13 de abril de 2011

IGUALDADE

MANIFESTO DE ESQUERDA UNIDA
NON A ESTA LEI DE FAMILIA
Esquerda Unida apoia e manifesta o seu desacordo ao Anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e Convivencia en Galicia presentado pola Xunta de Galiza, xa que supón un recorte dos dereitos das mulleres e un exemplo evidente de lexislación regresiva e patriarcal inspirada no pensamento “ultracatólico.

Para EU a crise capitalista ten unha faciana de crueldade evidente nas miles de mulleres que están sendo expulsadas do mercado laboral ou relegadas a traballos con escalas salariais máis baixas ou precaridade e flexibilidade maior que os homes.
A dereita, que sustenta esta situación de discriminación de xénero con políticas laborais e sociais regresivas, intenta aproveitar esta coxuntura para relegar ás mulleres a ámbitos domésticos e de crianza argumentando que teñen un papel determinante na configuración das familias, entendendo familia como ese modelo de dominación e prolongación do capitalismo que leva siglos subordinando ás mulleres á dominación masculina.
E o máxime exponente deste modelo que a dereita pretente exportar en tempos de crise é o anteproxecto actual de LEI DE FAMILIA que a dereita tenta aprobar no parlamento galego, un proxecto de lei que bebe das fontes do pensamento ultracatólico e que en numerosos momentos da nosa historia foron quen de traspasar ao marco legislativo do Estado español: (restauración, franquismo, etc…) Esta lei pretende unidimensionalizar un modelo de familia, o tradicional católico, donde as mulleres son simples unidades de reproducción, sostenedoras da atención a dependentes e totalmente alonxadas da independencia económica e polo tanto personal.
A aprobación desta lei, supón tamén a derrogación do capítulo V do Título I da Lei 7/2004 Galega para a Igualdade de Homes e Mulleres, onde se establecen as medidas básicas para desenvolvela:

  1. Ampliación da rede pública de garderías, para familias de escasos recursos económicos
  2. Á atención nos colexios públicos a menores de doce anos en horarios máis extensos
  3. Implantación de servizos de comedor nas garderías e nos colexios públicos, e dotación de acompañantes no transporte escolar.
  4. Creación de garderías e de escolas infantís dentro ou preto das empresas.
  5. Fomento de medidas de apoio a familias con persoas dependentes, con especial atención á terceira idade.
  6. Medidas fiscais de apoio á familia, a favor de quen non teña obriga de declarar.
  7. Medidas específicas de apoio ás familias monoparentais, na área de saúde, atención psicolóxica, formación profesional, educación de fillas e fillos, e acceso á vivenda…
Reivindicamos que se desenvolvan tanto as leis coma os decretos vixentes, que xa recollen medidas concretas de apoio ás familias, ás mulleres e á conciliación: Lei galega para a Igualdade entre Homes e Mulleres, Lei Galega para a Prevención e o Tratamento Integral da Violencia de Xénero, Lei de Servizos Sociais de Galicia, Decreto que regula o recoñecemento da situación de dependencia…
ESQUERDA UNIDA súmase polo tanto a esta convocatoria e loitará pola retirada deste exemplo de políticas regresivas contra ás mulleres. Os recortes sociais, económicos e os dereitos laborais sempre van acompañados dos recortes nos dereitos das mulleres e paralelamente dos ideais de xustiza e igualdade.

¡Polos dereitos das mulleres!

A igualdade non pode esperar.

A saída á crise con políticas de esquerdas é posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario