DE LISBOA A GALICIA
Autora: Carmen Bouza Rey
Edita Concello de Tominho
No Bº de Figueiro,(Centro Cultural e Recreativo) celebrouse a presentación do libro Izaura Gómes Pérez, abriu a mesa Rubén afirmou estar moi emocionado e lembrou que era un día de grandes emocións, sentimentos de amor e gratitude e grandes recordos, tinha unha grande e profunda mistade, alén do vinculo familiar asistente entre as familias.
Nunca esquecerei as tardes que pasabamos con Isaura unha muller que admiro polo ser amor talento e sobre todo pola súa sensibilidade, transmitida por uns ollos azuis, con unha mirada limpa, intensa é chea de vida. Unha muller que con lealdade fixo a luta, ideais de liberdade xustiza e benestar común. A presentación deste libro énchenos de ledicia e fainos estar moi orgullosos porque se fai xustiza por ser una muller loitadora nunha época en que as condicións económicas, sociais e políticas eran totalmente adversas. Os vecinhos e vecinhas de Figueiró estamos inmensamente agradecidos polo empenho da Alcaldesa Dona Sandra González que depositou neste proxecto moita ilusión e tenacidade, hoxe é unha realidade que enriquece o noso patrimonio cultural, moitas gracias.Ruben relata súa intervención ca lectura dunha poesía da súa tía Isaura e remata dicindo que os ollos bonitos eran os de súa tía Isaura.
Toma a palabra Dona Sandra González desculpándose do escaso espazo, e tinha moi claro que o lugar axeitado tinha que ser en Figueiró porque a vecinhanza o merece, e tinha a certeza de que a vecinhanza acudiría a este acto.Agradezeu a tódolos que colaboraron na organización para a presentación deste libro.
Dixo entre outras cousas que é un acto moi especial e que sempre quixo presentar este libro dende que tivo a oportunidade de ser Alcaldesa de Tominho. Que para Sandra e moi especial facer reconhecementos a persoas como Isaura.
Esta publicación débese 1º ao traballo de Carmen que culminou en libro para disfrute da vida de Isaura.
2º Que dende o departamento de igualdade que é un empenho e quero, visivilizar a vida de Isaura como exemplo de muller e que tamén a historia escrébese con nomes de mulleres, valentes, muller adiantada a seu tempo e para que Figueiro síntase orgulloso desta muller que contribuíu a historia do noso concello. Afirmou que non esquecerá as tardes con Isaura onde lle relataba as historias da súa vida. Unha muller moi activa , culta, que escribía e viviu tempos difíciles, guerra civil, represión, pero ela reaccionou en sentido contrario fíxose mais xenerosa, mais solidaria,representa un símbolo de feminismo na loita polas liberdades,pola xustiza, pola solidariedade.Isto e unha homenaxe pública da súa memoria que tras o asesinato tivo que ir ata Mondariz a reconhecer o seu Paquinho.
Carmen Bouza a escritora do libro toma a palabra con agradecementos a Alcaldesa, público e familia amigos de Isaura..etc.
Conheceu a Isaura por puro azar, chegou a Figueiró e viu unha muller pequeninha e que so quería falar e que eu so escoitaba, pasou o tempo e chegou a hora de marchar e díxome que voltara.Quedei impresionada de como conta como relataba Isaura. Sempre voltei a Figueiró para escoitar os relatos de Isaura.Falábame de todo da república da monarquía da súa vida, de Lisboa da súa infancia de Lisboa seu pobo de, do carnaval, da súa familia etc..,eu sonhaba, viaxaba, voaba xunto con Isaura a través dos seus innumerables relatos, deslabazados e intemporais pero que a min iso non me importaba so quería escoitar o que Isaura contaba. Un día cóntame que Isaura escribe, fálalle dun artigo cando tinha 18 anos "Dolores que viven", escribe este artigo cando quedou soa sen familia intima e séntese sosinha, este artigo foi publicado na Gazeta da Figueira. Cando me falaba da familia non entendía nada e tiven que facer a árbore xenealóxica para poder comprender, recollín tódolos artigos que foron publicados no Heraldo Guardés gracias a familia Noia.
Isaura cae ingresa no hospital e díxome que tinha que escreber un libro da súa vida , a promesa estaba sobre a mesa, viaxei ata Lisboa para saber cal era a casa, buscar fotos partida de nacemento etc..., Isaura facía todo o posible para recoller todo o material necesario, pasa o tempo enferma e morre.
Sandra me chama e propúxome facer o libro, comecei de cero e o libro esta aquí un libro con algúns relatos en portugués, lembro unha a muller boa ,comprometida, culta, carinhosa, coqueta, xenerosa , mimosa fráxil, comunicadora, chea de dulzura, unha muller multifacetica, unha gran narradora, intentei ser obxectiva, o libro ten dúas partes, dende a súa infancia ata que se casa, e outra parte dende que casa con Paco, viaxes dende Galicia a Lisboa etc...
Remata o acto con unhas curtas palabras de seu fillo Mario en estado de emoción, e agradece a asistencia e reconhecemento de súa nai Isaura.
Mario,Sandra, Carmen, Ruben.
Remato este artigo facendo unha un comentario persoal, temos moito que facer e para seguir hacia adiante temos que recuperar a memoria republicana eliminando tódolos símbolos fascistas de igrexas, fontes, institucións en tódolos concellos. Como dice Mané saen moitos dos armarios.....
Un saúdo a todos que desexamos a terceira República.
Asd. José Antonio González Morais.
Está ben non esquecer as persoas que contribuíron a facer un mundo mellor e tenelas como exemplo na actualidade no que escasean referencias positivas en valores.
ResponderEliminar