De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
LIMPEZA E ARRANXO DO CAMINHO DOS PEDROUZOS
Tódolos días moitos vecinhos de Camposancos “contemplan” e se escandalizan do aspecto do caminho dos Pedrouzos. Lémbrolle que esta fronte súa casa; a entrada para súa finca, onde se entretén súa nai, a entrada é “decente”, cara o Codesal o caminho é intransitable.
Isto é debido pola erosión da auga, xa que non esta canalizada. Ademais está sen limpar, sendo seu estado de conservación lamentable, en abandono total. Vostede que é un caminhante eclesiástico, e residente en Camposancos, tería que ter un poco de sensibilidade e arranxar o caminho dos Pedrouzos, dáme a impresión que seu pobo non lle interesa e rise dos vecinhos. ¿Esta é súa promoción, defensa de Camposancos?
Dende Esquerda Unida solicitámoslle:
Limpeza do caminho dos Pedrouzos, canalización das augas, e arranxo do caminho para pasear por el.
A Guarda a 13 de abril 2011.
Asd. José Antonio González Morais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario