28 de junio de 2011

É NECESARIO UNHA OPOSICIÓN FORTE

Abandono do xardín Domingo de Guzmán

Según a prensa os nacionaelitistas presionan a dereita guardesa a que baixen os salarios un 20%, creemos que é unha proposta moi ventaxosa para os que incumpren a Lei e non acatan as sentencias dos Xuíces, non dan contas das festas do Trega, nin da festa elitista.....etc. Que se ponha a traballar, catro anos perdidos e seu pobo no abandono. Recentemente saíu na prensa que se interesan pola fortaleza guardesa (Castillo) para conseguir unha migalla de axuda 1% dos fondos do ministerio de cultura, gastar 1.033.931 €, ¿Quedará todo como na actualidade, en abandono total?.

A foto terían que enviala co proxecto para que vexan o pasotismo dos que durante catro anos pasaron da fortaleza, da limpeza interior e exterior así como o mantemento dos xardíns Domingo de Guzmán.

O lóxico sería que os salarios foran rebaixados entre un 20 e un 30% e se retiraran as dedicacións parciais. Xa esta ben de cobrar por non facer nada, imaxínome que andará chorando polas tabernas, e pedíndolle a Telmo que a auga se converta en vinho.

Chora por non ter un aumento de 7.000 €, igual que a Presidenta do concello de Tominho, dito de paso, a coherencia non se ve por ningures.

¿Que pagou a multa do seu peto? Eu, e moitos non creemos nos milagres.

Vidro das xanelas rotos, rehabilitación esperpéntica.

Os políticos delincuentes tinhan que ser xulgados polo penal, e por delinquir tinhan que ser inhabilitados de por vida pagando unha multa e devolvendo integramente os cartos saqueados, isto é unha utopía pero os ventos do norte chegarán ao sur.

 

A Guarda a 28 de xunho 2011.

DAORDE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario