10 de septiembre de 2011

RETIRADA DA CRUZ NO CASTRO - VIGO



A cidadanía de Galicia esixe a retirada da cruz franquista en Vigo.

O símbolo do Castro, inaugurado polo ditador, cumpre 50 anos o 14 de setembro.

A Federación de asociacións vecinhais Eduardo Chao de Vigo (Favec), que agrupa a 36 entidades, apoiará a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 nas súas reivindicacións para esixir a retirada da cruz do Castro. Este acto será o 14 de setembro en Vigo xunto a cruz do Castro, o día en que cumpre 50 anos da súa inauguración por Franco, “para esixir a fin desta lacra que queda na cidade Olivica”, indicou a presidenta de Favec, María Pérez, quen salientou “o gran traballo” levado a cabo pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36.

A entidade que preside Telmo Comesanha reuniu 4.000 sinaturas para pedirlle ao Concello de Vigo a retirada do símbolo da ditadura e solicitoulle ao alcalde, Abel Caballero, unha entrevista ata en catro ocasións. Polo momento, non obtivo resposta. Comesanha congratulouse polo feito de que “o movemento vecinhal de Vigo, que aglutina gran parte da cidadanía, decida mobilizarse para pedir a supresión da ignominia do Castro”. Ademais, explicou que “se ese símbolo leva medio século celebrando a paz da ditadura teriamos que chorar”.

“A ver se este ano é o último aniversario que cumpre a cruz ante este clamor social”, engadiu Comesanha. Segundo afirmou, se “as reticencias” do rexedor vigués proseguen, a entidade que preside “acudirá aos tribunais”.

 ANTE ESTA BARBARIE
 
Concentracion pola retirada da cruz do Monte do Castro (Vigo). Mércores 14 set. ás 20:00

No local social da Federación Vecinhal (Praza da Princesa 7-2º) podedes pasar a recoller a partir desta mesma tarde ou o luns (de 10 a 14 e 16:30 a 20:30h) exemplares impresos do cartaz en tamaño DIN A-3 (fotocopias).É fundamental que entre todas as organizacións fagamos un intenso traballo de difusión desta convocatoria no caminho de garantir a maior asistencia posíbel.

Lembrarvos que ás 11:30h do vindeiro luns está convocada a rolda de prensa de presentación da convocatoria, no local da FAVEC.

Para calquera cuestión podedes ponhervos en contacto coa Federación no 986 44 16 86.

Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario