Xesús Alonso, Luis Ferreiro e Roi Cagiao
Dende Esquerda Unida do do Baixo Minho queremos dar as gracias a tódolos asisten tes e a concellaría de cultura do concello de A Guarda pola colaboración ao acto da proxección do docuenetal O meu nome é Luís Ferreiro.
No acto intervinheron Roi Cagiao, Xesús Alonso Montero e Luís González.
CRÓNICA RESUMIDA DO ACTO:
Roi Cagiao e Fernando Llor son os guionistas e directores do documental, Roi agradece a os asistentes a súa presenza e Concello pola súa colaboración. Roi di que este documental e contrario a clase dominante e que intenta silenciar e impornos a súa forma de pensar, impornos os seus intereses. É un traballo que recolle a luta, a ideoloxía, as estratexias organizativas dos traballadores na luta contra contra a barbarie e ditadura franquista na nosa terra. Eu con militante, activista me marabillaron as historias dos companheirosque estiveron no período da clandestinidade, tendo un contido histórico, con unhas posibilidades cinematográficas, contidos dramáticos...etc. e atopar fai dez anos a figura de Luís foi o detonante para realizar este traballo por ser un candidato ideal polos seus múltiples características que se recollen nesta obra. En relación a produción tenho que dicir que foi feita en Galicia e Francia que nos levou dos anos en realizar este proxecto, tivemos a colabora da Fundación 10 de marzo, e Foro pola memoria de Galicia, estamos orgullosos porque é unha homenaxe a toda unha xeneración de galegos e por outra a contribución de elevar a conciencia da cidadanía a pensar.
Xesús Alonso Montero con 82 anos e medio unha semana e 3 días (Catedrático de lingua da Universidade de Santiago, membro da Real Academia Galega, filólogo, autor, tradutor, conferenciante) di que é unha lástima que esta sala non este chea quizais sexa pola falta de información, e por persoas son proclives a vires a estes tipo de actos, recibín un aviso disuasorio e estes están cometendo uns erros moi graves, e así nos vai, moitos que se consideran de esquerdas e non o son, a veces temos diferenzas, matices diferentes por iso temos diferentes formacións políticas pero persoas militantes, simpatizantes de esquerdas hai moi poucas. Este é un problema da esquerda está dividida polo entendemento, conciencia critica, a dereita este problema non o tenhen porque as dereitas non están desunidas polas ideas están unidas polos intereses a nos non nos unen os intereses polo tanto pagamos un prezo diferente, este acto foi BOICOTEADO por unha persoa que presume ser de esquerdas é un FEITO totalmente INTOLERABLE , as discrepancias políticas tenhen que quedar ao marxe e este acto é unha homenaxe a Luís Ferreiro un dos maiores personaxes do século 20.
Roi e Fernando quedaron fascinados pola humanidade de Luís realizando unha especie de historia do antifranquismo que tamén é unha parte da historia do Partido Comunista de Galicia protagonizada por Luís, Camilo, Seoane, Galloso.......
Pásmense pero isto ocurriu fai uns anos na comunidade autónoma de Andalucía cando Chaves e demais otórganlle a máxima condecoración honorífica a un cidadán andaluz. Pensei que sería para un cidadán que podía haber sido zapateiro, canteiro,... que co seu esforzo xuntaba uns poucos de cartos e cando podía os entregaba a companheiros que estaban na cárcere ala polo ano 1945 , onde él tamén estivera preso que eran vítimas dunha sociedade inxusta unha persoa con estas características debería ter esa condecoración. A realidade foi que a condecoración foi para a duquesa de Alba unha persoa que non é nada, ¿Que aportou as terras Andaluzas?, ten riqueza sae nas revistas, TV, pero isto non fai grande a unha persoa, ten riqueza porque seus ancestros no século 14/15 quedáronse cas terras dos labregos converténdose en senhores feudais, fixeron castelos, é unha ladra anacrónica se algún día temos unha revolución estas terras tenhen que ser expropiadas e devoltas aos labregos.
O exemplo a seguir para as novas xeracións sería ese campesinho, que pasaba fame, tinha uns poucos de cartos e os deu para os presos comúns e políticos da prisión de Jaen onde estivo Luis nos anos 69/70, e non a duquesa de Alba.
Estamos en unha sociedade onde non se premia a Luís Ferreiro que é patrimonio da humanidade, lémbrolle que Luís foi torturado en Corunha durante 72 horas seguidas por defender salarios dignos, organizarse en sindicatos, lutar para unha mellora na calidade de vida. É certo que temos certa liberdade de expresión, de momento temos un estado de benestar, isto non caeu do ceo isto foi conseguido por estes loitadores da liberade e temos que estar agradecidos, persoas como Luís Ferreiro.
A dereita intenta impornos o pensamento único non quere que falemos de Luís, quere que falemos de Belén Estebán, a duquesa de Alba,... deste xeito non pasa nada e frotanse as mans. Se os de esquerdas somos esixentes coa calidade de vida e cos dereitos para a cidadanía, para os traballadores a dereita está descontenta.
As xentes somos ruíns e a media do ser humano é mala ¿A condición humana é mala?, oímos tódolos días que a xente rouba, minte etc...., os ciudadanos de esquerdas non aceptamos isto porque é un erro, o que é malo e a condición histórica, é mala porque vivimos en sociedades inxustas onde temos desigualdades, gobernadas por criterios supersticiosos, por unha sociedade clerical que é o peor que se pode pensar....etc,
O comunismo é a cousa mais grande que fixo o ser humano o comunismo como música moral, concepción espiritual, o fundamental é a comunidade o home común, isto é o comunismo algún día o ser humano vivira para a comunidade de iguais, de xente xusta, de oportunidades e a condición histórica comezará a ser xusta.
O mérito de Luís é ser solidario, bondadoso, un home galego do século 20, por iso non ten a medalla Castelao, os expresidentes e presidente de Galicia non se lembraron da humanidade Luís, éstes personaxes creen que a duquesa de Alba e unha persoa relevante ¿En qué mans estamos? ¿En que mans están as nosas vidas?, ¿En que mans esta o noso traballo?
Luís Ferreiro agradece as verbas de Xesús e Roi e a tódolos presentes pola súa asistencia. Lembrouse das familias que sufriron este cautiverio e principalmente a familia Noia que tantas cousas compartiron, isto é unha homenaxe aos que fixeron a luta contra o franquismo que este traballo sexa de utilidade e animar a xuventude a agruparse a esta luta que temos que continuar reforzando as ideas polas que loitamos durante tanto tempo despídese desexando saúde e república.
Dende Esquerda Unida do Baixo Minho o noso rexeitamento político ao felón e intolerable membro de Converxencia Galega que fixo boicot a este acto cultural e político da Memoria Republicana e do Partido Comunista de Galicia, non temos nada persoal contra el, nin contra as persoas deste partido político pero que se coiden e tenhan coidado con este maquiavélico personaxe.
A Guarda a 04 Xunho 2011
Asd. José Antonio González Morais.
COMENTARIOS:
Amigo Morais, gracias a túa xestión puidemos ver un documental que tendo a colaboración do Mestre Xesús Alonso Montero sabíamos que era unha ocasión que non se podía perder, e a asistencia da xente que estivo no acto así o demostrou saíndo satisfeita , algúns intrigados por o comentario do Mestre Alonso Montero.
Aínda que non cheguei ao comezo da presentación, si máis ou menos aos últimos dez minutos da charla de D. Alonso Montero, e me perdín as verbas hacia a persoa que intentou boicotear o acto, eu sabía que o había intentado, xa que cando me invítaste e déixaste o cartel mo coméntaste pois o que ti e eu falamos como amigos queda entre nos, porque contigo se pode falar , debater , bromear e ante todo sabes respectar para que te respectemos.
Cando Luís Ferreiro se emocionou e se entristeceu ao recordar a familia NOYA, acordeime que a persoa a quen nos referimos sempre foi ben recibida en Venezuela, en Vigo e A Guarda pola familia Noya, pero parece que cos anos a súa memoria vai perdendo capacidade de recordar, polo que lle aconsello que vaia ao médico ou a algún especialista titulado por si acaso sigue perdendo máis memoria, pois aínda non e tan vello ...
Amigo Morais foste un dos moitos que lle dixerte sempre as verdades que nunca lle gustan que lle digan, ti que segues sendo de Esquerda Unida, e haber conseguido que se fixera este acto sacártelle protagonismo e demostra que a tu palabra e traballo se respecta e valora por moita xente que te coñece.
A o meu pesar creo que perdeu o norte, o sur, o este e o oeste ... , e veremos como acaba e onde acaba ... O tempo pon as persoas no seu sitio ...
A humildade , o ser traballador, honrado, o non ser envidioso , o saber recoñecer cando se está equivado , o dar a razón a quen a ten , o pedir perdón cando o hai que pedir , respectar para que te respecten , son valores que amigo Morais os que te coñecemos sabemos que “ SI “ os tes, mentres que dita persoa como moitos sabemos onde vai que os perdeu ... e dubido moito que os recupere.
Gracias unha vez máis, teu amigo Toñito Uris.

Morais dende Iniciativa Veciñal por Galicia queremos darte todo o noso apoio , nos parece que o que non se pode mesturar e política con outras cousas como o fai algún, o acto era un homenaxe a Luís Ferreiro e outras persoas que arriscaron súas vidas para que nos tiveramos una vida mellor que puideramos expresar a nosa opinión sen ter medo ao que nos pasara . Por iso cremos que o persoeiro que quixo boicotear o acto recibiu un boa mensaxe de quen menos o esperaba de D. Xesús Alonso Montero . Coñecendo o subsodicho creo que lle doeu iso mais que cal quer outra cousa que nos dixéramos del. Recibe as nosas felicitacións pola proxección do documental que estibo moi interesante . Un saúdo Isabel Lidia González Alonso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario