11 de febrero de 2012

CAMPO A TRAVÉS EN BAIONA


Katya-Sabela-Maria-Vania-Xulia-Verónica-Nerea

Campionato provincial de campo a través, en Baiona proba clasificatoria para o campionato galego desta especialidade.
O circuíto en xeral podemos calificalo de bo, pero seu disenho e trazado foi caótico, con cambios de dirección de 360 grados, nos viraxes dos futuros atletas galegos se paraban arrancando de cero. O día e temperatura foi excepcional impropio do mes de febreiro.Como sempre o público foron familiares e pais dos futuros atletas.
Na paxina Web da federación galega e na delegación de Vigo non aparecía ningunha información, pero a burocracia anda moi áxil para facer caixa.
Os responsables técnicos da federación tenhen un cero, o venres día 10 chamei vía telefónica  a delegación de Vigo para solicitar información do circuito,distancias e horarios,a información nos chegou o venres día 10, as 20:29 h. 
Sobre os xuíces igual que sempre culpables do retraso das probas, ca inútil toma de nomes dos participantes antes da saída da proba, actúan como no pasado, pouco áxiles.
Se queren tomar nomes que o fagan antes de 15 minutos de cada saída.

Temos unha profunda tristeza xa que o atletismo en Galicia esta en punto morto e non temos calidade para o futuro, o deporte escolar sigue en retroceso.
¿Quen é culpable, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Ensino, o Consello Superior para o Deporte, os concellos que están dirixidos por persoas con un nivel cero en cultura deportiva?
Se os clubs, adestradores non esixtiran o deporte escolar era un auténtico fracaso.

Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario