glez. Blanco



ASCENSO A TREVINCA

O Venres día 20 as tres da tarde, dende A Guarda partimos cara Ourense, concretamente para aldea Vilanova de Trevinca (1.230 m) no concello de A Veiga, actividade organizada polo colexio San Xerome con motivo da celebración dos distintos eventos do 30 aniversario da súa posta en funcionamento.

Chegada a casa rural O Trisquel, retirda das cousas persoais.

Esperando para cear.

Despois do tranquilo viaxe estando no pobo de Vilanova, e na casa rural O Trisquel fomos recibidos con unha gran atención e amabilidade, demos unha rápida visita polo pobo para facer tempo antes de cear quedando moi contentos con a arte gastronómica que nos preparou Cholo e Marcos, unha vez rematada a cea recibimos as normas, consellos para o día siguiente do noso guía Roberto Miranda. Todos fomos a durmir na Folepa dos montanheiros Celtas.


Albergue A FOLEPA

Sábado despois do almorzo, todos a andar, na saída recibimos o ánimo e os sabios consellos de Cholo para realizar a ascensión ao monte con unha altitude de 2.127 m. Como recordo Marcos sacounos unha foto.

Poli,Sonia,Pepe,Isaac,Vanesa,Bruno,Laura,Roberto,David,Amparo,Ramón, Ciano,Borja,Luis,Francisco,Morais,Cholo e Maite

Partimos as 8 da manhan, e os trece Km de ascensión fixémolos a ritmo lento e constante, vimos as diferentes clases de arbustos, xestas brancas, moitos e diferentes escaravellos, bolboretas, serpes, corzos...etc o primeiro grupo chegou ao monte Maluro en 1h 44´ (Laura, Pepe,Bruno,J.Ramón,Amparo,Borja,Morais esta parte faise por unha pista forestal), e nos reagrupamos pasando este a 1h 51´. Roberto aconsella que caminhemos mais atentos porque entramos na zona mais bonita pero mais perigosa xa que estamos na auténtica montanha e debemos caminhar con moita atención e prudencia. Dende aquí toma a cabeceira Borja e con paso de tartaruga nos reagrupamos moi preto do Lomo Rencín descansando uns 5´ aproximadamente.
Borja sacando fotos.

Reiniciada a marcha chegamos ao Lomo Rencin as 3h e a 49´, e no alto de Pena Trevinca en 4h e 15´o resto da expedición en 4h e 30´, todo un éxito da expedición do Xerome.
Subindo en grupo Amparo en primeiro plano.

Na subida en fila como espertos montanheiros:
Borja,Poli,Amparo,Pepe,Ramón,David,Bruno,Luis,Laura,Maite,Francisco,Sonia,Vanesa,Isaac,Ciano, Roberto.

Na cume atopámonos con un grupo de montanheiros que chegaron antes, realizaron outra ruta e que nos contaron que facían a subida tódolos anos de distintos lugares, nos agasallaron con queixo da súa zoa.

Na cima repondo forzas e pondose ao solleiro: Ciano, Laura, Luis, David,Roberto,Sonia e Amparo
Grupo na cima Trevinca, a esquerda tubo de inox para deixar algún comentario

Un pouco mais tarde chegou outra expedición de corredores de montanha da nacionalidade Portuguesa. A nosa expedición chegou cansa, comemos tranquilamente, sacamos unhas fotos, charlamos, ollamos as vistas impresionantes e ante os vaticinios dos veteranos montanheiros que nos alertaron de que sobre as 6 da tarde teríamos unha tormenta, Roberto nos di que temos que partir.

Descenso de Trevica Luis en primeiro plano

Na baixada cruzámonos con outra expedición de montanheiros que estaba moi preto de alcanzar a cima Trevinca. (Tamén estaban aloxados na casa rural O Trisquel).

A baixada foi expetacular , na base do pico Lomo Rencín estábanos en 1h. 09´, quedando a expedición fraccionada en dous grupos, chegando ao Malouro en 1h. 28´, chegamos A Veiga (casa rural O Trisquel en 2 h. 37´).

Na expedición Poli fixo a baixada como un lóstrego visto e non visto.
O 1º grupo estaba composto por:Ciano,Laura,Amparo,Ramón,Luis,Pepe e Morais

Despois de facer uns estiramentos rápidos nos duchamos tipo mili, descansamos esperando polo resto de companheiros que remataron a baixada en 4 horas.

CHAPÓ.

Toda unha xornada de cultura e deporte aeróbico na natureza da comunidade de Ourense, sabiamente dirixida por Roberto Miranda.

Partimos rapidamente para A Guarda xa que comezou a chover, e de súpeto a caer bolas xeadas quedando a estrada completamente branca, cambiando a temperatura drasticamente de 17º a 7º, transcorridos 15´ estábamos a 26º, efectos da situación xeográfica e metereoloxícos.

Lamentamos non poder despedirnos tranquilamente de Cholo e sacar unha foto de despedida pero estou seguro que outro ano será posible.

Como proposta direi que tódolos galegos unha vez na súa vida terían que subir ata Pena Trevinca, por súas vistas, fauna, ornitoloxía, por ser a cume mais alta do nosa terra, que os políticos se preocupen do rural e non dean as costas como ata agora estamos en tempos de mudar.

CONCLUSIÓN:

Un 10 para o Albergue ou casa rural O Trisquel.

Un 10 para Roberto Miranda por ter moi ben estudada a ruta.

Un 10 para os alumnos do colexio San Xerome, polo comportamento, luta e solidariedade.

Un 10 para o Concello de Tominho por patrocinar este evento cultural e deportivo.

Tódolos retos son posibles, paso a paso e con luta día a día é posible acadalos.

Asd. José Ant. González Morais.

CRONICA DE ROBERTO MIRANDA
DA ASCENSIÓN A PENA TREVINCA 21 MARZO 2011 


O San Xerome, representado por 17 persoas (usuarios, voluntarios, familias …) acada a cima de Galicia o 21 de marzo de 2011, coa colaboración do Concello de Tomiño.
Eran sobre ás 12:30h da mañá cando o grupo chegou ó punto mais alto de Galicia (…e de Zamora) logo de camiñar 4 horas e media.
Todo empezaba o día anterior, venres, cando as 15:00h saimos en dirección a Vilanova (A Veiga) a onde chegamos pouco antes das 19:00h. Alí instalámonos e aínda tivemos tempo de facer unha pequena visita a esta aldea de montaña situada a 1.230m antes da cea, que sería ás 21:00h.
Despois de cear a conversa distendida levounos a facer pronósticos sobre cantos de nós seríamos quen de chegar o cume, mentres Cholo, o dono do Trisquel, nos recordaba “se chegades, ben, e se non chegades, ben tamén, disfrutade do camiño”. Pouco despois da medianoite xa estabamos todos no refuxio metidos no saco de dormir.
Ás 06:30h do día 21 comeza o movemento no refuxio, levantámonos, preparamos a mochila e dispómonos a desaiunar. Comezamos a andar, son as 08:00h.
A primeira parte da ruta consta da subida ata o Maluro (1.934m) a onde chegamos sobre as 10:00h e facemos a primeira parada, bebemos e comemos algo mentras contemplamos, dende este punto, practicamente todo o recorrido que nos queda, con Pena Trevinca ó fondo. Parece perto pero aínda queda que camiñar…
Despois ben o Crestón de Lombo Rencín onde tamén nos detemos para admirar a beleza do Foxo Castaño e a imponente parece NW de Pena Negra. Levamos 4 horas camiñando, o noso obxectivo case se toca coa man..
As gañas de chegar e a proximidade do cume fixo que o grupo se estirase, os primeiros chegan rápido o e ás 12:30h xa estábamos todos disfrutando da panorámica que ofrece esta cima sobre as bisbarras Cabrera, Sanabria e Valdeorras, dispostos a xantar no teito da nación de Breogán, alí onde Galicia está mais perto do ceo. O descenso foi máis rápido, pero en total nada máis nin nada menos que 8 horiñas de andaina!
O desexo e a ilusión por conseguir este reto e o traballo en equipo foron as claves para conseguir o noso propósito. Disfrutamos dunha xornada de deporte e natureza nun marco incomparable.

Roberto Miranda Verísimo (Responsable técnico da actividade)

10 medallas para o San Xerome no galego de atletismo.



Borja e Roberto antes da saída de 400 m.l.

10 deportistas do Club San Xerome , participaron onte dia 18 no Campionato galego de atletismo celebrado en Vilagarcía . Extraordinarios resultados, froito dun intenso traballo dos deportistas e dos seus adestradores (non tiveron vacacións nin de Nadal, nin de Semana Santa …). Un total de 10 medallas viñeron para A Guarda:

BORJA: 1º 400 ml / 2º 3000 ml (Competición)
LUIS: 2º 800 ml / 6º 1500 ml (Competición)

JAVI: 6º 800 ml / 5º 1500 ml (Competición)

AMPARO: 1ª 1500 ml / 2ª 3000 ml (Competición)
MAITE: 2ª 400 ml / 3ª 800 ml (Competición)
MARIA F. : 3ª Peso (Competición)
FRAN: 3º 800 ml (Adaptada)
ROSA MARÍA: 1ª Peso (Xogo)

Noraboa tamén para Fabián e Raquel polo seu esforzo aínda que nesta ocasión non obtiveron medalla.

• Máis deporte. 7 atletas do noso Club (Borja, Luis, Javi, Amparo, Maite, María F. e Fran) participarán no Campionato de España de atletismo que terá lugar en San Fernando (Cádiz) os dias 27 e 28 de maio. Asimesmo, 6 compoñentes do noso equipo de baloncesto, 3 do de fútbol sala e 1 atleta representarán a Selección galega no Campionato de España de seleccións autonómicas que terá lugar en xuño na cidade de Murcia.
A Guarda 19 de maio 2011
Carlos González Blanco


NOTICIAS BREVES


Unha viaxe polos acontecementos das últimas semanas e as novidades dos próximos dias
• Asamblea xeral de socios. Aprobaronse as contas cun saldo favorable de 900 € , sendo os gastos anuais de 1 millón seiscentos mil € , nunha entidade da que dependen 120 usuarios e máis de 60 traballadores. Os presentes ratificaron a Xunta Directiva presidida por Asunción Dacuña Pacheco e manifestaron o apoio a sua xestión.

• ANPA. A Asociación de nais e pais Joaquina de Otero do Centro San Xerome, presentou na citada Asamblea os seus proxectos, marcados pola celebración do 30 aniversario do Centro. Destacamos a entrevista co Delegado de transportes da Xunta para falar do transporte dos alumnos en idade escolar, e a reunión con outras entidades para tratar de xestionar un Programa de respiro familiar na zona sur de Galicia. No terreo festivo, no mes de xuño haberá unha viaxe a Bracalandia, e no mes de xullo un festival de humor e música. Informaron ademáis da aportación da cantidade de 400 € a cada un dos sectores de atención do Centro (CEDI, Educativas e Prelaboral) para a realización de actividade de ocio de fin de curso (campamentos, etc) .

• O San Xerome no teito de Galicia. Nesta ocasión imos celebrar os 30 anos do Centro, cun reto lúdico – deportivo. Trátase da subida camiñando dende A Veiga (Ourense) ata Peña Trevinca (punto máis elevado da xeografía galega), alí colocaremos a bandeira do noso Centro o sábado 21 de maio. Na actividade participará un grupo de 18 aventureiros (usuarios, voluntarios …), coordinados polo especialista Roberto Miranda, e co patrocinio económico do Concello de Tomiño.

• Hortiña ecopedagóxica. A pasada semana inaugurouse na Quinta das Mercedes da Gándara, coa presencia de alumnos de tódolos sectores, a Hortiña ecopedagóxica. Un proxecto do Sector prelaboral que recén despega, e do que moi pronto veremos os seus froitos (leitugas, tomates …) a venda na nosa Tenda (Rua Galicia).
Foto: arquivo San Xerome


• Colaboración co Club de remo Robaleira. Gracias a este acordo hai posibilidades de que o incio da próxima temporada remeiros con discapacidade esten presentes nas citas do calendario competitivo. Nos próximos dias farase a selección dos candidatos para iniciar a sua preparación no mes de setembro.

• Máis deporte. Na Liga galega galega de fútbol sala e na máxima categoría de competición, despois da celebración da segunda xornada, ocupamos o segundo posto a 3 puntos do R. Chapela. En Atletismo, 10 deportistas do noso Club participarán no Campionato galego en Vilagarcía, e 7 o farán no Campionato de España que terá lugar en San Fernando (Cádiz). Asimismo, 6 compoñentes do noso equipo de baloncesto, 3 do de fútbol sala e 1 atleta representarán a Selección galega no Campionato de España de seleccións autonómicas que terá lugar en xuño na cidade de Murcia.



No auditorio de Goian o día 17 de abril 2011, celebrouse o festival ANPA SAN XEROME, actividade dentro do calendario para a celebrar o 30 aniversario do colexio 1981 – 2011. Con un auditorio repleto de público, e unha magnifica organización os asistentes agasallaron con aplausos as actuacións do grupo de pandereteiras ORBALLO do concello de O Rosal, que cantaron seis cantigas galegas mais a propina. De seguido actuaron os cómicos OS CAMPELOS de O Rosal, con catro partes diferenciadas, Na praia – No médico – No traballo e actuación musical. Rematou o acto con tódolos artistas sobre o escenario coa intervención da portentosa voz de Carlos, a organización fixo entrega de agasallos como recordo e sorteouse unha TV LCD sendo o nº premisado 2344.

Grupo das pandereteiras Orballo de O Rosal.
Cómicos OS CAMPELOS de O Rosal (No médico)
Cómicos OS CAMPELOS de O Rosal (Na praia)

Cómicos OS CAMPELOS de O Rosal (Cantando)
Cómicos OS CAMPELOS de O Rosal (Cantando e bailando)
Carlos e artistas no escenario como despedida cantando Miudiño.
Cómicos OS CAMPELOS Francisco(Paco)-Carlos-Roberto co agasallo.

O San Xerome, quere agradecer públicamente a participación desinteresada dos artistas no Festival, Orballo, Campelos e Comisión do Entroido de Goian, familias do Centro, particulares, empresas e entidades do Baixo Miño, que fixeron posible que este acto fora un éxito.

GRACIAS A TODOD@S POR COLABORAR

ACTIVIDADES  PARA O MES DE ABRIL
A Guarda 12 abril 2011


HUMOR, DEPORTE … E ROCK AND ROLL

O estímulo engadido que aporta o “30 aniversario”, está a facer que se incrementen de xeito notable a organización e participación en actividades diversas, ademáis das correpondentes a programación diaria dos 3 sectores de atención: unidades educativas, Centro de dia e Sector prelaboral.

Neste fin de semana por exemplo, o grupo Xerock, fixo a sua reaparición con novo repertorio, na 1ª xornada Altas aptitudes no Café Cultural Auriense de Ourense. O grupo puxo a venda unhas orixinais camisetas, que se comercializarán nos concertos e na Tenda Atalaia a 8 €.

O grupo de teatro Xeratrium, tamén está de estrea. Na Asociación Cultural e Social de Herville (Mos) puxo en escea a obra “Vias paralelas” coa colaboración de Xerpo Cultural e a dirección de Irene Moreira e Alex Sobrino. Inaugurase así unha xira que levará o grupo a diferentes localidades, grazas a participación no circuito cultural da Deputación de Pontevedra.

Tamén estes dias (do 9 ó 16 de abril), 2 usuarios do Centro, participan nunha actividade incluida no Programa de integración IES A Sangriña – San Xerome. Nesta ocasión permanecerán unha semana xunto con alumnos do IES nunha estación invernal de Andorra practicando o esquí.

O Club deportivo estará presente no Campionato galego de natación, que terá lugar o mércores 13 na Piscina municipal de A Cañiza. Amparo , Maite, Puri, Carmelo, Carlos e Rosa María intentarán mellorar os resultados do pasado ano.

Mentres, os deportistas do Club intensifican a sua preparación para os próximos compromisos, entre os que destaca a participación no Campionato de España de atletismo que terá lugar en Cádiz, o próximo mes de maio.

Relacionado con 30 aniversario, un grupo de personas relacionadas co Centro (familias, usuarios, profes…), coordinados polo especialista Roberto Miranda, estan a preparar o “asalto” ó teito de Galicia: o ascenso a Pena Trevinca, actividade que terá lugar o sábado 21 de maio.

A ANPA, tamén ten programadas actividades mensuais para conmemorar o 30 aniversario. A correspondente a este mes de abril, terá lugar no Auditorio de Goián o domingo 17 de abril a partir das 6 da tarde. Actuarán os coñecidos humoristas Os Campelos e o grupo musical Orballo de O Rosal. Ese mesmo dia realizarase o sorteo dunha TV . As rifas estan a venda no Centro ó prezo de 1 €.

Por último, e de momento, informar que estaremos presentes na carpa do Mercado Solidario en Tui, os dias 26 de abril a 2 de maio (San Telmo), e do 13 ó 15 de maio (Feira de artesanía)

A Guarda a 09/04/2011
Asd.José carlos González Blanco



 PRIMEIRA XORNADA ALTAS APTITUDES
 Organizada pola Concellaría de voluntariado do Concello de Ourense.






O Concerto será este venres 8 de abril a partir das 21,30 h. no Café Cultural AURIENSE da cidade das Burgas.
A Guarda 06 abril 2011
Un saúdo - Carlos González Blanco.


EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA
 SAN XEROME.
José Carlos e Amalio en primeiro plano.
Público ollando as fotografías.

Amalio Verd (Profe do IES A Sangriña), promotor das actividades de integración IES - San Xerome.

Inés Montenegro (Profe do CPI A Ribeira de Torneiros - Porriño), coordinadora do proxecto de integración a través do Taller de fotografía entre rapaces e profes dos Coles CPI A Ribeira e Centro de Educación Especial ACEESCA).
Luz Fernandez, Presidenta da Asociación ACEESCA de Porriño
Estiveron presentes no "acto", rapaces e profes dos IES Sá Pobla de Maiorca, do IES A Sangriña e dun Instituto de secundaria de Dunquerque (Francia), todos eles participantes en Proxectos europeos de intercambio nos que tamén participan rapaces das Unidades educativas do Centro San Xerome.

A exposición estará aberta tódolos dias de 16 a 19 h. ata o venres, rematando o sábado 2 de abril ( aberta de 10 a 14 h.).

A Guarda a 28 de marzo 2011.






ENCONTROS COA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA


O Centro San Xerome Emiliani en asociación con Avelaiña e o centro Portugués Cerci Povoa da cámara de Povoa de Santa Iria (a vinte minutos de Lisboa), comezaron o pasado mes de xaneiro un proxecto sobre as institucións democráticas. Dentro de este proxecto se enmarca a visita o parlamento de Galicia e o encontro na dirección xeral da dependencia do pasado venres 18 de marzo.

Na dirección xeral tivemos unha reunión con a directora xeral de dependencia Dna. Coro Piñeiro Vázquez, o secretario Xeral de discapacidade Modesto Rouco Vilar e coa traballadora da secretaría Dna. Concha Freire Castro. Na xuntanza o grupo realizou unhas preguntas destinadas a coñecer o funcionamento do departamento que atende mais directamente as súas necesidades. (adxuntamos cuestionario). Pola tarde nos desplazamos ás instalacións do parlamento galego para coñecer mais de cerca como é a organización e o traballo que os representantes políticos fan na nosa autonomía. Alí fomos guiados por Hixinio, que nos amosou non solo as instalacións senon que de forma moi didáctica, amena e divertida nos enseñou como é o día a día do traballo no parlamento galego.
O proxecto busca coñecer as institucións que nos gobernan e mais en profundidade os departamentos que dentro de cada institución atenden ás necesidades das persoas con discapacidade. En esta liña tivemos o primeiro encontro institucional o pasado venres 25 de febreiro co Alcalde da Guarda D. Jose Manuel Domínguez Freitas e con dúas concelleiras. A eles se lles fixeron as mesmas preguntas que na dirección Xeral de Dependencia. A vindeira visita será o 28 de abril onde estamos citados no Ministerio de Servicios Sociais en concreto na Dirección Xeral de Discapacidade. Seguindo cos nosos encontros coas institucións democráticas o 6 de xuño estaremos en Bruselas coñecendo mais de cerca o parlamento europeo e os seus departamentos.
Nunha segunda fase do proxecto voltaremos a reunirnos coas mesmas persoas pero esta vez levaremos as nosas propias propostas que consideramos necesarias para mellorar as relacións entre os cidadanos e cidadanas con discapacidade e as institucións que nos gobernan.

Para mais información consultar o blog http://www.democracia.sanxerome.com/

A Guarda 23 de marzo 2011.
Asd. José Carlos

MOVÉNDONOS POLO RÍO

Grupo de cinco monitores e sete alumnos do San Xerome


A Cruz Vermella anima a cidadanía do Baixo Minho a limpeza da ribeira do río Minho e dedicar parte do seu tempo libre ao medio ambiente.
As actividades comezaron o 14 de marzo para eliminar plásticos, botellas, arrancar árbores que nacen na area, en beneficio do río Minho e río Folón con voluntarios da Cruz Vermella e alumnos do colexio San Xerome Emiliani.
O proxecto posto en marcha pola Cruz Vermella “MOVÉNDONOS POLO RÍO”, é subvencionado polo Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, sendo seu obxectivo principal a conservación, recuperación do río Minho e seu afluente o río Folón, a través da concienciación educación da xuventude e cidadanía.
Este proxecto conta con voluntarios que realizan accións formativas e informes, avaliacións do río Minho e río Folón que repercutan en beneficio e conservación do río.
En próximos días realizarase unha analítica das augas,(Sería necesario facer analíticas do fango).Damos por feito que se faran en marea baixa e xunto os aliviadeiros das esterqueiras ou "depuradoras".
Colaboran o concello de O Rosal, naturistas e Confederación Hidrográfica do Minho – Sil.

A Guarda 21 de marzo 2011

Asd.José Antonio González Morais


V MOSTRA DA CAMELIA DO BAIXO MIÑO





A traballadora do Viveiro da Quinta das Mercedes (Bº da Gandara - A Guarda), Maite Santos Fernández lee ante todos os asistentes:


BOS DIAS!

GRACIAS POR ESTAR CON NOS UNHA VEZ MÁIS
SON MAITE SANTOS, TRABALLO MEDIA XORNADA NESTE VIVEIRO E OUTRA MEDIA NA EMPRESA DE XARDINERÍA.
QUERÍA CONTAR UNHA PEQUENA HISTORIA
HOUBO UNHA VEZ UN GRUPO DE PERSOAS DA NOSA COMARCA, A FINAIS DOS ANOS 70, EMPEÑADAS EN LOITAR POLOS DEREITOS DAS PERSOAS MARXINADAS.
ERAN MOMENTOS COMPLEXOS, XA QUE COMO SABEDES DAQUELA AINDA VIVIAMOS MARCADOS POLA DICTADURA DE FRANCO, NA QUE AS PERSOAS DIFERENTES NON TIÑAMOS CABIDA CREOUSE A ASOCIACIÓN E O CENTRO SAN XEROME, E A AQUEL GRUPO INICIAL SE LLE FORON ENGADINDO MÁIS PERSOAS, NOVOS COLABORADORES, MAIS PROFESIONALES … QUE FIXERON COA SUA COLABORACIÓN QUE PASARAMOS DA EPOCA DA CARIDADE , DE PEDIR ESMOLA A ESIXIR OS NOSOS DEREITOS.
PASIÑO A PASIÑO, FOMOS CONSEGUINDO PEQUENAS METAS: NA INTEGRACIÓN, ESCOLAR , SOCIAL E LABORAL.
O PRIMEIRO INVERNADEIRO, POR EXEMPLO, O TIVEMOS NO ANO 1983. CULTIVABAMOS PLANTAS E HORTALIZAS QUE VENDIAMOS NA PLAZA NO POSTO DE HORTENSIA, E NA FLORISTERÍA DE FOTO PARÍS. AINDA NON TIÑAMOS A NOSA TENDA.
NO ANO 1990 FIXEMOS O PRIMEIRO TRABALLO DE XARDINERÍA FORA DO CENTRO: NA URBANIZACIÓN DOS CASTAÑOS; NO ANO 1993 INICIAMOS O TRABALLO NOS XARDÍNS DO ROSAL E POUCO DESPOIS CREAMOS A EMPRESA DE XARDINERÍA.
NO ANO 2000 OCUPAMOS ESTA FINCA DO OBISPADO E INICIAMOS O CULTIVO DE PLANTA DE TEMPORADA E DE CAMELIOS, GRACIAS A COLABORACIÓN DE BASILIO MOREIRA E DE DON PAULINO.
O ANO PASADO CONSEGUIMOS O MANTEMENTO DOS XARDINS DA GUARDA, E A EMPRESA CONTRATOU A NOVOS TRABALLADORES.
E ASI SE VAI ESCRIBINDO A NOSA HISTORIA CON PEQUENOS LOGROS. HOXE POR EXEMPLO CELEBRAMOS A QUINTA EDICIÓN DA MOSTRA DA CAMELIA, E COMO SEMPRE ESTAS METAS SE VAN CONSEGUINDO GRACIAS A COLABORACIÓN DE MOITA XENTE: CONCELLOS, VOLUNTARIOS, EMPRESAS, ETC.
TEMOS FEITO COUSAS , PERO QUEDANOS MOITO CAMIÑO POR ANDAR. AINDA HAI PROBLEMAS DE MARXINACIÓN NA ESCOLA, NO TRABALLO E NA VIDA DIARIA.
SI ESTE CAMIÑO O FACEMOS XUNTOS VAINOS RESULTAR MOITO MAS FACIL.MOITAS GRACIAS POR ESCOITARME.


Colaboradores, profesores, alumnos do do San Xeróme e público asistente brindando unha vez rematada a inaguración.
Puesto de venta das flores e camelias.

Esta mostra esta dirixida polas profesoras especialistas Marian Ucha e Mª Vicente.
 


Datos facilitados pola dirección do centro José Carlos González Blanco.

A Guarda a 12 de marzo do ano 2011.



30 ANOS E MOITO QUE ANDAR





Jose Carlos entregando diplomas a distintos deportistas do colexio


Todo un éxito na celebración dos 30 anos do colexio San Xerome Emiliani no auditorio de Goian, Tomiño. Os alumnos do colexio fixeron un bo traballo escénico e o público asistente integrouse nas actuacións dos alumnos do centro dándolle mais realce, tres horas de espectáculo variado que demostra o esforzo, ilusión, dedicación dos alumnos que fan día a día xunto cos seus educadores.

O ano 2011 será o ano do Plan estratéxico e de calidade e a dirección do colexio afirma que teñen moito que andar.

Actuación teatral.
A Guarda a 22 de febreiro 2011.




FESTA CONVIVENCIA DAS FAMILIAS, ALUMNOS, COLABORADORES E PROFESIONAIS DO CENTRO SAN XEROME



Este próximo domingo dia 20 de febreiro a partir das 6 da tarde e no Auditorio de Goián, terá lugar un encontro lúdico – festivo das familias, alumnos, colaboradores e profesionais do Centro San Xerome, para celebrar o 30 aniversario da creación do Centro.
Neste ”macro – festival” haberá diferentes actuacións artísticas, nas que os únicos protagonistas serán os rapaces e rapazas do San Xerome, amosando as suas capacidades profesionais, artísticas e deportivas. Presentadores, fotógrafos, axudantes de producción, seguridade, … serán os propios usuarios do Centro.
O programa iniciarase as 6 da tarde cunha coreografía de Josué Alvarez, amosando o traballo artístico que está a desenrolar dende fai uns meses cos usuarios do Centro de día (CEDI), seguirá unha obra de teatro do grupo Xeratrium “Saturday night” dirixida por Irene Moreira de Xerpo Cultural, a continuación farase entrega de diplomas os integrantes do Club deportivo, para rematar a primeira parte coa actuación dun grupo de rapaces do Sector pre laboral do San Xerome e do IES A Sangriña coordinados pola profe do IES Susana Salvador. No descanso, no exterior do Auditorio, actuará o grupo de percusión coordinado por Victor Fuggetto, e se degustará chocolate e lambetadas ofrecidas pola ANPA.
Iniciarase a segunda parte coa proxección dun Video clip, dirixido por Víctor Fuggetto e Leo Cividanes, para seguir coas actuacións de Pepe Bargiela e Jona Gómez. Seguirá co momento emotivo, da entrega dun diploma – homenaxe os 10 usuarios do Centro que xa estaban no ano 1981. O 2º grupo de Josué Alvarez fará unha demostración dunha clase aberta, e o grupo Xeratrium porá en escea a obra “Vias paralelas”. Rematará o Festival cunha nova actuación co 2º grupo de percusión, dirixido por Víctor Fuggetto, xa no exterior do Auditorio.
A presentación do Festival correrá a cargo de Enma e Braulio das Unidades educativas do Centro, coordinados por Samuel de Xerpo Cultural. O longo da tarde noite, haberá proxeccións de imaxes e pancartas alusivas os 30 anos de historia do Centro.
Para a realización deste Festival, estan a traballar arreo multitude de familiares, profesionais, voluntarios e colaboradores do Centro. Non imos a nomear a ninguén, xa que os únicos protagonistas desta historia son os propios RAPACES E RAPAZAS DO SAN XEROME!

A Guarda a 18/02/2011
Asd. José Carlos González Blanco


Carreira pedestre concello de Tominho 2011.