10 de abril de 2011

BACHEADO DA RÚA NORIA ARMONA


De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

BACHEADO DA ESTRADA ARMONA NORIA

Estamos moi preto de “semana santa” e vostede non fai nada polo turismo e cidadáns do pobo, dende Esquerda Unida décimos unha vez mais que a estrada de xabre que vai dende A Armona ata a Noria os buratos parecen cráter a causa do despotismo caciquil e desprezo da cidadanía, e case imposible circular con coches, motos, bicicletas, facer carreira a pe correndo risco de torceduras ou caídas....etc.

O senhor do patrol que deixe de facer a ruta do albarinho, que de unha volta por esta estrada, e lle pase o informe.

Vostedes no boletín BIG (marzo-abril), din que colaboran na acampada nacional de caravanas, autocaravanas e tendas de campanha. Dende Esquerda Unida nos preguntamos: ¿O sendeirismo farase pola veira do río, paseo marítimo...? ¿Que imaxe dará do noso entorno? Este é seu compromiso de calidade turística, seguramente algún cego daralle outra medalla.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Bacheado da estrada mencionada para que antes de “semana santa” ata finais de verán quede perfectamente arranxada.


A Guarda a 08 de abril 2011

Asd. José Antonio González Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario