Esquerda Unida organiza o foro participativo o día 16 de marzo ás 20:00 horas no Centro Cultural da Guarda.
Proxectarase o documental Os espigadores e a espigadora. de Agnés Varda, cunha duración de 82 min.
En forma de reportaxe xornalística, conta a historia de personaxes que viven do que a sociedade desaproveita.
É unha película de gran sensibilidade, con diferentes historias que contan os seus protagonistas, cargando con refugallos agrícolas ou trastes vellos, mantén a atención con ata toques de humor. Tamén demostra que os residuos poden ser os protagonistas da imaxinación e a arte de persoas que saben dar novas utilidades ao que a maioría rexeitamos. Un espectáculo fílmico sen desperdicio algún.
Esperamos vervos e intercambiar convosco opinións no debate, que nos enriquecerán a todos.
Invitámosvos a que participedes e difundeis este acto, invitando aos vosos coñecidos e amigos.
Gabriela Ladrero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario