21 de agosto de 2012

MORRE O GALEGUISTA AVELINO POUSA

O histórico galeguista nado en San Xoán Antelo de Barcala, presidente da Fundación Castelao, faleceu a pasada madrugada no seu domicilio de Teo. Galego inconformista defensor da nosa lingua, da nosa cultura. Nos seus 98 anos de vida forma parte da historia da nosa terra.

Pasou por varias fases políticas, unha primeira antes da guerra civil, na que participa nas actividades de desenvolvemento do Partido Galeguista, e outra finalizada a ditadura. En 1978, Antelo participa na activación do Partido Galeguista, do que foi segredario e presidente e defensor do Estatuto de Autonomía de Galicia do 36.

Defensor do medio rural, cooperativismo, actividade que desenvolveu durante toda a súa vida, alternando coa docencia e a escritura.

A Barbarie que nos dirixe ao abismo e que non potencia a nosa lingua, a nosa cultura e a mostra de que os principios éticos de Avelino están vivos e que as novas xeracións de galegos poden seguir o caminho da defensa do noso Pais, idioma e república .
Glez Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario