9 de agosto de 2011

LIMPEZA DA PRAIA CODESAL


Foto para: OMIX, na actualidae sigue igual.
Compromiso de calidade turística: dí o "Gobernillo Municipal".
Tamén que saia en EURONEWS TV chanel.



De acordo, e ao amparo do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, Esquerda Unida de A Guarda ante o Concello, desexa someter a consideración do Pleno a seguinte moción:

LIMPEZA DA PRAIA CODESAL

Esquerda Unida de A Guarda considera que o “Gobernillo Municipal”, é caótico que esta baseado na pura demagoxia e propaganda, un goberno retrógrado. Avisámolos no mes de Abril para que tomaran medidas para a limpeza de praias e dotación de servizos, pasaron olimpicamente da proposta para a promoción e coidado do pobo.

O “Gobernillo Municipal”, e seu Presidente non se decatan do mal que fan ca non limpeza das praias e recollida do lixo.

O Goberno presume con medallas do Eden, coidar do medio ambiente etc…. Todo pamplina e a mostra témola ca rúa dende o Codesal ata Armona así como a limpeza das praias.

Dende Esquerda Unida décimos que terían que preocuparse da conservación permanente dos caminhos costeiros, segundo evitar os vertidos ilegais ao río Minho, terceiro eliminar as parcelas en zona marítima creadas polos talibáns de ANABAN, cuarto separación das augas pluviais e saneamento.

Para Esquerda Unida isto non é unha mellora ambiental todo o contrario un ataque a natureza. O “Gobernillo Municipal” parece que só lles interesa o sueldinho co visto bo dos acomodados da oposición.

Dende Esquerda Unida solicitamos:

Protocolo permanente para a limpeza das papeleiras e colectores de lixo na ribeira do Minho e Océano

Protocolo para unha conservación permanente de tódalas praias, estando dotadas de duchas e papeleiras.
Limpeza urxente da praia do Codesal e recollida do lixo.


Foto para:
 OMIX, aspecto actual para a praia Codesal.
Compromiso de calidade turística: dí o "Gobernillo Municipal".
Tamén que saia en EURONEWS TV chanel.


Guarda a 10 de agosto 2011
Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario