23 de noviembre de 2012

HEMORRAXIA


Nas eleccións xerais ao Congreso a cidadanía deulles a maioría ao partido das gaivotas e Rajoy con maioría absoluta afirmou que sabían o que tinhan que facer e un ano despois estamos moito peor, e a hemorraxia vai en aumento e non é posible aplicar un torniquete, pomos como exemplo:

Ø  MAIS PARO, CERCA DOS 6.000.000.

Ø  MAIS DESIGUALDADE ENTRE A CIDADANÍA.

Ø  REFORMA LABORAL (Terrorismo do Kapital)

Ø  RECORTES E PRIVATIZACIÓNS DOS SERVIZOS SOCIAIS

Ø  DEMOCRACIA SECUESTRADA POLA TROIKA

Ø  PARLAMENTO  ESPANHOL INOPERANTE

Ø  POLICÍA AO SERVIZO DOS GOBERNANTES.

Ø  PROTECCIÓN DAS GRANDES FORTUNAS.

Ø   INCRUMPRIMENTO DA LEI DA MEMORIA HISTÓRICA.

Ø  MANIPULACIÓN INFORMATIVA DA PRENSA E TVE.

Ø  RUPTURA DO SISTEMA DE CAIXAS E BANCOS.

Ø  REFORMA XUDICIAL (Terrorismo político de Gallardón).

 

Recentemente sentenciaron a 10 anos de prisión, ao primer ministro de Croacia  Ivo Sanader por recibir subornos  ¿En Espanha cando será posible que os senhores de garabata que reciban comisións, metan a man na caixa entren no truio, e fagan entrega do roubado cos intereses pertinentes?
Din que temos que defender a marca  Espanha ¿Quén se atreve defende a é marca SPAIN LADRÓNS. Posiblemente as grandes Institucións que representan os bribóns, banqueiros, gobernantes….etc; sexan os que defendan a MARCA o resto da cidadanía non a podemos defender por moitos motivos e o principal será por quedar sen sangre.
A xuventude esta “Todos los días al Sol”, e moitos fan como “Full Monty”.
 
Dentro de pouco os Gobernantes sacaran a policía represiva, dopada as rúas e a ditadura da Troika deixaranos secuestrados, sen poder berrar na rúa, e logo din que estamos en democracia, e recentemente saen informes que ninguén sabe quen os fixo, quen os encargou etc. Intoxicación , manipulación, por parte da Administración sendo o responsable Rajoy xa que é Presidente ¿Como non vai subir a prima de risco se os que están no Goberno son e representan a BARBARIE?.
 
Estamos cerca da "Revolución Popular",  a xente maior xa empeza a ver os dentes da Barbarie, e temen o peor.
 
DAORDE

No hay comentarios:

Publicar un comentario