27 de marzo de 2011

53 ACAMPADA DE CARAVANING NACIONAL


O cámping Santa Tecla acollerá a 53 edición da Acampada Nacional de Caravaning que se celebrará dende o 15 ó 24 de abril.

Este encontro esta organizado polo Club Galicia Vigo sendo seu presidente Inocencio Janeiro Loureiro (Tito), di que este evento en principio estaba previsto que fose en Monterroso (Lugo) pero que o Concello non podía asegurar as subvencións polo que acordaron pasalo para outra localidade sendo o Camping Santa Tecla o lugar mais axeitado.

Tito asegura de 400 a 500 participantes, aproximadamente 870 persoas que viran nas súas caravanas, autocarabanas e tendas de campanha de toda España, Portugal estes últimos invitados pola Federación Espanhola.Para nos é unha xuntanza Ibérica. 

As actividades serán: Culturais, excursións, sendeirismo, xogos de campamento..etc.

O luns terán unha excursión sendo o percorrido A Guarda, Vigo, Baiona e A Guarda, xogos de campamento, e actuacións diversas.

Martes :Excursión as illas Cíes,Baile de disfraces

Mércores: excursión sendo o percorrido A Guarda, Rosal, Tui, Valenza e A Guarda, Xogos de campamento, e actuacións diversas.

O Xoves: Será a inauguración co desfile DE traxes rexionais, de 11,30 da manhan, dende a Alameda de a Guarda ata o porto, praza San Bento. Unha vez rematado o desfile o Club organizador agasallará aos participantes con unha comida campestre no cámping Santa Tecla. A partir a partir das 22:OO horas realizaran a típica queimada galega acompanhada con rosquillas, para celebrar os 30 anos de esixencia do Club.
Xogos de campamento, e actuacións diversas.

Venres: Xogos de campamento, e actuacións diversas.

Para os que se queden no Cámping terán actividades de Tai Chi, e xogos sociais.
Tito di que as actividades están abertas e pode haber mais actividades.

Colabora Concello de A Guarda e Eroski.

Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario