A convención provincial de ESQUERDA UNIDA acordou hoxe en Vigo presentar como cabeza de lista para as vindeiras eleccións xerais a Rubén Pérez Correa, actual coordinador local en Vigo, membro do Comité Federal do PCE. Licenciado en Historia, traballa actualmente nunha empresa de informática.
As candidaturas ó Congreso e Senado aprobadas supoñen unha renovación do 80% respecto das pasadas eleccións, cunha ampla participación da mocidade.
O acto iniciouse cunha asemblea aberta, na que un 50% dos asistentes eran persoas non afiliadas e na que se debateron as 25 prioridades programáticas que ESQUERDA UNIDA defenderá conxuntamente cos participantes na Convocatoria Social iniciada en todo o estado.
Na súa intervención Rubén destacou que EU aporta a posibilidade ilusionante de poder seguir votando á esquerda; aporta firmeza na construción dunha barreira contra a agresión ó emprego e ós servizos sociais; aporta coherencia entre o que se di e o que se fai; aporta solvencia na alternativa, para combater a resignación.
Chamou a mobilización para unha saída da crisis que se faga tendo en conta ás persoas e non os poderes financieiros, chamados mercados.
Un sentir maioritario da Convención foi a aposta pola Convocatoria Social como método de construción e participación dende abaixo.
Vigo, 24 de setembro de 2011.
No hay comentarios:
Publicar un comentario