5 de junio de 2011

VALORACIÓN DE EU - COMICIOS MUNICIPAIS 2011


ESQUERDA UNIDA VALOROU POSITIVAMENTE OS RESULTADOS DAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS ONDE SE EXPERIMENTOU UN IMPORTANTE CRECEMENTO EN VOTOS

 

NA XUNTANZA DO MÁXIMO ORGANO DE DECISIÓN DE ESQUERDA UNIDA, O CONSELLO POLÍTICO NACIONAL (CPN) CONSTATOUSE O ALTO GRADO DE COHESIÓN INTERNA DA ORGANIZACIÓN

 

O CPN RATIFICOU A DEFENSA DA DEMOCRACIA PARTICIPATIVA AO TEMPO QUE ESIXIU AOS PODERES PÚBLICOS A REFORMA DA LEI ELECTORAL QUE CONSIDERA INXUSTA E ANTIDEMOCRÁTICA

Esquerda Unida, que presentou 24 candidaturas en Galicia, obtivo resultados alentadores porque reflectiron unha suba na meirande parte das localidades onde se presentou candidaturas. Salientar a entrada na Corunha e as alzas en Compostela, Vigo e Gondomar que quedaron ás portas de entra no concello.

Na xuntanza do máximo órgano de decisión de esquerda unida, o consello político nacional (CPN) constatouse o alto grado de cohesión interna da organización e valorou positivamente os resultados das eleccións municipais onde se experimentou un importante crecemento en votos. Así o documento político aprobouse con todos os votos a favor, agás unha abstención.
Lembramos que a lei electoral ten xogado contra as arelas de cambio que expresaron as cidadás e cidadáns que votaron EU. A súa reforma semella unha demanda inaprazable. O seu cambio tería producido a nosa entrada en prazas relevantes coma Compostela e Vigo. Xa que logo o CPN ratificou a defensa da democracia participativa ao tempo que esixiu aos poderes públicos a reforma da lei electoral que considera inxusta e antidemocrática.
Esquerda Unida atópase agora en mellores condicións para profundar no achegamento social que supón o proceso de Refundación da Esquerda en Galicia. Proceso que adquire importancia vital diante do fondo malestar social como amosa o movemento do 15 M, movemento da indignación que coas acampadas en Sol ou no Obradoiro, que están a demandar exixencias históricas de EU.
Esquerda Unida fará valer os votos acadados para defender un programa de acción pública e social nos concellos congruente co noso programa alternativo de transformación social e en concordancia coas decisións tomadas a nivel federal o CPN ratificou por unanimidade o compromiso de EU de impedir, na medida das posibilidades, que goberne o Partido Popular e aqueles que apliquen políticas de dereita

A Guarda a 05/06/2011


No hay comentarios:

Publicar un comentario