CIDADE DA CULTURA GALEGA
Algunhas fotos do exterior
Algunhas fotos do interior
COMENTARIO
A Cidade da Cultura Galega en Santiago desenhada por Meter Eisenman está construíndose no monte Gaiás estando composta por auditorios, biblioteca, arquivo, sala de exposicións etc.. Actualmente so están abertas as salas para exposición de mecanografía, sala das maquetas, proxectos da cidade, “Arquivo de Galicia” e “Biblioteca de Galicia”.
O proxecto inicial contemplaba 60.000 m2 (Con un orzamento de 108.000.000 de €), e na realidade din que son preto de 150.000 m2 e que seu orzamento supera os 400.000.000 de €. Nos dixeron que en novembro se inauguran dúas partes novas. Estamos ante o fracaso do capital e nos preguntamos se ¿É normal que se siga derrochando cartos públicos para seguir realizando mais edificacións? ¿O seu futuro cal será? ¿Seu mantemento será viable con 35.000.000 de € anuais? ¿Estará rematada para o ano 2021?
Para chegar a Cidade da Cultura non é fácil xa que está moi mal senhalizado, tendo que dar voltas e voltas, cando chegas a cidade da cultura bordeando o montículo Gaiás a primeira sensación é que estamos ante un monte que non di nada, un lugar morto, desanxelado. A edificación da cidade de lonxe da a impresión que nos acercamos a unhas olas de pedras, chama a atención as diferentes, espectaculares formas onduladas, tonalidades de cores das pedras. Cando buscas a entrada ves que o mantemento non funciona con faloras de alumeado tiradas no chan, xardín sen coidar…etc. Seu acceso é por unha canle que non da ánimo ao visitante, na praza central e un lugar frío onde se nota un vento suave e fodón e contemplas as pronunciadas e espectaculares fachadas con as curvas, desniveis expectaculares de plaquetas de pedra.
O arquivo e biblioteca de Galicia esta cheo de ar, en proporción temos mais mesas de funcionarios que arquivo de Galicia, libros….etc
Votase de menos o museo da arte...., entretenemento para visitantes, bus urbano, etc...
Acercarémonos a Cidade da Cultura en día laboral para conhecer de preto o seu actual funcionamento, pois en fin de semana un queda sen ilusión.
A Guarda a 06/09/2011
Asd. José Antonio González Morais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario