R que R, unha vez mais facemos un comentario sobre a débil, incoherente decisión adoptada polo Tribunal Supremo que impide que parte da cidadanía non poida participar nas próximas eleccións municipais, e que para nos como cidadáns creemos que se incumpre a Constitución Espanhola.
Se Sortu non reúne os requisitos de legalidade que esixe a Lei de Partidos Políticos o Tribunal tería que facelas públicas, para saber os criterios e ilegalidades que incumpre os estatutos presentados por Sortu, para nos isto é unha decisión xudicial politizada, sen razóns xurídicas para súa ilegalización.
Para Esquerda Unida do Baixo Minho a Administración Xudicial e Goberno incumpren a Constitución, dito de unha forma mais simple o Goberno xunto co PP dividen a sociedade, instaurando unha ditadura encuberta.
Estamos contra tódalas guerras, contra o terrorismo pero algúns viven a conta das guerras e do terrorismo en Espanha, temos a impresión de que PP e moitos do PSOE e diferentes organizacións afíns aos partidos antes mencionados, queren que ETA siga para poder ter dereito as suculentas subvencións.
A lei electoral é inxusta a todas luces non esixte proporcionalidade e sobre a confección das listas municipais, para nos é un impedimento para que parte da cidadanía poida presentarse as eleccións municipais, para Esquerda Unida do Baixo Minho nos é imposible conseguir mulleres das diferentes localidades para cumprir a Lei de Igualdade.
Queda moito traballo por facer e algúns presumen de Progresistas, Nacionalistas a verdade é que todos defenden o neoliberalismo o capital, o traballador sigue indefenso actualmente escravizado existe medo de perder o pouco que temos, a xuventude esta moi formada pero é pasiva, ......seguiremos paso a paso na luta diaria para que as xeracións vindeiras poidan dicir que estamos en democracia.
Asd.José Antonio González Morais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario