9 de marzo de 2012

10 DE MARZO DÍA DAS VÍCTIMAS OBREIRAS GALEGAS.



O 10 de marzo do 1972 durante unhas xornadas de folga xeral, na época de Franco, en Ferrol Amador Rei e Daniel Néboa morreron nos enfrontamentos coa policía franquista. Os grises (Policía) tomaron a cidade e puxéronse a dar golpes e disparar contra os manifestantes para dar un escarmento, os traballadores só querían negociar unhas mellores condicións de traballo no estaleiro. Ese día finalizou con 40 feridos e 2 mortos, un resultado esaxerado e cruel ca única finalidade de dar exemplo, para que a ninguén se lle volvese a ocorrer participar en unha folga.

Ademais da brutal represión encarceraron a varios líderes do movemento obreiro ferrolán, mermando súa fortaleza. Tódolos anos distintas organizacións realizan actos conmemorativos na data sinalada para lembrar a traxedia ditatorial que tivo lugar ese ano.

Esta estatua atópase á entrada  de Ferrol nunha rotonda que hai ao final da Rúa Ramón e Cajal, onde se atopa coa Rúa de Dez de Marzo, xusto contra a praza da Porta Nova, á beira do Instituto Marqués de Suances,no barrio obreiro Recimil.

DAORDE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario