4 de mayo de 2022

COMUNIDADE DE MONTES DE A GUARDA

 CADA VEZ MAIS PRETO

Hai unhas semanas recibimos por fin a resolución do xuízo de 28 veciñ@s e integrantes desta plataforma contra a Comunidade de Montes da Guarda, dirixida e orquestrada, como tod@s ben sabemos, por Celso Juan R. Fariñas e Manuel Castro Vicente “Lolo”, directos responsables de todas as barbaridades e inxustizas que está acometer esta Comunidade contra a súa veciñanza e o seu monte.
A resolución do Xulgado nº3 de Tui é contundente: @S 28 DEMANDANTES TEMOS DEREITO A SER COMUNEIR@S. Ditaminando ao noso favor en todos e cada un dos puntos tratados e dándonos directamente asi, a nosa condición de comuneir@s de feito.
Aínda que cabe recurso contra esta resolución, e cónstanos que así a farán, os argumentos dados por eles neste xuízo e antes del, son de tal incomprensión e mesquindade que non nos cabe dúbida algunha de que en breves teremos a resolución final ao noso favor.
Sen mais, desde a plataforma queremos mandar 3 mensaxes moi claras ao resto da poboación
guardesa:
1-. Agradecer inmensamente o apoio dado por toda a veciñanza neste proceso durante estes 4 anos
2-. Fomos 28 persoas as que puidemos chegar ata este punto e lograr por fin que se fixera xustiza, pero non é abondo, necesitamos moita máis xente que se incorpore a esta Comunidade de Montes, que agora mesmo está secuestrada por un grupo de persoas que non queren dar conta ao resto de veciñ@s do que se está a facer co noso monte. Así, indiferentemente do teu xénero, idade, condición ou ideoloxía este é o momento de dar un paso adiante e facerte comuneir@, para defender o teu monte, o monte de tod@s.
3-. E por último dirixímonos a tod@s e cada un dos comuneir@s que forman parte da actual Comunidade de Montes, aínda que a maioría nin saiban que son comuneir@s; que saiban que todo isto terá responsabilidades públicas e xurídicas contundentes. A lei é clara, o que se faga nas Comunidades de Montes é de responsabilidade ASEMBLEARIA, máximo órgano de decisión de calquera Comunidade.
É por isto que facemos un chamamento a tod@s os actuais comuneir@s a dar tamén un paso a fronte polo democratización do monte, para acabar de unha vez por todas co caciquismo imperante e conseguir unha verdadeira Comunidade de Montes democrática, xusta e de tod@s.
A Guarda a 3 de maio de 2022
Plataforma Veciñal – Afectadxs pola Comunidade de Montes da Guarda

A LUTA CONTINUA CONTRA OS FASCISTAS DE A GUARDA

No hay comentarios:

Publicar un comentario