18 de agosto de 2012

ALDRAXE PATRIMONIAL

As imaxes son un reflexo da BARBARIE da banda que presume de ser a mais antiga,a que mellor sabe estar…..etc, a realidade é moi distinta, unha banda que non respecta os castros, e monumentos que son de todos e para os que nos visitan.

Sairán na TVG, na información manipulada, como unha banda ……,xa veremos, escoitaremos o que din.
¿Onde están as autoridades que velan polo Patrimonio Cultural?

Este ano na romaría participou menos xuventude e menos xente de media idade.
Os que non faltaron son os de sempre os defensores da romaría popular.
Os novos ricos so chegan ata o MONTINHO, e cando tenhen o bandullo cheo, tenhen moita presa en coller os coches, sen respectar aos que participan nas bandas.
A Festa ou romaría foi engulida pola xuventude non comprometida polos valores éticos como o respecto, solidaridade, defensa da festa enxebre,….etc.
En conversa con cidadáns nativos que facía mais de 10 anos que non subían a pe ata o cumio do Trega para xantar, e falar………etc, díxenlle que para recuperar o espírito enxebre da única festa laica de Galicia temos que asistir e impornos a destrución da ideoloxía da vulgaridade, tenhen que voltar estar presente as gaitas, pandeiretas, cantos, e bailes tradicionais, todo é posible.
Os cidadáns que defenden a Chusma direilles que non se pode deixar os paus, lixo,…etc, tirados polo chan, tenhen que ser recollidos e xuntalos para o seu reciclado.
Foi unha sorpresa que un cidadán e membro do colectivo republicano de Valladolid se acercara para falar, da chusma que nos dirixe, defensa da república como fin, defensa da patria Galega, …..fixemos unha longa conversa, e ata falamos de Saramago…..etc.
Sabias que un guarda municipal de A Guarda dicía: de que pais é esa bandeira..., e saca unha foto co teléfono móbil, ....(É a cultura de funcionarios metidos a dedo, e apuntará 12 horas extras polo servizo prestado....,si, si, pagarémolas todos)


A Comisión de Festas ten que cobrar por cada coche e moto que sube o Monte, e para baixar en coche terán que facelo por Camposancos.
¿Cando teremos letrinas no Montinho e persoal que as limpe?
¿Os responsables das bandas cando darán contas de ingresos e gastos aos “socios ou participantes”?
¿Porque o aparcamento axeitado polo concello en terreos privados foi gratuíto en vez de cobrar por turismo para beneficio das festas?
¿Cando a Comisión de Festas dará un recibo controlado por cada donativo que faga a cidadanía, empresas etc..?
¿Cando teremos dous desfiles un de bandas e outro cultural de traxes, grupos e bailes galegos?
¿Cando se presentará SANIDADE para facer un control do vinho?¿Como é posible que "POCHOLÍN" faga a xura con menores de idade?
A Barbarie nacionalista non ten escrúpulos e imponhen un insino educativo e unha cultura manipulada.
DAORDE

No hay comentarios:

Publicar un comentario