11 de junio de 2011

MANIPULACIÓN DA ACADEMIA DA HISTÓRIA

O Dicionario Bibliográfico Espanhol da Real Academia da Historia (RAH), recibiu 6,5 millón de euros.
¿Moitos din que o réxime de Franco foi autoritario pero non totalitario, o goberno do socialista Negrín din que foi "ditatorial", estas afirmacións suponhen unha manipulación e negación da la historia de Espanha?
A RAH, está anclada no século 18, estando ao servizo dos bribóns e da chusma que temos no Congreso que a día de hoxe non asumiron os cambios chamados “democráticos”, “históricos” producidos en Espanha.
Podemos dicir que non representan a cidadanía representan o pasado, representan a inquisición, e para nos Franco de cristián non tinha nada, foi un títere do clero.
¿Como se pode negar a represión durante e despois a guerra civil, e hoxe en día non queren que se fale da recuperación da memoria republicana?.
A documentación histórica de tódolos presidentes do Estado ou do Goberno deberían de estar nun arquivo público, e non en chiringuitos particulares. Tamén tería que facerse a historia dos presidentes das autonomías quedando a disposición de toda a cidadanía.
A historia tense que facer con rigor, non con disparates históricos, non pode ser escrita por historiadores defensores de Franco, da duquesa de Alba....., hoxe temos internet e podemos dicir que un pode estar suficiente informado. Co aumento da estrema dereita, éstes porannos límites para poder expresarnos, e faran todo o posible para desinformarnos. Exemplo elininar os informativos CNN, potenciar a TV chamada basura, Lei Sinde, debates políticos a unha da manhan, crear polémicas absurdas para que non se fale dos imputados Valencianos, chamar delincuentes aos manifestantes pacíficos das prazas espanholas ....
Recibir 6,5 millón de euros para facer unha obra intolerable non é de recibo, terían que devolver os cartos para crear emprego.
A Guarda a 11 de xunho 2011
Asd. José Antonio González Morais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario