9 de marzo de 2012

REPOSICIÓN DO CRUCEIRO DAS LOUZENZAS


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

REPOSICIÓN DO CRUCEIRO DAS LOUZENZAS

Queda pouco para o remate do que uns din que será o carril para bicicletas, outros din o caminho eclesiástico, para Esquerda Unida unha obra ridícula, un despilfarro de cartos públicos con unha dubidosa utilidade práctica para a cidadanía.
¿Estará feita para multar aos ciclistas que non circulen por ela?
Xa veremos os ciclistas pola mesma pista circulando en direccións contrarias, esquivando aos caminhantes eclesiásticos. ¿Está feita para que o resultado sexa contrario ao proxectado?
Posiblemente as obras serán inaguradas ca presenza do Presidente do concello, e dende Esquerda Unida solicitamos:
Que na curva das Louzenzas sexa colocado o cruceiro retirado, que é patrimonio de todos, como Vostede senhor Presidente é moi católico rece unha ave maría, ao pe do cruceiro e que o acompanhe o responsable de tránsito vial, para que a curva antes mencionada non sexa a curva dos accidentes por vehículos a motor.


A Guarda a 9 de marzo 2012
Asd. José Antonio González Morais


No hay comentarios:

Publicar un comentario