Gabriela Ladrero
Esquerda Unida comezou a realizar foros participativos para toda cidadanía co tema COMPRAR, TIRAR, COMPRAR.
Un film de Cosima Dannoritzer.
Documental sobre a redución da vida deliberada dos produtos, receptores para incrementar o consumo. Son fabricados para durar pouco, o exemplo mais común son as baterías de todo tipo de receptores, máquinas, bombillas, etc.
¿A pesar dos avances tecnolóxicos, os produtos que mercamos duran menos, van en contra da cidadanía?
O acto foi presentado e moderado por Gabriela Ladrero, agradeceu ao concello súa colaboración e facilidades, así como a tódolos asistentes para que presenten súas propostas, alternativas, e que estes actos sirvan para aprender, escoitar, colaborar entre todos para encontrar puntos de encontros comúns a pesar de algunhas diferenzas que temos. Que entre todos sexamos capaces de canalizar estas inquietudes para exixir a quen ten responsabilidades, escoitar, solucionar os problemas que demanda a cidadanía, estamos moi pasivos ante o que sucede que é moi preocupante. Escollemos este documental que nos parece simbólico da realidade actual que incide na nosa economía, e nas nosas vidas como é a obsolescencia programada e consentida polos gobernantes a favor do capital, duns poucos, para Esquerda Unida e moi importante coller conciencia do que esta pasando.
Despois de visualizar a proxección os asistentes fixeron e deron súas opinións sobre o vídeo . Destacamos a proposta de un asistente que dixo que estes vídeos tinhan que formar parte da educación e que nada se fai en este sentido. Actualmente os gobernantes están cortando os canles de información para que a cidadanía non pense.
A cidadanía sentiríase molesta se soubera como é condicións de traballo sofren os chineses fabricando iPhone (Teléfonos táctiles, que non utilizamos o 75% das súas posibilidades). Exemplo: Os traballadores traballan sete días a semana (60 h semanais), falta de medios de seguridade laboral, impago das horas extras, sen roupa de traballo, sen dietas,....etc. Os traballadores caen en depresións, lesións físicas laborais, suicidios que non son contabilizados, infectados por produtos químicos que a súa vez están prohibidos.... etc.
¿Quen paraliza a Foxconn, Monsanto, Apple, etc....? ¿Seremos capaces de cambiar primeiro nos, logo o noso entorno?
Dende Esquerda Unida solicitaremos e proponhemos preguntas palamentarias para que se fagan cambios políticos?
Ao remate os asistentes propuxeron temas a tratar en futuros foros.
A Guarda a 28 de xaneiro 2012
José Ant. Glez Morais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario