9 de diciembre de 2011

DEREITO A ASISTENCIA SANITARIA GRATUITA


De acordo, e ao amparo  do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello , desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:
Exposición de motivos
A Orde da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia do 5 de setembro de 2011 pola que se actualiza o procedemento para o reconhecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes e daquelas que se encontran en situación de desemprego, ven a amosar os desfases institucionais que está a provocar carencias no servizo nacional de saúde que na praxe tradúcense na exclusión temporal de determinados colectivos ao acceso a servizos médicos e farmacolóxicos.
Así, debido a trámites burocráticos os galegos e galegas en situación de desemprego de longa duración ven como se bloquea a súa tarxeta sanitaria e desaparecen as súas prestacións durante o tempo no que o se tramita o expediente correspondente, tendo que abonar os importes establecidos no Decreto 209/2011 do 27 de outubro.
Por outra banda, segundo datos do Defensor do Pobo e do estudo que o Ministerio de Sanidade realizo a instancias do grupo parlamentario de Esquerda Unida no Congreso dos Deputados, entre 90.000 e 180.000 persoas carecen actualmente en Espanha de cobertura sanitaria.
Dende Esquerda Unida entendemos a sanidade como un servizo universal e gratuíto ao que debería ter dereito toda a cidadanía sen excepcións. Esta é unha posición que esperamos compartan todos os membros da Corporación.
Esquerda Unida – Os Verdes presenta para a súa aprobación polo Pleno do Concello a seguinte
MOCIÓN
Primeiro.- EU de A Guarda manifesta a necesidade de reformar a Constitución Espanhola para que de maneira explícita garante a cobertura sanitaria e farmacéutica como un dereito para toda a cidadanía.
 Segundo.- EU de A Guarda di que, mentres non se produza a citada reforma constitucional, insta ao Goberno central e a Administración autonómica a que modifiquen as normas legais necesarias para asegurar que ningún cidadán neste pais quede en ningún momento sen cobertura sanitaria e farmacéutica.
Terceiro.- EU de A Guarda, insta ao Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo a modificar con urxencia o procedemento de funcionamento vixente, para evitar que ningún cidadán quede sen cobertura sanitaria e farmacéutica baixo ningunha circunstancia.

A Guarda a 09 de decembro  2011
Asd. José Antonio González Morais

No hay comentarios:

Publicar un comentario