1 de abril de 2012

UNIFICACIÓN DO ALUMBRADO PÚBLICO NO CODESAL

De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
UNIFICACIÓN DO ALUMEADO PÚBLICO EN CAMPOSANCOS

Fronte a entrada do club de tenis Codesal o Concello ten un equipo de medida de alumeado público, a escasos metros ten outro no lateral da casa de Granada.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Que o Concello faga a unificación do alumeado público na zona do Codesal, ante a empresa suministradora de enerxía, dando unha póliza de baixa.

Que faga os cambios na instalación eléctrica co persoal do Concello.

A Guarda a 02 de abril do ano 2012
Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario