1 de mayo de 2011

A NOVA LEI DE MONTES PERXUDICA AOS VECINHOS

O proxecto da Lei de Montes de Galicia prexudica ao monte vecinhal en man común.

O pasado marzo de 2011, a Consellería de Medio Ambiente fixo chegar un borrador da Lei de Montes de Galicia, formado por representantes da Xunta e das entidades “amigas”, e que xestionaría, entre outros, os montes vecinhais consorciados e con convenios. Este ente estaría financiado con fondos públicos e coa contribución obrigatoria dos montes vecinhais, como taxas pola xestión ou porcentaxes de ingresos (talas de madeira, rendas por alugueres, expropiacións...). A creación de tal organismo significaba na práctica a apropiación, control da da xestión dos montes vecinhais, polo que a ORGACCMM (Organización Galega de Comunidades de Montes Vecinhais en Man Común), preparou unha campanha de denuncia pública, acusando á Xunta de atacar a autonomía das comunidades de montes. Vistas as cousas, a Consellería deu marcha atrás e retirou tal organismo do seu borrador da Lei.
A burguesía Galega considera ós montes vecinhais como privados, negarlle as exencións fiscais que reconhece ós montes particulares. Pretende apropiarse da xestión dos montes vecinhais consorciados e con convenios, usurpando o poder de decisión das comunidades de montes.
O proxecto de lei soamente potencia de xeito parcial o uso forestal dos montes vecinhais, ignorando outros usos tradicionaiscomo: o gandeiro, mel, cogomelos etc. Non reconhece os recursos endóxenos do monte como: canteiras, enerxía eólica..., desprezando sectores importantes para o desenvolvemento rural. Cando establece que se debe fomentar a cadea monte industria, refírese soamente á industria relacionada coa madeira, ignorando a importancia da cadea existente de industria de monte, industrias de agro , industria alimentarias, etc.
A Conselleria de Medio Ambiente tenta resolver, mediante a reforma legal oportuna, a súa incompetencia e os seus incumprimentos da Lei de Montes Vecinhais. O proxecto de lei de montes derroga o artigo 25 da Lei de Montes Vecinhais, que establece as obrigas e tutelas da Xunta de Galicia sobre estes montes, velar cuidar pola súa integridade, elaborar planos de traballos forestais, asesorar ás comunidades de montes etc. Mesmo libera á Administración Galega da obriga de realizar os deslindes, condenando ás comunidades de montes a un futuro de preitos por dereitos de propiedade.
Ademais, o proxecto de lei exime á Consellería de Medio Ambiente da súa responsabilidade na luta contra as pragas no monte e contra os lumes forestais, obrigando aos donos das terras a facer estes traballos baixo as súas instruccións, ameazando cun expediente sancionador se non cumpren coas tarefas ordenadas.
As funcións social e ecolóxica dos montes vecinhais que se ven afectados polas pragas e polos lumes forestais, benefician a toda a sociedade no seu conxunto. Xa que logo, o Estado debe ter a responsabilidade nesta luta e encabezala. E a colaboración cos propietarios non debe ter a forma de subvención ou axuda, senón como investimento público, como ocorre coas dotacións de servizos e infraestruturas públicas.
A política negativa contra o monte comunal do Partido Popular acada tal intensidade, que a aprobación deste proxecto de lei impedirá a devolución ós seus lexítimos propietarios de máis de 400.000 has., de monte vecinhal que aínda están sen clasificar.
Nesta política nociva contra o monte vecinhal hai un personaxe que ten salientado en todos estes anos pola súa filosofía contra as comunidades de montes: o Director Xeral de Montes, Tomás Fernández Couto, que con varios conselleiros ten encabezado esta filosofía de acoso e derribo ás terras comunais. Cando por lei o seu cargo ten encomendado o traballo de defender o monte vecinhal, este personaxe ten protagonizado os máis furibundos ataques contra estas propiedades en diversos foros e por variados métodos. Considera ó monte comunal como privado soamente cando lle convén, para de seguido facelo branco dunha política intervencionista que non se atrevería cos montes particulares. Moi singular o seu xeito de entender a propiedade privada e as funcións dos montes vecinhais.
Na presentación do borrador da Lei de Montes de Galicia, o Director Xeral de Montes reiterou ata a fartura que era vivo interese da Consellería de Medio Ambiente o chegar a un texto consensuado coas entidades do sector para acadar o máximo acordo. Pero a realidade foi que era leria barata ou caca de vaca. A filosofía do novo borrador non mudou unha miga e as linhas mestras seguen sendo as mesmas. A Organización Galega presentou 55 alegacións á lei, pero a Consellería soamente aceptou 1 e parte de 4. ¿Onde está o consenso pregoado polo Director Xeral de Montes? ¿A ditadura é pasar polo aro, calar, tragar con rodas de muínho?
Puidera pensarse que o criterio da ORGACCMM é moi particular e a Xunta tivo interese en consensuar coas outras entidades do sector. Pero non, a Consellería aceptou moi poucas alegacións: as 13 entidades relacionadas co monte presentaron un total de 267 alegacións, das que a Xunta aceptou 27 e parcialmente 5 máis.
O borrador da Lei de Montes de Galicia que elaborou a Consellería de Medio Ambiente supón na práctica a desaparición a medio prazo da figura do monte vecinhal en man común ó quedar ferido de morte e sen posibilidade de desenvolver os seus recursos e servizos. Das 13 entidades relacionadas co monte que presentaron propostas, catro delas (un 30%, Comisións Obreiras, Sindicato Labrego Galego, Unión de Tecores de Galicia e a ORGACCMM) presentaron alegacións para que se definise correctamente o monte vecinhal en man común como unha propiedade singular, nin pública nin particular, cunhas funcións importantes, e para que na lei se diferenciaran os conceptos monte e forestal porque non son sinónimos. A Xunta de Galicia fixo caso omiso destas alegacións presentadas por catro entidades distintas, representativas do sector.
Ante este novo intento de eliminar a figura do monte vecinhal como unha propiedade de carácter e de titularidade vecinhal, vemos redobrada a intención de entregar estas terras a intereses privados e especulativos. As comunidades de montes, de novo encabezadas pola ORGACCMM, preparan unha dura batalla para a defensa das súas propiedades. De novo están dispostas a encararse cos inimigos do monte comunal, encabezados pola Dirección Xeral de Montes e sectores do Partido Popular na defensa do monte vecinhal en man común como terras de gran interese social e ecolóxico, e propiedades inembargables dos vecinhos dos lugares e parroquias de Galicia. As comunidades de montes non están dispostas a que lles rouben mediante unha lei as propiedades de tódolos vecinhos.
Con esta nova lei, a Xunta de Galicia escápase de facer os deslindes dos montes vecinhais, que levan esperando máis de vinte anos.
A Consellería non aceptou a maioría das alegacións que presentaron as entidades relacionadas co monte, pero di que a lei foi consensuada.
O Partido Popular pretende evitar que se clasifiquen as 400.000 has. de monte vecinhal que aínda non se reconheceron, furtando os dereitos dos vecinhos ás súas terras.
¿Que pasará cos empleados que tenhen contratados as comunidades de montes?
¿Que pasará co monte privatizado temporalmente? ¿Que pasará ca maquinaria?
¿Que pasará cos alugueres?....etc
A realidade é que os sectores capitalistas seguen tentando acapararse ca xestión dos montes vecinhais.
As razóns poden ser: Falta de control e inversión reais dos cartos. Seguir paso a paso ca instauración da ditadura democrática do PP. PSOE e Nacionalistas. Falta de claridade e transparencia. Os gardas forestais é outra lacra social, os responsables dos monte tenhen que ser os presidentes e vecinhos das comunidades de montes. A vixiancia sería suficiente cos organismos oficiais da Serprona, Exercito, Policía, e Policía Autonómica.
Exemplos: ¿Cómo algunhas comunidades de montes pagan os gastos xudiciais de particulares?, ¿Cómo desaparecen 144.242.91 € e ninguén diga nada? ¿ Cal é a razón que os presidentes de montes sigan tantos anos nas comunidades e os mandatos non sexan limitadas a dous anos?, ¿Porque non envían por escrito aos comuneiros os ingresos, gastos e xestión anual realizada?.

A Guarda a 1 de maio 2011
DAORDE


No hay comentarios:

Publicar un comentario