Asociación
3-Nº21600-Sección 1ª
O abaixo asinante, José Antonio González Morais como
membro de Republicanos Miñotos,con domicilio en Camposancos Couto
nº 19 A Guarda, presenta a seguinte proposta para que sexa
incluída na orde do día do Pleno ordinario e que se debata.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Dende Republicanos Miñotos estamos facendo una labor
pedagóxica dos valores republicanos e
fomento da Lei da Memoria Histórica,
aprobada polo Congreso dos Deputados o 31 de outubro do 2007.
Na Guarda, no cemiterio de Sestás temos a fosa común
inagurada o día 1/08/1985 por Xoán Noia Gil, e durante todo ano está moi descoidada.
Esporadicamente algunhas persoas a limpan, pero
coidamos que non é de recibo o descoido, falta de interese da súa conservación
así como o incumprimento da Lei da Memoria Histórica da Corporación Municipal. Lembrámoslle
que este feito ten sido denunciado en algún medio de comunicación guardés.
DESDE REPUBLICANOS MIÑOTOS SOLICITAMOS:
Que fagan as xestións cos herdeiros de Juan Noya e
Dolores Domínguez.
Que forme parte do Patrimonio Histórico e Cultural
guardés.
Que o Goberno Municipal, e toda oposición acorden e
tomen medidas oportunas para a súa conservación, que seu entorno este limpo e perdure o recordo das
persoas republicanas soterradas e que loitaron pola democracia.
A Guarda a 16 de agosto do ano 2018
No hay comentarios:
Publicar un comentario