25 de junio de 2011

CODESAL SEN RUMBO


O Club Tenis Codesal convocou aos socios o día 18/06/2011, a unha Asemblea ordinaria e unha Xeral extraordinaria.

Asemblea ordinaria, orden do día:
Lectura e aprobación da acta anterior se procede
Estado de contas
Rogos e preguntas

Xeral extraordinaria, co orden do día:
Reparación da pista de padel. Proposta de finanzamento.
Proposta de socios para acristalar o parque infantil. Proposta de finanzamento.
Proposta de socios para aumento de cota familiar
Rogos e preguntas.

En xeral os socios se queixaron das formas autoritarias do presidente que deu a impresión que esta ao marxe do resto da Directiva e con total desconhecemento do funcionamento do Club.
O tesorero informou das contas e a maioría dos socios non as entende estando mal feitas e non informou das contas por obras realizadas no Club. So pensan en gastar e non se esforzan no aforro.
Varios socios propuxeron que as contas se envíen a casa co orden do día para poder estudalas, que a Directiva cumpra cos estatutos xa que é costumbre do Presidente e demais membros pasar dos estatutos e facer o que lle peta, utilizando o Club para facer clientelismo, e dar traballo a súa dona co visto bo da Directiva.
Varias preguntas feitas por socios non foron contestadas e moitas non tinhan resposta por carecer de datos.
Na Asemblea Xeral Extraordinaria foi anulada por non adaptarse aos estatutos e a Directiva non tinha datos e propostas concretas.

A Guarda a 25 de xunho 2011

Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario