29 de febrero de 2012

A IGREXA CATÓLICA PAGUE O IBI


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

SOLICITAR QUE A IGREXA CATÓLICA PAGUE O IBI

Esquerda Unida expón:
O último 31 de decembro publicouse o Decreto Lei 20/2011, de 30 de decembro de 2011 de medidas urxentes en materia orzamentaria, tributaria e financeira para a corrección do déficit público. As principais medidas en materia tributaria adoptadas é o aumento do IBI (Imposto sobre Bens Inmobles), é unha das medidas temporais e progresivas do goberno de Rajoy.
O artigo 62 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, fala das exencións do IBI. E no punto “C”, di que estarán exentos os da igrexa católica, nos termos previstos no acordo Espanhol e a Santa Sede sobre Asuntos Económicos de 3 de xaneiro de 1979, e os das asociacións confesionais non católicas legalmente reconhecidos, nos termos establecidos nos respectivos acordos de cooperación subscritos en virtude do disposto no artigo 16 da Constitución. Esta exención total e permanente da contribución territorial urbana afecta a templos e capelas, residencias de bispos e sacerdotes, oficinas, seminarios e conventos.
A igrexa católica probablemente sexa o máis importante propietario inmobiliario do país máis ata que algunhas das empresas do sector da construción. Así que mentres o aumento deste imposto vai afectar a toda a cidadanía, ao maior propietario de bens inmobles non lle afectará porque dispón deste privilexio. Calcúlase que se poderían recadar ao redor de 3.000 millóns de euros.
Desde Esquerda Unida da A Guarda reivindicamos a efectiva separación entre a Igrexa e o Estado. De acordo con todo o exposto, sométese á consideración do Pleno a aprobación dos seguintes acordos:

1. Que se modifique o artigo 62 do Real Decreto Lexislativo 2/2004 e suprímase a exención do IBI nos bens inmobles propiedade da igrexa católica.
2. Dar traslado a Xunta de Galicia, e aos Grupos Parlamentarios do Congreso dos Deputados e ao Presidente do Goberno.

En, A Guarda a 27 de Febreiro de 2012
Asd. José Ant. González Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario