10 de febrero de 2012

DOPAXE


Sobre a sentencia a Contador paréceme xusta. Sobre a mofa dos deportistas espanhois tamén me parece ben, o que me parece mal son as actuacións irresponsables e vista gorda das Federacións,  Secretaria Xeral do Deporte e ministro de turno.
A propaganda  en TV sobre “deporte limpo” é un paripe.
Tódolos deportistas de alto nivel toman “axuda farmacolóxica”,uns mais que outros, e lembro que milagres non existen, un burro non corre mais que un cabalo, se isto pasa é “excelente” temos un campión.
En Espanha se mellorou moito por ter os centros deportivos de alto rendemento, dotados de equipos tecnolóxicos, médicos científicos,  adestradores excelentes, axudas do plan ADO, médicos científicos independentes etc..
Todos deportistas saben que dende a antiga Grecia ata hoxe os deportistas se dopaban e na actualidade xa temos axuda farmacolóxica molecular, e de momento so está para os deportistas privilexiados.
“Moitos” ciclistas que ganharon o Tour de France estaban dopados (Franceses, americanos, italianos, espanhois, suízos, etc...), e todos lembramos cando Delgado ganhou a volta a Francia e querían sancionalo, o produto que tomaba non estaba na lista prohibida, e por decisión política de Navarro...etc, todo quedou en nada.
Outro exemplo é cando unha atleta dixo que para entrar en unha final de 100 m etc..., había que estar medicada, esta afirmación a fixo, cando non pasaba das semifinais, uns anos mais tarde ganhaba medallas.
Outro exemplo recente é vergonhento é Marta Domínguez,  Manual Pascua, etc..., uns foron sancionados pero a rubia do PP que repartía “bolsas de líquido...” quedou impune porque as gravacións de teléfono non valen como proba ante a xustiza.
Se un fai unha pintada nun muro, existen produtos para limpar, pero algunhas veces deixan rastros, entón temos que “chupala .com”.
Aposto polos controis sorpresa en sangre para tódolos deportistas, e teríanse que facer tódolos domingos despois dos partidos de liga de fútbol, etc...,  teríamos moitas sorpresas.
A resposta dos cazados é a de sempre, foi o café portugués, a carne de cocho, o penso do can etc...
A prensa   defende aos deportistas, paréceme ben, realícese un traballo de investigación. ¿Quen controla os centros de alto rendemento? ¿Quen controla as federacións? ¿Operación Puerto no caixón?,¿Que laboratorios producen e como venden os productos dopantes?..etc.
Lexislación desfasada etc, a xustiza en este caso esta paralizada.
A defensa de políticos corruptos, prensa subvencionada, defenden a deportistas que estan baixo sospeita por axuda farmacolóxica e moi chocante.
Veremos a contrarreforma de Ignacio Wert sobre a Lei antidopaxe.
Cada mes morre un deportista de alto nivel con menos de 65 anos.
Para rematar direi que se facemos analíticas aleatorias a cidadanía un 75% estaría dopada. E se a fixéramos a políticos en campanha electoral,etc..., o resultado sería alucinante.
Os deportistas de élite din "que médico tes".

Asd. José Antonio González Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario