De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
ACTUALIZACIÓN E REVISIÓN DE LICENZAS
Na actualidade moitos bares, cafeterías están realizando actuacións musicais, monólogos etc... Nas licenzas expostas cara o público en lugares difíciles, con pouca luz..., non contempla ditas actividades, non cumpren ca norma do aforo, carecen de carteis de evacuación e vías de seguras de escape.
Creemos que moitos establecementos non cumpren ca lexislación actual, (Decreto 2816/1982 e NBE-CPI/96).
Este tipo de locais por expreso imperativo legal, (Art. 24 RD 2816/82, de 27 de Agosto) deben ter un plan de emerxencia e disponher dunha organización de autoprotección dos mesmos.
¿O concello dispón de normas especificas para tales actuacións? Se as ten ¿Cal é a causa de non facer cumprir a normativa?
Dende Esquerda Unida Solicitamos:
Creación de unha normativa específica para as actividades antes descritas.
Modificar as licenzas.
Revisión dos locais onde se celebren actuacións culturais, musicais....
Adaptación dos Protocolos e medidas básicas para realizar espectáculos.
A Guarda a 27 de xunho 2011.
Asd. José Antonio González Morais
No hay comentarios:
Publicar un comentario