De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
CONVENIO 189 DA OIT
Despois de que a dereita aprobou no Congreso a Lei da Negociación Colectiva ¿Que fará ZP ante a aprobación do Convenio 189 da OIT para as traballadoras e traballadores domésticos?.
O pasado 16 de xunho, a Conferencia Internacional do Traballo adoptou en Xenebra o primeiro Convenio e Recomendación sobre o “Traballo Decente” para os traballadores e traballadoras domésticos. Este avance normativo supón o primeiro paso ante a realidade de inxustiza e explotación que sofren cada día millóns de traballadores, na súa inmensa maioría mulleres e inmigrantes.
O Convenio reconhece que as traballadoras do fogar tenhen os mesmos dereitos fundamentais que tenhen todos os traballadores:
O dereito á liberdade de asociación e negociación colectiva.
A eliminación de todas as formas de traballo forzoso.
A abolición efectiva do traballo infantil.
A eliminación da discriminación en materia de emprego e ocupación.
Algúns gobernos xa manifestaron a súa vontade de ratificar este Convenio. As e os traballadores do fogar en Espanha deben contar con todo o noso apoio para reivindicar a ratificación e a incorporación do contido do Convenio á lexislación vixente. O goberno espanhol ten o deber de tomar medidas para asegurarse de que as traballadoras do fogar gozan destes dereitos fundamentais, en especial dunha protección eficaz contra toda forma de abuso, acoso e violencia, así como a equiparación dos seus dereitos laborais e de seguridade social.
Dende Esquerda Unida solicitamos:
Que o Pleno Guardés se pronuncie e ratifique esta proposta e faga chegar o acordo a Xunta de Galicia e Congreso dos Deputados.
A Guarda a 29 de xunho 2011
Asd. José Antonio González Morais.
É un sector moi castigado, merece do apoio de todos nos, pero tés razón que son os gobernos quen agora deberíanse pronunciar.
ResponderEliminarSaúdos
Gabriela