Fronte ás mobilizacións que nada tenhen que ver coas necesidades da clase traballadora, os traballadores tenhen que loitar contra as contrarreformas antiobreiras deste fracaso do capital, sendo esta crise a causa da superprodución capitalista, a barbarie autonomista, a barbarie urbanística, barbarie futbolística......
A realidade é que non queren facer a luta contra o paro e nos: PROPOMOS
Xornada semanal de 30 horas, sen redución salarial.
Xubilación voluntaria aos 55 anos co 100% do salario, e non aos 67 anos como xa acordaron os FELÓNS sindicalistas (Méndez e Toxo), subvencionados polo réxime parlamentario, burgués e capitalista.
Deixemos os nosos postos de traballo para a xuventude que esta moi preparada para que coticen e creen riqueza e non sexa unha xeneración perdida.
Coa política errática do PSOE e chiringuitos autonómicos, os sindicatos subvencionados e dos falsos partidos de esquerda, xunto ca EUROPA do CAPITAL, estase prolongando a xornada de traballo a 9,10,11 horas diarias con ritmos e tarefas, por salarios de 600 a 1.000 euros, con pagas extras e vacacións incluídas, e moitos tenhen que ser autónomos sen dereito a vacacións, cando o salario mínimo tería que ser de 1.500 euros mensuais por unha xornada de 30 horas semanais.
Se destruíron uns 4 millóns de postos de traballo, e coa entrada do PP no Goberno esta cantidade aumentará, teremos mais prolongación da xornada a de 9 a 12 horas diarias sen pagar horas extras, mais presión empresarial os ritmos e as tarefas iran en contra nosa polo tanto mais risco laboral, xubílase a 67 anos con un 20% menos pensión, ¿Onde van saír, como se van crear eses 5 millóns de postos de traballo? Creo que de ningún modo, xa que se está obrigando a 1 traballador a que faga o traballo de 2.
Coa implantación das novas tecnoloxías o traballo é mais levadeiro e pódese reducir as xornadas laborais, ¿Cando as máquinas terán impostos? Pénsese no uso das toupeiras mecánicas abrindo túneles do AVE, das pas mecánicas abrindo, pechando buratos nas rúas, a informática en oficinhas, internet, robots etc., que reducen ata un 80%, a man de obra, salarios que se aforran os empresario. Este desemprego só se pode combater e mitigar coa redución xeral da xornada de traballo a 30 horas semanais, sen redución dos salarios.
Dada a carestía de vida as pensións mínimas e salario mínimo tinhan que ser de 1000 €.
A patronal declarou a guerra aos traballadores enfermos, se faltas ao traballo por enfermidade xustificada serás sancionado como ABSENTISMO polos caníbales capitalistas. As Mutuas e o INSALUD son os mercenarios a soldo da patronal autorizada polo Goberno de turno.
Todo o mundo sabe que lles pagan a eses falsos médicos por dar de alta aos traballadores enfermos, por non facer as probas de análises, radiografías, resonancias, operacións hospitalarias. Non ten sentido seguir inchando a burbulla dos 27 millóns de vivendas xa existentes. Bancos e Caixas expropiaron dende 2007, unhas 600.000 vivendas de particulares e de inmobiliarias que foron a ruína e dentro de pouco teremos 15.000 desahucios un feito intolerable do fracaso do capital. O Estado debería expropialas, aos especuladores dos bancos e caixas, entregándollas aos desafiuzados máis necesitados como vivenda de protección estatal.
Os que están acampados nas prazas piden Democracia Real, e os nosos deputados no Congreso e Autonomías seguen pondo en práctica DITADURA DO CAPITAL e DITADURA CIUDADANA contra o TRABALLO ASALARIADO, independentemente de quen goberne a barbarie capitalista.
¿Cando veremos un Goberno que tome as medidas necesarias para que aflore o dinheiro negro e sanee as infinidades de cloacas que temos es Espanha?, ¿Cando estaremos sen paraísos fiscais? ¿Cando se eliminaran os contratos por dúas horas e na realidade fan 9 ou 10?
As contrarreformas impulsadas polo Goberno so buscan acoquinar aos traballadores, só reclamamos a liberdade de organización, ter dereito a folga, xa que a única defensa que nos queda xa que as Leis témolas en contra nosa. Somos conscientes é realistas que esas liberdades debemos conquistalas todos os días de cada ano, porque a barbarie do capital non nos regala nada.
¿Por qué o Goberno de turno permite que a burguesía leve os cartos a paraísos fiscais?, aquí non mete man fanse os cegos e logo os prepotentes reúnense cos grandes especuladores da banca e presumen de defender ao traballador como din na nosa terra manda carallo.
¿O señor dos hilillos cando sexa presidente eliminaran as subvencións dos sindicatos? ¿Teremos ditadura do capital?
Dixemos que a estrema dereita esta levantando a testa e moitos non o ven ou non o queren ver pero o futuro ollámolo de cor escuro, quixera equivocarme os novos días viran moi fudidos.
DAORDE
No hay comentarios:
Publicar un comentario