18 de agosto de 2011

AGNÓSTICOS E ATEOS


A dereita que nos goberna, xunto ca extrema dereita continúan ca demagoxia, os Presidentes das distintas institucións como: Concellos, Deputacións, Autonomías, e Goberno Xeral xuran os cargos políticos ante crucifixos como se estiveran nas igrexas, participan nas procesións, algúns fan casamentos civiles.....

Estes menten ante o crucifixo, e cidadanía incumprindo o que prometen, xuran….. ¿Será por que Dios non existe?

Estes feitos son unha incongruencia e fan o ridículo ante unha sociedade maioritariamente laica, e poco relixiosa. Actúan como si estivéramos en unha ditadura favorecendo só a secta cristián e din que cumpren as leis cousa que non é certa xa que a policía represiva e dopada carga brutalmente contra os que se manifestan ante a visita papal, 15 M etc, ponhen toda clase de impedimentos para realizar o percorrido, incumprindo a desfasada Constitución Espanhola.

O senhor das tixeiras fixo un acordo secreto ca piara eclesiástica e retirou a lei de culto relixioso para que non fixeran manifestacións na rúa, e aportaron suculentos millóns de € e descontos fiscais, (Para estes non se fan contrarreformas).

Cacarexaba ca alianza das civilizacións, e nos preguntamos ¿Apoiará o PSOE as distintas sectas relixiosas que temos en Espanha?, ¿Cando será efectiva a separación da Igrexa do Estado?

O papa Benedicto XVI non é ningún mensaxeiro e ten demostrado que está lonxe dos dereitos humanos.

Daorde
A Guarda a 18 de agosto 2011

No hay comentarios:

Publicar un comentario