SÚAS MAXESTADES REIS MAGOS DE "ORIENTE":
Xa que as Autoridades que gobernan a nosa Vila seguen sen ter a intención de resolver os Graves Problemas de Seguridade Vial que temos da nosa Vila, escribo, aínda que estaréndeis moi ocupados, para que iluminéndeis as Autoridades Locais para que resolvan en este 2012 os problemas.
Iluminalos ben pra que deixen de inventar con palabras bonitas as excusas por as cales non se teñen resolto os problemas, derivando a culpabilidade a outros Organismos, cando representantes políticos, asociacións, mestres e veciños llo piden.
Aquí vos detallo varios problemas que débense resolver:
- Máis SEMÁFOROS en varias rúas principais de bastante tránsito de Persoas e circulación de vehículos.
- Que a Av. de Portugal TEÑA na Zoa de A Sangriña varios Pasos de Peóns elevados, máis iluminación , se poña en funzonamento o Semáforo dobre que está fronte a famosa Estación de Autobuses e a instalación de algún semáforo máis.
Tamén que dita zoa e a Rúa Rosalía de Castro sexan declaradas urxentemente como “ ZOA 30 ” .
- Varias rúas deben ser " ZOA 30 " e ter Pasos de Peóns Elevados (Concepción Arenal, República Dominicana, Paseo do Porto, Rosalía de Castro, Rúa O Rosal entre outras).
- Oxalá este 2012 teñamos a boa noticia que a Carreteira de Circunvalación que rodea o Monte Trega xa teña BEIRARRÚAS de ambos lados.
- Que as PRAZAS VACANTES na Policía Local saian a concurso pra que este Pobo teña os efectivos necesarios que debe ter.
- Darlle CURSOS de formación, educación, humanización e trato a as Persoas a todas/os Efectivos de Policía Local pra beneficio de todos.
- Iluminar ben a os condutores/as dos vehículos de Concello que DEBEN ABROCHARSE O CINTURÓN DE SEGURIDADE, incluídos varios cargos políticos que pensan que non deben abrochalos, logo no valen os lamentos.
- Oxalá este 2012 teñamos unha GRUA MUNICIPAL tan necesaria, aínda que estamos en tempos de crises cando se querer aparecen os lerches.
- Varias intercesións de rúas da vila necesitan ESPELLOS para mellorar a circulación e a seguridade de veciños e condutores.
- ELIMINAR en varias rúas algúns dos moitos pivotes que non son tan necesarios e que han eliminado prazas de aparcamento MOI NECESARIAS.
- Declarar a Praza do Relo como ZOA AZÚL pra beneficio de veciños e persoal do Concello.
As Rúas que cruzan o centro de Vila deben ter:
- ZOAS DE MINUSVALÍA. ( Non teñen ningunha)
- PASOS DE PEATÓNS ELEVADOS, para diminuír a velocidade excesiva de moitas motos, coches, autobuses e camións que cruzan ditas Rúas.
- ZOAS AZÚIS DE CURTO ESPAZO na rúa Galicia moi necesarias.
- Que a ZOA DE CARGA E DESCARGA situada o lado do Colexio San Xerome, e se sitúe máis adiante, xa que está mal situada e entorpece o tráfego.
- Máis ZOAS DE CARGA E DESCARGA.
Tamén se deben resolver outros problemas graves que no son de carácter vial pero moi necesarios para beneficio de Todos.
Igual que o Ano pasado, xa que no se merecen outra cousa, pedimos pra o Sr. Alcalde, o Sr. Concellal de Tráfego e varias/os Concelleiras/os: CARBÓN, só iso, ben merecido e en boa cantidade.
Grazas Reis Magos por iluminalos un pouquiño cando no último Pleno que se celebrou en Novembro se gardou a petición do Sr. Alcalde un Minuto de Silencio en Recordo das Persoas falecidas en Accidentes de Tráfego, pese a que no estaba na orde do día.
Oxalá non só sexa un minuto de silencio o que fagan a nosas autoridades por mellorar a Seguridade Viaria bastante deficiente da nosa Vila.
Por algo se empeza ...
Vos saúda en nome de moita xente que quer o mellor pra este pobo.
Toñito Uris o de Copy Quisqueya.
Grazas por apoiarnos sempre e seguiremos loitando por elo.
ResponderEliminarToñito o de Quisqueya.