O actual Alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa, quere que Manuel Fraga teña unha rúa en Compostela, como xa o intentou o anterior Alcalde de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, no 2006. Naquela ocasión a proposta non foi adiante grazas ás miles de sinaturas consegudias e entregadas no Concello. Desta volta, esperamos conseguir outras miles de firmas para que Manuel Fraga non goce dunha rúa en Compostela. A proposta será levada a pleno este xoves.
Neste enlace estarás enviando unha carta directamente a Conde Roa manifestando a súa repulsa http://actuable.es/peticiones/asina-que-manuel-fraga-non-tena-unha-rua-compostela
Para facer público o teu rexeitamento á proposta do Concello de Compostela fai chegar os teu datos ao MpDC por medio de do seguinte enlace: http://mpdc.blogspot.com/2011/09/cargando.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario