A cidadanía galega posiblemente somos moi críticos e nos autodiamos politicamente, non somos capaces de defender a terra, a cultura, desfacemos as tradicións culturais e deportivas…etc
Esta desfeita é causada pola POLÍTICA e institucións galegas: Consello da Cultura Galega - Real Academia Galega - Asociación de Escritores en Lingua Galega - Mesa pola Normalización Lingüística...........etc.
Dende a Xunta, Deputacións Concellos esquécense de facer nación, e so lles importa estar nas cadeiras, facer plenos e subírense os salarios, dedicacións parciais e ter coche oficial.
Desaparecen xornais editados en galego, algúns subvencionados por inmobiliarias e por empresas lavadoras de cartos negros, como estamos en crise estes retiraron as subvencións igual que a Xunta e todo vai de cu.
Imponhennos un galego inventado, desconhecido pola cidadanía, que gracias a esta conservamos o galego e non pola anterior e actual burguesía elitista, que a maioría tenhen dúas caras xa que seus fillos falan un castelán que te cagas.
Cando Fraga agonizaba politicamente entrou a nova burguesía conservadora PSOE e BNG (Tourinho e Quintana), nada fixeron en catro anos, daban por feito que seguirían facendo demagoxia, clientelismo,.....etc; e son os culpables de que a extrema dereita goberne a nosa Nación.
Non foron capaces de reformar un novo estatuto Galego por incapacidade política.
A cultura e deporte de base goberne quen goberne por Lei tinhan que ter subvencións. Non é lóxico que para a formula 1, regatas de veleros, visitas do papa, 2500 millóns de € que debe o fútbol para estes aparecen os cartos, ¿Será porque ZP e ministro de deportes?. Eliminando as subvencións eliminan a participación ciudadana emprendedora.
Caminhamos por rueiros tortuosos e temos que loitar por un banco europeo, un banco público en Espanha, pola socialización dos salarios, pola continuidade dunha sanidade e educación gratuíta.
Feijó, xa aplica as contrarreformas de ZP, quedarán como os políticos antiobreiros polos recorte de soldos e dereitos dos traballadores da historia de Espanha e Galicia, xa son, os senhores das tixeiras.
A Guarda a 13 de Xullo 2011
Asd. José Antonio González Morais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario