13 de abril de 2012

A TERCEIRA REPÚBLICA ESTA MAIS CERCA

A monarquía non representa a cidadanía, e non foi elegida polo pobo, nos foi imposta polas forzas políticas, ca baixada de pantalóns da esquerda, polo tanto é ilexítima. A día de hoxe e unha vergonha que PP-PSOE-NACIONALISTAS den carpetazo e consintan a retirada de orzamentos co visto vo,da aristocracía capitalista é bendición da igrexa católica a Lei da Memoria Republicana conhecida como Lei da Memoria Histórica; afirmamos que a monarquía é o símbolo permanente da ditadura franquista.

Queren facernos parvos ca amnistía e os republicanos seguimos pedindo que: sexan xulgados os crímenes franquistas ante os Tribunais Internacionais como xenocidio; e que os republicanos sexan enterrados decentemente e deixen de estar depositados nas cunetas, que os xuízos feitos a republicanos sexan declarados nulos.

Actualmente temos no poder ao senhor dos hilillos unha vergonha para todos os Galegos, que das tixeiras de ZP, pasou a guillotina todolos dereitos sociais para privatizar todo o público, deixar ao traballador indefenso coa contrarreforma laboral, impornos recortes nas liberdades de expresión, internet, telefonía etc.

Nos din que estamos en democracia e na realidade estamos en unha ditadura encuberta, protexida pola constitución actual que só beneficia a clase política, chea de privilexios.

O Xefe da monarquía non foi elixido polo pobo, ten privilexios protexidos pola actual Constitución e pomos como exemplo:

Non se pode investigar sobre seu patrimonio, que a maioría esta fora de Espanha, non fai declaración da renda, esta fora de toda responsabilidade, pode matar violar roubar etc.

Lembramos que o xefe da monarquía non xurou lealdade a Constitución pero xurou as Leis do Movemento Nacional.

Se un cidadán fai unha inxuria sobre o xefe da monarquía pódese considerar delito ante a Audencia Nacional.

Esta sen resposta: ¿Como morreu seu irmán Alfonso? ¿Que pasou no Golpe de Estado?

¿Quen era o xefe da trama Urdangarín?

E logo nos din que temos que crer no Sistema Xudicial.

Todos podemos conquistar a terceira República cívica, socialista e con democracia participativa e teríamos que por a bandeira tricolor nas nosas casas, eventos deportivos, manifestacións etc...

DAORDE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario