14 de abril de 2021

HOMENAXE REPUBLICANOS 2021


Como tódolos anos os republicanos Miñotos lembramos, facemos unha homenaxe a tódolos republicanos mortos por defender a democracia, a cultura, as reformas que necesitaba o Estado no cemiterio de Sestás (Salcidos - A Guarda)

Fan 90 anos, uns en ditadura e nestes intres en una presunta “democracia plena”, coa corrupción da monarquía, con un rei fuxido, e unha neta que rexeita a educación do Estado, una burla, tomadura de pelo para toda cidadanía.

Con una Xustixa e algunhas Institucións que miran para outro lado, Institución que non necesita o Estado que so se representa así mesma.

A vacina para a democracia (non a corrupción en Autonomías, Estado) é República. República é: defender o público, o antifascismo, a luta feminista, o laico, a solidariedade, por un Estado Federal ca defensa dos idiomas mais antigos que o Español….. Seguiremos reclamando dignidade para tódolos republicanos esquecidos, pedimos xustiza… non queremos división da sociedade como fai a estrema dereita.

A dereita española (PSOE) da pena, un partido sen rumbo, que non fai nada para que a República sexa un feito, unha conquista cidadán.

No concello de A Guarda a dereita pesoista e seus comparsas non fan nada para retirar os símbolos fascistas que temos no Concello, incumprimento da Lei da Memoria Histórica.

¿Que fai o Concello para repintar os nomes no monumento?
¿Que fai o Concello para retirar as bandeiras que nada teñen que ver ca República?
¿Que fai o Concello para ter a porta civil aberta o día da República?
¿Que fai o Concello para retirar os símbolos fascistas no Concello?


No hay comentarios:

Publicar un comentario