26 de enero de 2012

SOLTANDO AMARRAS

¿Romería ou barbarie?

Os tres magníficos no salón de Plenos de A Guarda, despois de facer o paripe, a chorada, dicir que estaban moi cansos de organizar as festas do monte Trega, que estamos as portas do centenario, reconheceron que foron incapaces de cambiar o formato,…etc;  pediron aos asistentes que deran a cara  e se pronunciaran.
Lanzou unha proposta para que se mollaran as dúas directivas de comerciantes que son os verdadeiros beneficiarios das festas.
Deu a impresión que moitos servos están perdidos e preguntaron se algúns membros da organización anterior estarían dispostos a formar parte da nova comisión para facer unha mestura de veteráns e novatos.
O míster branqueador preguntou canto se recadaba na pedida, e que xoves, venres e sábados tinhan que actuar grandes orquestas, o demais é recheo.
O míster selos sonhou ser presidente, a hora da verdade colleu un acolloamento monumental.¿Será presidente?, ten todas papeletas.
Saltamontes preguntou pola denominación  festa de Interés Turístico de Galicia, quedou claro que é unha chorrada mais.
Despois de 12 anos sen saber nada das contas o democrático, progresista….etc, dixo a boleo que os festexos están entre 90.000  e 130.000 €.
Que nas terrazas ingresaron 8.000 €, libro 23.000€, rifas 5.000€, pantalla 4.000 €, feirantes 20.000 €, pedida 20.000 €, subvención do concello 20.000 €, ....., estes datos son aproximados.
Chamou á atención de que o pedestrismo costa 3.000 €,  cobran por participar entre 1 e 2 €, antes se facía a mesma proba por 800 €, aproximadamente . Digo isto porque o ex presidente mentiu,  e asegurou que a festa non ten débedas, a realidade é que algunhas asociacións están sen cobrar dende que Elías Rebollar era presidente.
Outros gastos foron 18.000 € en fogos, alumeado 22.000 €, orquestas 48.000 €, Finola 1.500 €, SGAE 2.000 €, non dixo nada dos gastos do libro, desfile, pinchos, proba ciclista etc.
Afirma que pagaban facturas sen IVA. (Todo un exemplo do gobernillo)
O mellor da reunión foi o rin, rin, circulante polo pobo:
A rubia “pisa forte”, de tanto pedir na capanha anterior  reclamou uns zapatos
¿A nova directiva farase cargo?
Os 15 ou 20 posibles merlos brancos que formen a nova organización tenhen intereses particulares.
Sorte, esperamos cambios.

A Guarda a 26/01/2012 
DAORDE

1 comentario:

  1. SI PAGABAN FACTURAS SIN IVA ISO E MOI GRAVE E AS FORZAS POLITICAS CON REPRESENTACION NO CONCELLO DEBEN PEDIR ESAS FACTURAS E DEDUNCIAR A FACENDA PORQUE SINON SON COMPLICES.MANDA NABOS.

    ResponderEliminar