Nos non podemos aceptar desculpas de unha persoa que ten fallos mentais por causas da idade, non podemos aceptar erros desa natureza xa que ten persoas a seu carón para aconsellalo. A verdade do acontecido tardará en ver a luz, xa que esta protexido pola actual e desfasada Constitución. Vostede é un pilar pasmado que xa non sostén nada, a casa real, as deputacións,vestimenta da Guarda Civil etc.., son institucións anacrónicas.
O rei xa non é o león agora o rei será o elefante. O xefe da casa real demostrou que non é ecoloxista carecendo de sensibilidade polos animais en perigo de extinción.
Súas verbas foron escasas é forzadas polos apesebrados medios de comunicación, a coroa esta dada volta e con moito lixo pola falta de transparencia, lealdade e respecto a quen lle paga.
Quedou demostrado que é un mentiroso, di unhas cousas e logo fai o contrario; se é tan honrado faga público todo seu patrimonio agochados en paraísos fiscais e diga a que negocios se dedica.
Se cambia de idea dedíquese e colabore cos políticos para que aia unha Lei de Transparencia para tódalas persoas que reciban cartos públicos, e os que meten man no caixón, que devolvan tódolos cartos e queden inhabilitados de por vida para cargos públicos.
DAORDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario