1 de octubre de 2025

GALICIA CON PALESTINA

 


VÉN EN AUTOBUS Á MANIFESTACIÓN POR PALESTINA
 
SAÍDA DESDE A GUARDA
 
No próximo domingo, 5 de Outubro, a Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina convócanos a unha grande manifestación nacional na cidade de Santiago de Compostela. Baixo Miño con Palestina adhere a esta convocatoria e anima a
cidadanía da nosa comarca a asistir á mesma.
 
Para facilitar a asistencia, fretaremos un autobús que inciará o seu percurso na parada do Centro Cultural da Guarda, ás 9 da mañá do día 5. Continuará o seu camiño pola estrada xeral, facendo as paradas habituais de autobuses ao longo dos concellos do Rosal, de Tomiño e de Tui, para despois continuar até Compostela.
 
Podes anotarte chamando ao 986610465, en horario laboral, até o venres 3 de Outubro ás 20:00 da tarde. Non o deixes para o último día! O prezo da viaxe será de 8 euros.
 
Estamos nun momento trascendental, ante un xenocidio de dimensións inauditas, ante o uso da fame negra como arma de guerra, ante o exterminio de liñas familiares enteiras todos os días, coa finalidade de extinguir o pobo palestino.
 
Os gobernos de Occidente son culpábeis tanto por omisión como por acción, e por máis que queiran, con recoñecementos cosméticos da Palestina, taparse diante da crecente solidariedade mostrada polos pobos, observamos como se pregan un tras outro aos planos de limpeza étnica anunciados por Donald Trump.
 
Non llo vamos permitir.
 
Cada día a solidariedade mundial, e tamén galega, medra sen freos. É a nosa obriga histórica dobrarlles o pulso aos nosos gobernantes,porque só mediante a nosa acción xeraremos a suficiente presión para isolar aentidade colonial de Israel, para deter o xenocidio e axudar a Palestina a acadar a súa liberdade. Se recoñecen que estamos ante un xenocidio, a única conclusión lóxica é a ruptura total cos que o cometen e esixir a súa persecución e xulgamento.
 
Non podemos pasar por menos. Vén connosco á manifestación deste domingo!
 
Palestina libre, do río ao mar!
 


 









 NOMES DE TODOS-LOS ESPAÑOLES PARTICIPANTES NA FLOTILLA GLOBAL SOMUND, DETIDOS POLOS TERRORISTAS SIONISTAS ISRAEL- 

SIRIUS
1.Ada Colau Ballano
2.Celia Velez Lucena
3.Don Simon Francisco Vidal Ferrandis
4.Itziar Moreno Martínez
5.Jose Javier Oses Carrasco
6.Juan Bordera Roma
7.Luay Al Bacha Al Farra
8.Manuel García Morales
9.Sofía Bucho Lahuerta
10.Serigne Mbaye Diouf
11.Sandra Garrido Fernández

ALMA
12.Alonso Quintero Boza
13.Francesc Jofra Carrasco
14.Gulcin Bekar Basaran
15.Laia Rosell Sancho

ALMA
12.Alonso Quintero Boza
13.Francesc Jofra Carrasco
14.Gulcin Bekar Basaran
15.Laia Rosell Sancho

ADARA
16.Adrià Plazas Vidal
17.Ana María Alcalde Callejas
18.Ariadna Masmitjà Marin
19.Eduard Lucas Camacho
20.Francisco Rodríguez Martínez
21.Jordi Coronas Martorell
22.María Pilar Castillejo Medina
23.Nestor Prieto Amador
24.Nicole Montserrathe Leon Avilés
25.Reyes Rigo Cervilla
26.Saturnino Mercader Talavera

AURORA
27.Carles Lleó Paulo Noguera
HUGA
28.Lucía Miriam Muñoz Dalda
29.Alejandra Martínez Velasco
30.Alicia Amparo Armesto Núñez

CAPTAIN NIKOS
31.Carlos Barron García

JEANOTT III
32.Ana María Martín López
33.Rafael Borrego Peña

INANA
34.Lluís De Moner Mayans
35.Miguel Zuluaga Uriarte
36.Jesús Manuel Alonso Valera
37.Daniel Masso Roca

ESTRELLA y MANUEL 
38.Sofia Peris Sánchez
39.Goretti Sarasibar Telechea
40.Santiago Oliver Andrés

SEVAGGIA
41.Anna Ruiz Bernardos

METEQUE 
42.Abdel Karim El Khamlichi Mohamed
43.José Luis Ybot González
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario