De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
ARRANXO SO SANEAMENTO INTEGRAL
Como todos sabemos o día 4 apareceu choiva escasa e intervalada.
Como podemos ver na foto as 10 da manhan tinhamos piscina municipal fronte as pistas de tenis do Codesal. O cheiro era espectacular e cerramos a tapa para que non sairán mais cocodrilos para fora.
Dende Esquerda Unida quixeramos saber se os do Goberno municipal de A Guarda tenhen pensado algo para solucionar a desfeita e vergonhenta obra pública do saneamento integral.
Dende o cámping Santa Tecla ata a Armona é un escándalo, con vertidos continuos ao río Minho, ¿Tenhen pensado facer algo útil para dar unha imaxe coherente medioambiental lo litoral minhoto?.
Aproximadamente temos un mes para a semana santa e se chove nestas datas teremos un vez mais os chafarices de merda nas estradas e os vertidos cara ao río Minho. Seguramente para Vostedes estes feitos son de “atracción turística”, non podemos entender que Vostedes non fagan algo útil para dar unha imaxe respectuosa co medio ambiente.
¿O Goberno solicitou a empresa construtora as responsabilidades pola mala execución das obras?
Dende Esquerda Unida de A Guarda solicitamos:
Que o Goberno faga un estudo e solucione conxuntamente cos concellos implicados esta vergonhenta obra do saneamento minhoto.
A Guarda a 08 de marzo 2012
Asd.José Antonio González Morais
No hay comentarios:
Publicar un comentario