ESQUERDA UNIDA OPONSE AO COBRO DAS ESTADÍAS NOS HOSPITAIS
O pobo galego precisa un presidente da Xunta que, en vez de mostrarse aberto a "estudar" una taxa aos pacientes polos gastos non sanitarios derivados da súa estancia no hospital como poden ser as comidas ou as duchas, impulse unha asistencia sanitaria universal, pública e gratuita.
Un hospital non é unha pensión e a hospitalización dun paciente é necesaria para a prestación dunha correcta asistencia sanitaria. As persoas son hospitalizadas porque están enfermas, non para estar de vacacións nin para aforrar o dinheiro da comida e a ducha que gastan na casa.
Estas declaracións, unidas as recentes medidas adoptadas pola Xunta de Galicia como o bloqueo da tarxeta sanitaria ás persoas que leven máis de 12 meses desempregadas, ou a necesidade de levar máis de 6 meses enpadroado en Galicia para ter acceso á asistencia sanitaria, evidencian as verdadeiras intencións antisociais do PP que toma o relevo do PSOE, para desmantelar o pouco que queda do estado do benestar. O pistoletazo de aceleración dérono hai uns meses co reformazo antidemocrático da constitución.
Esquerda Unida chama á mobilización sostida na defensa dunha sanidade pública e gratuita, prestada sen excepcións con medios públicos, para o que é necesario a reforma da lei de saúde aprobada durante o bipartito (PSOE e BNG).
REBÉLATE CONTRA A CHUSMA
No hay comentarios:
Publicar un comentario