29 de febrero de 2012

APOIO MOBILIZACIÓNS ESTUDANTÍS


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

APOIO MOBILIZACIÓNS ESTUDANTÍS

Exposición de motivos:

O pasado mércores 16 de febreiro os estudantes de IES Lluís Vives concentráronse ás portas do centro para denunciar os recortes en educación do Consell Valencià.  Esta concentración empeza de forma pacífica para denunciar a falta de profesores, a falta de material escolar, a falta dos medios básicos para estudar, folios, auga, luz, calefacción....
Por mor disto, produciuse unha violentísima e desproporcionada actuación policial, da que hai testemunhas persoais, fotográficos e videográficos, co resultado de diferentes alumnos feridos e contusionados, outros coa roupa rota e detidos, esposados e retidos na comisaría de Zapadores.

Ademais, continuaron as mobilizacións e as concentracións. O Luns 20 de febreiro este enfrontamento foi máis contundente e máis represivo. A actuación policial foi violentísima e desproporcionada desde toda lóxica democrática.
De acordo con isto, Esquerda Unida sométese á consideración do Pleno a aprobación dos seguinte acordos:

1. Que a corporación municipal manifeste  seu apoio a todas as mobilizacións estudantís, así como dar apoio aos movementos sindicais estudantís.

2. Que manifeste a súa reprobación, á acción policial.

3. Que reproba a actitude da Delegada de Goberno, Paula Sánchez de León, e pide a súa dimisión inmediata como responsable de todo o sucedido.
 


En A Guarda a 27 de Febreiro de 2012
Asd. José Antonio González Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario