11 de octubre de 2019

80 ANIVERSARIO DO CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE CAMPOSANCOS 1939/10/10/2019


Un ano mais o sindicato de pensionistas e xubilados de Comisións Obreiras de Vigo, coa  colaboración do concello de A Guarda realizaron un acto reivindicativo para lembrar os mártires da guerra civil española no cemiterio de Sestás e Concello de A Guarda.
Antes de entrar na parte civil (gmorais)
Pasadas as cinco da tarde na fosa común do cemiterio de Sestás onde se atopan enterrados republicanos de Asturias, Castela e León, Euskadi, Cantabria, Cataluña, Valencia e Galicia deu comezo o acto co reparto de caraveis vermellos, con unha asistencia de persoas maiores, a maioría de mais de sesenta anos, moitas bandeiras sindicais e contadas repúblicanas.
Miguel Sobrino esperando ante a fosa común (gmorais)
En primeiro lugar falou o alcalde de A Guarda Antonio Lomba co seu típico discurso demagóxico (Lembramos que a día de hoxe 10/10/2019 non cumpre ca lei da memoria histórica na Guarda). O mais relevante que dixo foi que agradecía a visión das persoas que viron a necesidade de lembrar a fosa común como lugar da memoria e que este sentimento tense que trasladar a xente mais nova. Hoxe é un día de homenaxe a miles de persoas que morreron e foron presas en campos de concentración, que morreron polas súas ideas.
(gmorais)
 Un historico camarada Xesús Alonso Montero (gmorais)
O camarada Ferreiro (gmorais)
Falou a secretaria xeral da Unión Comalcal de Comisións de Vigo Amelia Pérez (Non entendemos como fixeron un acto no instituto de a Sangriña sen publicidade, pódese decir que foi a porta cerrada)
(gmorais)
Falou Carlos Mella, secretario xeral da Federación de Penionistas e Xubilados de comisións de Galicia. Lembrou a maxistral charla no instituto de A Sangriña, polo ex profesor,  Xesús Alonso Montero.
(gmorais)
Falou o sindicalista de Asturias Benxamín Gutierrez, o que pediu que as rúas leven o nome de republicanos como Marcelino Camacho, Lorca, Federica Monsei, Rafael Alberti, pediu compromiso e exemplo como os enterrados nesta fosa, compromiso, solidaridade cos refuxiados, desauciados, lembrou que as políticas de Raxoi están vixentes reforma laboral, lei mordaza, reforma de pensións...etc Pediu que nos próximos comicios se vote con conciencia e unidade para que a dereita non quiten mais dereitos conquistados polos traballadores.
(gmorais)
Por último falou Ramón Sarmiento secretario xeral de Comisións en Galicia, agradeceu as persoas achegadas desde Asturias que teñen familiares enterrados. En liñas xerais dixo que non se perda a memoria, as feridas non están curadas mentres os mortos non esten enterrados nos cemiterios. Dixo que no ano 2005 realizouse o primer acto, e se hoxe o alcalde fose do PP non estaría neste acto. Veñen tempos difíciles e as cousas pintan mal. Un asistente concretamente Xosé Romero Vicente (Un fundador da fosa comun) lembroulle que o concello non ten nada que ver ca fosa común, na Guarda despois de Brasilino Álvarez non tivo alcalde. 
Lembrou que no estado casi tódolos pobos teñen mortos nas súas cunetas e son victimas da barbarie fascista e que para todos nos teñen que ser heroes. 
A dereita inculcou o medo meteu o veneno fascista pero que nos temos que facer a memoria para alimentarnos, senon teremos fame.
 (gmorais)
Unha parexa de asturianos depositaron unha coroa de loureiro e os asistentes deixaron os caraveis vermellos sobre a herba e no pe do monumento.
(gmorais)
Ao remate os asistentes cantaron a internacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario